O xornal deportivo Depor Sport adica integramente a páxina 23 na súa tirada de hoxe ó uso das novas tecnoloxías que o Club Atlético Sobrado Xuventude ven facendo desde hai anos.
O Club Atlético Sobrado Xuventude comezou hai 9 anos tendo unha web gratuita con dominio "tk". Posteriormente no ano 2007 creouse o blog http://atleticosobrado.blogspot.com que facía máis sinxelo poder subir crónicas, fotos, novas e datos relevantes do Clube. No ano 2011 crease en Facebook o grupo do Club Atlético Sobrado Xuventude. Finalmente este verán tamén se creou o Twitter Oficial do Clube @AtleticoSobrado.
A publicación de hoxe de Depor Sport faime sentir moi ledo por ter implicación directa no funcionamento de estes medios e polas palabras que nos adican desde a redacción do xornal explicando que fumos pioneiros nestas modalidades no fútbol modesto e que estamos a utilizar ferramentas que incluso algúns equipos de 3ª División Nacional de Fútbol non poseen.
Desde aquí agradecerlle a Depor Sport a publicación e en especial a súa xornalista Laura Queijeiro que onte me entrevistou e se preocupou de saber todos os entresixos do funcionamento que temos na rede.
Se aínda non nos coñecedes pasade a visitarnos a agregarnos e a seguirnos, podedes atoparnos na rede en:
BLOG: http://atleticosobrado.blogspot.com
FACEBOOK (Grupo): Club Atlético Sobrado Xuventude
TWITTER: @AtleticoSobrado
Ningún comentario:
Publicar un comentario