xoves, 9 de xuño de 2011

Achéganse as festas na honra a "Santa Columba das Pías"



Como cada domingo de Pentecostés, terá lugar un ano máis o comezo das festas na honra a Santa Columba das Pías na parroquia de Codesoso eiquí no Concello de Sobrado.
Esta santa miragreira é moi benerado por miles de fieis que cada ano pasan polo seu santuario para rendirlle tributo e oración co agallo de que cure diversas doenzas.
Ademáis do tema meramente relixioso, "As Pías", como é coñecida a festa, goza de gran sona por ser un lugar onde abundan as famosas "merendas" o cal provoca que o domingo e o luns desta festividade (este ano 12 e 13 de xuño) xente de todas as idades e de diversos concellos veciños, xa sexa ben en familias ou como grupo de amigos, se desplace ata a fermosa carballeira que rodea o santuario e disfruten do día coa máxima diversión e devoción posible.
Neste ano a orquestra Fania Blanco Show, unha das orquestras galegas con mellor son dos metais amenizará a festa o mediodía e a noite os dous días.
A nivel da nosa pandilla debo comentar que estamos a ultimar os preparativos e aprovisionándonos para o domingo que será mooooi longo. Neste 2011, de novo seremos un gran número (subiremos de 30) iremos con moitas ganas de pasalo ben..., non hai máis que votar unha ollada a anos anteriores e a de anécdotas que alí ocorreron, algunhas rozando o puro subrealismo...

Xa por último deixovos unha breve historia para explicar un pouco mellor o que son "As Pías" extraido do blog soledadfelloza.com

"Cuentan que el señor de Golmar, don Pedro de Barallobre dejó orden en su testamento que en esa tierras suyas, sus hijos levantaran un cruceiro y una ermita.
Asi se hizo, y en ella comenzó a funcionar la Cofradía de las Ánimas del Purgatorio, tal y como consta en registros del año 1670.
El Papa Inocencio XII le concede una Bula de Perpetuo Jubileo, aumentando asi los devotos a la Santa.
Se le llama de las Pías en memoria a una, que aun está al lado de un viejo carballo"

Ningún comentario: