luns, 28 de xullo de 2008
Enerxía
Todos os comezos de semana son dificiles para a maioría de nós. Para "amortiguar" un pouquiño esta sensación hoxe propoño un tema (temazo) que a min me encanta e realmente me da moita enerxía. Trátase de "Jump" de Van Halen, un tema de primeiros dos oitenta, un clásico do rock.
No video non vos perdades a plasticidade do cantante (é espectacular como dobla este tio), un home que foi sinalado unha e mil veces de homosexual debido os xestos (segundo dicían afeminados) que realizaba enriba dos escearios. Polémicas aparte non cabe duda que Van Halen eran un grupazo e o cantante un pedazo de artista.
Pois o dito
SALTA!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Tes razón, este tío é de joma!!! jejeje
E vaia pintiñas se levaban daquela, que pelos!!!!
Este vídeo recórdame a Bon Jovi alá polo ano 86 no vídeo de Living on a prayer (se non me engano foi nese ano), que tamén levaban un look...
Bo comezo de semana a todos, hoxe playita, yeah!!!
Efectivamente Vero, o Living On A Prayer foi no 86, unha canción que pertence o albume Slippery When Wet, unha das primeiras cintas orixinais que tiven na miña vida (agora teñoo en cd como non podía ser de outra maneira). Dase a casualidade que no ano 1986 (cando a Arxentina gañou o Mundial de Mexico con un Diego Armando Maradona excepcional) saiu tamén outro dos grupos referentes do rock duro a nivel mundial, os suecos €urope.
Que posto estás!!!
E ti dubidabas das cousas boas que pasaron no 86??? Ese ano é para ter na memoria e non esquecelo, que foi cando nacín eu!! jajajaja
Bicos.
Ok, tereino en conta! je je je.
Saudos
Publicar un comentario