A enquisa do mes de xuño revela que os participantes non confían moito nos deportistas españois para os vindeiros Xogos Olímpicos de Pekín.
Un 41% dos votantes opina que España levarase entre 0 e 10 metais. O 29% opina que España traerá para a casa entre 20 e 30 medallas. O 25 % pensan que o éxito será de entre 10 a 20 medallas e tan só os máis optimistas (un pírrico 4%) confían en que España sobrepase os 30 metais.
Quizais coa recente victoria da Selección de Fútbol na Eurocopa as previsións sexan máis optimistas cos deportistas españois.
Toda a sorte do mundo para as vindeiras olimpiadas
Grazas a todos por participar.
3 comentarios:
Bueno, é que se superamos todos os pronósticos traendo máis medallas das esperadas xa sería pa darse cun canto nos dentes. Eu aínda estou flipando coa Eurocopa jeje.
Si a verdade é que foi incrible, nin os máis optimistas podían pensar que España gañaría o europeo.
Por unha vez o fútbol foi xusto e gañou o que mellor fútbol desplegou o longo do campionato (estaba temblando que gañara Italia ou Francia que sempre deciden os partidos por despistes do rival e non polo xogo realizado).
Saudos
A min pareceríame moi mal que nos gañara Italia, porque os tipos eses ó único que se adican cando non poden superar ao rival é a dar estaca. Estívolles de p*** madre quedar eliminados. E iso que a min os penaltis non che me gustan nada, porque considero que con unha lotería.
Publicar un comentario