Comentan por "ahí" que os maias (ou quen proceda) determinaron no seu momento que o 21 de decembro de 2012 chegaba a "Fin do Mundo". Ou sexa, que este venres, non sei o planeta vai estoupar, se se quere votar o mar a nós, se o ceo se nos ven enriba ou a terra se abre en dous e literalmente "trajanos o demo" como dirías os nosos maiores.
O caso é, que chegado este punto, e a 4 días vista do que parece ser a "enésima" fin do mundo desde este blog quero propoñer que aproveitedes estes días que nos quedan por aquí antes de ir a "tomar por saco" para facer o que sempre quixestes facer e nunca puidestes.
Falade con quen teñades que falar, amañade o que sexa, viaxade, bebede, comede..., cada un o que lle plaza... por que digo eu, se é certo que so nos quedan "4 días" aquí porque non imos disfrutar.
Tan so é un consello e por suposto adicado a aqueles e aqueles que cren nestas, para min, pamplinas que xa non saben que inventar para atontarnos, desviar a atención do que realmente importa e ter a xente ocupada en algo.
Eu polo de pronto seguirei facendo a miña vida normal, non vai ser que o sábado me desperte e descubra que segue habendo vida...
BOAS TARDES!
1 comentario:
Jajaja eso de "trájanos o demo" moito me gustou!
Eu espero que me toque algo na lotería do 22, así que ganas de ir tomar polo saco o 21 non teño! Nin o 21 deste ano, nin de moito anos máis alá!! Eu ganas de que me traje a terra non teño precisamente...
Publicar un comentario