Deixaron moi bo sabor de boca a 1ª vez que visitaron o noso pobo e estaba claro que non tardaría moito en volver. Falo de La Dulce María, esa banda que fai versións de cancións pop españolas dos anos 80, que tod@s nos sabemos de "pe" a "pa" e que este inverno tiveron bastantes bolos por toda a xeografía galega.
Será este venres 18 (Venres Santo) no Pub O´Forxín de Cafetería Ramiro e a cousa promete. Non so pola formación que é un auténtico grupazo con músicos consagrados senón por que ademáis os asistentes poderemos disfrutar de unha Festa Barceló onde hai regalo seguro con cada consumición.
O concerto comeza as 00,30 horas e a entrada é de balde.
Apuntádeo na axenda!
* Se queredes máis información sobre La Dulce María podedes entrar na súa web oficial www.ladulcemaria.com ou en Facebook www.facebook.com/ladulcemaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario