Chega unha nova fin de semana e con ela bastante actividade polo que á nosa zona do interior de Galicia se refire.
Por un lado o Rally de Curtis, proba puntuable para o Campionato de España de Rallies de Terra que comeza hoxe e no que un dos tramos se disputará en terras de Sobrado.
Doutra banda hoxe comeza a X Edición da Foliada de Melide. Unha festa que ano a ano segue a medrar. Ó longo da fin de semana Melide será o epicentro da música tradicional e de diversas actividades lúdico-culturais.
Non me quero esquecer tamén da "Feira do 27" que coma cada mes se celebra aquí en Sobrado e que desta volta coincide en domingo.
Déixovos co "Wings" de Birdy. Disfrutade da fin de semana.
Bicos e apertas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario