xoves, 5 de xullo de 2007

Benvido señor verán


Pois si amig@s, parece que definitivamente o verán, a tempada en teoría de máis sol e máis calor asemella que se quere instalar o noso carón. Non foi sen tempo.

Normalmente no mes de maio ou todo máis tardar primeiros de xuño nos anos anteriores xa lle tiña feito unhas visitiñas as praias de Gandarío ou Cabanas pero este ano non puido ser, a climatoloxía non acompañou e non fai moitos días estabamos a ver como chovia de xeito copioso e cunhas temperaturas que para nada indicaban a estación na que estamos.


A verdade é que da gusto levantarte polas mañás e ver un sol radiante acompañado de calor. Polo que a min respecta teño moi claro o plan a seguir: levantarme ás 7:30 para traballar, sair do "curro" as 14:30, comer, ver a televisión (aínda que por desgraza cada día hai menos que ver) e a iso das 16:00 h ir a Cafetería Ramiro a tomar un café con xeo e de seguido para a piscina toda a tarde cos amigos, a darse un chapuzón, facer un pouco (ou un moito) o tonto na auga e xogar a Playstation no garito do socorrista que amablemente nos cede.


A verdade é que levamos un lote de anos facendo o mesmo pero son unhas risas, de vez en cando no lugar de Play toca tute (o caso é estar entretido en algo).


Pola noite baixada o bar logo de cear e se hai unha festiña que se preste pois ir a ela (afortunadamente no verán Galicia está plagada de festas) e logo durmir para traballar o día seguinte. A verdade é que no verán durmo unha media de 5 horas pero síntome ben e non me da pereza levantarme nin nada polo estilo.


Este ano as vacacións collereinas es setembro, agardo que todo o verán sexa bon pero que non me falle setembro, por favor, e sobor de todo, QUE NON CHOVA NOS DOLORES!!!!


Disfrutade do verán

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Chico listo!! Tes un bo plan para as tardes de calor...

Desfruta do verán e do bo tempo, a ver se dura!!

Un bico.

Unknown dixo...

Faise o q se pode, je je,je.

Igualmente, que disfrutes moito de "La Estasión der caló.

Anónimo dixo...

Gracias!!

A "Estasión der caló" aquí durou un dia nada máis. Onte moito sol e moito calor e hoxe...nada!!

En fin...

Vane dixo...

Oye tendras que cambiar un poco esa rutina, no?siempre lo mismo siempre lo mismo.......

Deberias de ejercer un poco mas tu carrera profesional,jejejeje.Un besito

Unknown dixo...

Je, je, je. Que graciosilla Vane, tú tranqui que voy a hacer un análisis detallado de lugares de interés turístico de Galicia. Seguramente habrá lugares que te sorprenderán.

Bsts.

Vero, en Sobrado como temos microclima coa Lagoa o verán xa está instalado con nós e todo o finde puidemos disfrutar da piscina.
Para aguantar a calor temos o truquiño de beber cervexa con limoada e así faise máis levadeira a tarde, je je je

Bikos the night

Anónimo dixo...

Pois que suerte chico, porque o que é aqui nanai de la China!! Nin se pode ir á piscina, nin sequera tirarse na tumbona a tomar o sol...porque case non hai sol!! E calor menos... Un desastre vaia...

Unknown dixo...

Aquí cando está malo imos a piscina igual por dúas razóns:

1ª a xogar a Playstation (hai un vicio o Pro Evolutios Soccer 6 que non é normal)

2ª a cafetería da piscina que a xestiona o Club Atlético Sobrado Xuventude e falta nos fan os cartos para termar da tempada enteira. Vemos o Tour de Francia, poñemos música e estas historias típicas do verán (entre elas anécdotas do día anterior que dan para conversas e conversas... je je je)

Saudiños

Anónimo dixo...

Suele pasar, ainda que faga mal tempo se estás cos colegas pásalo ben igual, na piscina, na cafetería, vendo o Tour de Francia ou xogando á Play, da igual, o caso e pasar o tempo e rirse un pouco je je je.

Neses días nublados nos que non presta meterse na piscina, case sempre acaba nela o que máis frío tiña.. asi que xa tedes outro divertimento máis: ó que vexades tiritando envolto na toalla...al agua!!! je je je qué mala son!!

Unknown dixo...

Que ideas máis retorcidas, je je je. Non está mal a idea que así o que vai a auga pásalle o frío de vez, je je je.
Adeus os catarros

Anónimo dixo...

Por eso, faise inmune contra os constipados jejeje
E si, é un pouco retorcido, pero asegúroche que te botas unhas risas tremendas (o que tiña frío e acaba na piscina adoita ser o único que non se ri...) ;-)

Unknown dixo...

Non me extraña, o que si supoño que fará e baixar todos os santos do ceo e acordarse das "mamás" de quen o tiraron a piscina.

je je je

Anónimo dixo...

jejeje máis ou menos si...
:)