Hoxe este blog alcanzou a nada desprezable cifra de 122.000 visitas desde que está habilitado o contador para tal efecto.
http://latosobrado.blogspot.com naceu en xuño de 2007 e foi un ano e un mes despois cando se incorporou este elemento.
Desde aquí so vos podo dar as GRAZAS a tod@s os que entrades aquí a ler as cousas e tolerías que vou contando. Sigo tendo a faceta pendente de facervos comentar máis e terei que seguir loitando para que esto acabe sucedendo.
De todos modos gústame entrar nas estadísticas e ver as visitas que se reciben cada día e os lugares de onde proceden. As veces quedo alucinado...
Para min é un auténtico honor que pasedes a visitar a miña bitácora ben cando vos apetece ou ben encontrándome por accidente e sen querer.
Se cando comecei a escribir, alguén me di que ía ter esta cifra a estas alturas sinceramente pareceríame unha "coña marinera" pero sorprendentemente isto é así e as cifras están ahí.
Unha vez máis GRAZAS e vémonos por aquí ou en vivo e en directo.
Bicos e abrazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario