martes, 4 de decembro de 2012

Unha suxerencia para as túas compras de Nadal

No post de hoxe quero romper unha lanza a favor do pequeno comercio, nunha época na que as grandes superficies estanse encargando de facer pechar a autónomos e negocios familiares.
Propóñovos que visitedes conmigo o blog da tenda Cempés Arzúa. Nesta tenda atoparedes complementos para poder regalar nas datas que se achegan ou ben para uso propio.
Cempés ofrécenos variedade de carteiras, maletas, bolsos, paraugas, panos... das marcas máis variadas: Gabol, Caminatta, Matties, Colores de Otoño, Cavalinho, Victorio & Lucchino, Martina K... e a un baixo prezo inigualable.
Se non coñecedes Cempés Arzúa visitadea: a tenda está en Avenida de Lugo, 18 Baixo en Arzúa (A Coruña).

Déixovos a dirección do blog para que vaiades mirando o que vos apetece para este Nadal:

http://cempesarzua.blogspot.com.es

Ningún comentario: