Esta fin de semana, os días 25 e 26 de abril celébrase pola nosa zona unha proba do Campionato de España de Rallies de Terra denominada "Rally Concello de Curtis".
Se ben é certo que leva a denominación de Concello de Curtis, a competición tamén terá lugar por terras do Concello de Sobrado (na parroquia de Grixalba) e do Concello de Oza-Cesuras.
Parece ser que ata o venres non se saberá en que zona concreta se disputará cada tramo, pois xogan coa sorpresa para os pilotos. Está confirmada a presenza do Campión do Rally Dakar Nani Roma así coma a do piloto oficial de Fiat Albert Llovera. Así pois parece que se dan todas as circunstancias para que o Rally de Curtis sexa un éxito rotundo.
Agardemos que isto sexa o inicio de unha proba que vaia tomando nome co paso dos anos e que se faga habitual no Campionato de España de esta modalidade. De todos é sabido que nesta zona hai unha gran afición o mundo do motor en xeral e os rallies en particular. Unha afición fiel, incansable e apaixoada, que se despraza os quilómetros que fagan falta para disfrutar de un bo espectáculo.
Se desexades máis información podedes entrar na web oficial da proba www.rallycurtis.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario