Como ben sabedes, o luns comezaron "oficialmente" as rebaixas de inverno. Aínda que por mor da acuciante crise que nos rodea moitas tendas decidiron comezar a rebaixar os prezos dos seus productos con antelación a data do 7 de xaneiro.
Chámame a atención que tirando de hemeroteca leo unha nova de El Correo Gallego do 3 de xaneiro de 2008 onde o títular é o seguinte: "cada gallego se gastará en las Rebajas en torno a 200€".
Xa máis cerca de estes días, e ollando o mesmo xornal con data 1 de xaneiro de este mesmo ano o titulo da noticia é o seguinte: "cada gallego gastará unos 75€ en las Rebajas".
Non sei canto de certo hai en todo esto, sinceramente pareceme moi alto o promedio de 2008 (aínda que eran tempos mellores) e pareceme moi baixo o promedio de este 2013.
Eu particularmente estableceríao nuns 150 ou 160€...
Os que vaiades, canto pensades gastar?
1 comentario:
Eu non sabería dicir se é un promedio realista ou non, pois como promedio que é, hai mooooita xente que non vai ir ás rebaixas. A que vaia, sacando excepcións, que sempre hai, non creo que faga moito alarde tampouco. Así que igual o promedio de 75 euros non está moi alonxado da realidade. Eu poríao entre 80 e 100 euros.
Eu particularmente só fun mercar un artículo ás rebaixas, así que por agora pódese dicir que gastei moi pouquiño. E non creo que vaia gastar moito máis.
Publicar un comentario