Alí celebrarase a II Edición do Día da Familia, ou o que é o mesmo, un xantar campestre neste fermoso lugar onde moita xente "acampará" todo o día e bañarase no río o que aguante ata ben entrada a madrugada.
Neste evento, o que agardemos que mellore o tempo e teñamos un bo día (as previsión din que mellora) estará presente a Charanga B.M.V. (Bebemos Moito Viño) de Brión que comezará a súa actuación as 17:30 horas. Ademáis haberá xogos populares para todos os asistentes con carreiras de sacos, tirar da corda, etc, etc, etc.
Como alí onde se oe unha nota musical alí estamos nós, desta volta tampouco fallaremos e a pesares de que aínda faltan algunhas persoas por confirmar, abofé que vamos a ser un grupo tumultuoso e seguramente dos máis ruidosos tamén. O menú estará composto por empanadas, tortillas, sandwiches e polbo que mercaremos alí mesmo pois tamén haberá un posto de polbo.
Ademáis iremos ben aprovisionados de bebidas "por se nos da a sede" que seguramente así será.
Ademáis haberá un grupo moi numeroso (dos nosos proxenitores) que teñen moitas opcións de ser unha das "cuadrillas" máis ruidosa pois os personaxes que alí se poden xuntar non é para decir, as risas están garantidas. Ademáis este grupo levarán unha gran carpa onde collen máis de cen persoas polo que pode que a última hora acabe todo o mundo agrupado debaixo da carpa. Penso que vai a ser un show.
Xa vos contarei e xa poñerei fotos (de primeira hora da tarde que logo non valen para ver segurísimo).
Que pasedes un bo Día de Galicia, disfrutade da ponte.
SOBRADO ON TOUR 2008:
Hoxe estaremos en Santiago de Ois (Aranga) coa Orquestra MARBELLA
Mañá temos dúas opcións:
A: Brañas (Toques) Concerto de RÁFAGA e máis tarde Discoteca Móbil 75%
B: Paradela (Curtis) FANIA BLANCO SHOW 25%
Sábado 26: como xa dixen antes xogamos na Casa, e tocara facer festa en Sobrado, na área recreativa.
Domingo 27: de momento esta no aire.
Saudos
Saudos
3 comentarios:
Dios que pintaza ten a tortilla!!! ummm
Se levades semellante carpa e vos xuntades unha boa tropa, seguro que o pasaredes ben. Hai que defender e desfrutar as festas campestres, que non se diga!
Moi boas Victor!!
Mi madriña, meuda festa que deveu de ser!!!
Pero, como pos esas fotos?...coa famiña que teño! Que boa pinta ten todo.
Pois xa nos contaras as anécdotas que seguro non teran despercicio, non si!! jejejeje
Saudos!
Sara
A festa foi tremenda, espectacular. Esto promete nos vindeiros anos, o lugar préstase moito e a participación foi altísima (moi por riba das previsións), sen dúbida que o pasei coma un anano.
Saudos
Publicar un comentario