venres, 3 de xuño de 2011

Di Elas "Volver"



Comezáronse chamando "The Ellas" aló polo 2008 e logo traduxérono ó galego tomando finalmente o nome "Di Elas". O porqué do nome é debido a que nos seus principios, nutrían os seus directos de versións de temas interpretados fundamentalmente por voces femininas ou ben por grupos os cales a súa voz cantante pertencía a unha muller.
Di Elas defínese coma unha banda productora de "power-rock" e foi no 2010 cando quixeron facer un proxecto máis serio polo que comezaron a compoñer temas propios que desembocaron nun primeiro disco títulado igual ca o nome da formación.

Di Elas compóñeno Piti Sanz, Ro Muñoz, Iván Laxe, Suso Alonso e como voz cantante o incombustible Luis Tosar.

Lonxe do que a xente poida pensar que van ter fama debido a que un dos capitáns da banda é o gran actor Luis Tosar debemos olvidarnos por un intre da súa faceta interpretativa e centrarnos na súa magnífica voz así coma o gran son que amosa Di Elas.

Seguro que darán moito que falar...

1 comentario:

Vero86 dixo...

Encántanmeeee!!! Dios, non sei que pasa con Tosar, pero desde que o vin en Mareas Vivas... mi má! jeje
Encántame Tosar e tamén a súa voz, cando fala e cando canta. A banda? Simplemente magnífica.

Van dar moito que falar, sí señor...