martes, 7 de xuño de 2011
18 anos sen un mito do baloncesto
Fai hoxe 18 anos deixaba a súa vida na carretera Drazen Petrovic, un auténtico mito do baloncesto europeo e mundial.
Sempre tiven especial predilección polo baloncesto e Drazen foi un dos culpables que lles dera a "chapa" a meus pais ata que me compraron unha canasta. De feito moitos nenos da miña xeración tiñan aros colgados nalgunha parte posterior das súas casas porque todos queriamos ser coma él.
Comecei a saber de Petrovic cando aquela fantástica Cibona de Zagreb que era unha auténtica apisonadora comezou a mandar con autoridade en Europa na década dos 80.
Ver xogar a Drazen era un auténtico espectáculo, tanto polo manexo do balón, como a maneira de defender, como polo gran acerto anotador, a personalidade..., un tío diferente, xenial.
Logo de gañar todo coa Cibona incluindo 2 copas de Europa e 1 Recopa fichou polo Real Madrid en 1988. Ese mesmo ano gaña a Copa do Rei e a Recopa onde logra na final a frioleira de 62. Nese Real Madrid tamén xogaba o malogrado Fernando Martín (que tamén faleceu en accidente de coche en 1989). Ver a parella que facían os dous xogadores na pista era un auténtico espectáculo..., Martín (o primeiro xogador español que estivo na NBA cando a NBA era de verdade non como agora) debaixo dos aros e Drazen dirixindo o equipo desde o perímetro.
Logo de un gran en Madrid Petrovic ficha polos Portland Trail Blazers da NBA, curiosamente o equipo americano onde Fernando Martín tamén militara. As cousas en Portland non lle foron ben a Drazen polo que colleu rumbo ós New Jersey Nets onde sí que puido amosar a súa valía.
O 7 de xuño de 1993 faleceu con 29 anos nunha autopista de Alemaña nun accidente de circulación onde quen conducía era a súa moza, sen lugar a dúbidas que foi unha perda irreparable para o mundo do baloncesto.
Deixovos unha recopilación que alguén fixo fai xusto hoxe 1 ano para recordar ó gran Drazen, ídolo de toda unha xeración e referente para os amantes do baloncesto.
Desde que él desapareceu non volvín a ver outro xogador igual.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Pétrovic, Biriukov, Rogers, Martín, Romay. ¡Qué cinco! Y a las primeras de cambio los Celtics de Robert Parish, Kevin Mchale y Larry Bird. ¡Qué tiempos!
Publicar un comentario