xoves, 27 de decembro de 2012
Feliz 2013
Último post do ano 2012. Por diversos eventos estes días non subirei máis post (neste tempo non hai máis que compromisos) así pois adiantándome 4 días á final de ano quero desexarvos a todos e a todas unha feliz saida de 2012 e entrada de 2013.
O ano pasado, no derradeiro post de 2011 pedía que rematasen as guerras e que a xente encontrase traballo. Pasado o ano vexo que ningún dos dous problemas se solucionaron senón que se agrabaron... así pois, visto o visto para este ano non vou pedir nada a nivel público aínda que desexe de todo corazón que a todo o mundo lle vaia ben.
O dito xente, unha vez máis, grazas por estar ahí. Pasadeo o mellor posible e vémonos o día 2 por estes lares se Deus quere onde xa insertarei a porra de fútbol da vindeira xornada.
P.D: a moitos e a moitas xa os verei en persoa pero aínda así xa aproveito para felicitar o ano non vaia ser que se me pase! jejejejejejeje
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario