martes, 19 de marzo de 2013
Xoga a ser Bárcenas no teu smartphone ou tablet
Hoxe imos tomar a actualidade que nos ocupa dándolle unha nota humorística ó Caso Bárcenas. Aínda que o asunto en sí é peliagudo e sangrante a máis non poder a empresa canaria 4DS Animation Studio creou "Dársenas, el tesorero corrupto".
Este é un xogo gratuito dispoñible para smartphones e tablets onde o xogador terá a oportunidade de poñerse na pel de un tesoureiro de un partido político que debe repartir diñeiro entre militantes de ese partido e desviar fondos as súas contas privadas en Suiza antes de que Facende se dé de conta
.
O xogo remata cando o xogador non cumpla co obxectivo e un membro descontento do partido filtre os seus libros de contas á prensa.
Así pois, xa sabedes, se queredes entretervos un anaco xa podedes descargar a app, é gratuita.
Feliz martes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
extrañome en ti que no nombraras a unha veciña que nos deixou con 31 anos
Non acostumo a tratar temas tristes no Blog aínda que o que citas é unha auténtica pena. A vida as veces non é xusta coas persoas e neste caso non o foi. Ogallá Descanse en Paz e que os seus país e familiares se recuperen o antes posible de este duro golpe.
Publicar un comentario