luns, 14 de xullo de 2008

Porretas estará en Sobrado

Xa se coñece o grupo que será cabeza de cartel da IX Edición da Feira da Troita. Neste caso o grupo de rock madrileño de Hortaleza (paisanos de Luis Aragonés) PORRETAS serán os elixidos para actuar o domingo 10 de agosto na Praza do Concello de Sobrado. Como grupo teloneiro estarán os cambreses BLACK JACK un grupo que fai versións de diferentes clásicos do rock, todo isto está englobado dentro do IV FESTIVAL MUSICAL INTECULTURAL DA XUVENTUDE.
A IX Feira da Troita comezará o sábado 9 de agosto a noite con foliada a cargo do grupo Tokio.
Ademáis nesta IX Edición o longo do domingo ademáis das tradicionais exposicións de artesáns e degustación de "Troita á Montañesa" tamén haberá a xa clásica Baixada de Carrilanas, circuito da Alvariza onde unha vez máis as Carrilanas de Esteiro (Muros) estarán presentes. Tamén haberá unha exhibición de cans de presa e onde tampouco faltara a música o mediodía pois ademáis da sesión vermú que correrá a cargo do Grupo Tokio tamén actuará o grupo de gaitas A Maristela de Sobrado.
Como dixen anteriormente o prato forte queda para o final e o domingo 10 a partires das 22:30 horas comezará Black Jack e de seguido PORRETAS onde seguro que cancións coma "Marihuana" ou "Pongamos que hablo de Madrid" (a versión rockeira do tema de Joaquín Sabina) soarán na noite sobradesa.

Xa me tarda que comece outra nova edición da Troita

Saudos



12 comentarios:

Anónimo dixo...

Se é que isto estase a converter no sitio principal de anuncios de festas de media Galicia!!! jejeje sábelas todas! Ainda que vaia por diante que eu non teño nin idea de quen son os do grupo Porretas eses... non me soan de nada! Os que sí me soan son a banda de gaitas A Maristela, debemos coincidir nalgún festival ou xuntaza na época na que eu bailaba... alégrame saber que aínda siguen (porque o meu grupo desfíxose...)

Saudiños

Anónimo dixo...

porretas e un grupazo!!!! eu tampouco e que coñeza demasiado deles pero seguro que e a escusa perfecta pa unha boa festa!! jejeje. Que tal o finde? pasastelo "yupi"? O meu tralquilo, un pouco de sidrina e pa cama.

Non sei que lein eu, que esta a panorama en Vilaboa? teremos que dar unha voltiña non? xa vexo que o muxico ten gañas de festa, e seguro co mestre tamen se apunta

finito

Anónimo dixo...

A Panorama non!! Esta noite está a OLYMPUS!!!

Anónimo dixo...

Festa da troita!!! tampoco fun nunca a esa festa. Onde a celebran, e na plaza? gustaríame moitísimo ir...
A parte das sardiñas poñen mais cousas?

Graciñas Lato por ternos tam ben informados

Sara

Anónimo dixo...

hello SARA non e por ir d desagradable pero na festa dA TRroita so hai polbos troitas e merluzas jejeje supoño que seria un lapsus quedas invitada a dita festa
el que nunca haze nada

Anónimo dixo...

Pa o que nunca fai nada:

jajajajajajajajajajajajajaj....pois si que tiben un lapsus!! e que a esas horas tan tempremas non ando moi desperta, que vou facer....jajajaja.

Merluza....ou empanada??? jejejejejeje

Grazas por invitarme a festa, se vou xa os direi algo

Saudos Sara.

PD: e ti como te chamas? por certo non me parecu desagradable o teu comentario, a verdade que foi moi simpatico, jajajajajajjajajaja

Pitus dixo...

Yo ese Viernes me acerco a Arriondas(Asturias)desde Bilbo al "Aquasella",si me queda cuerpo,que lo dudo seriamente,me pasaré por la feira.

Unknown dixo...

Mañán insertarei carteis de festas: ides flipar..., je je je.

Así me gusta, entro no blog e vexo 7 comentarios, xenial, grazas a todos, que maravilla, da gusto entrar e ver tantas opinións, síntome nunha nube.

Grazas a tod@s.

Anónimo dixo...

Sara son o que lle recomendou a victor que votara crema nas cies

Anónimo dixo...

jajajajajaja! pobriño non o vaciles home ten compasión do teu amigo co mal que deveu pasar

Eres ven misterioso....jajajaja!!

Anónimo dixo...

Arrea home! tiven que leer outra vez o da viaxe de victor para saber quen eras..

Moito gusto Pedino!! Por qué te puxeron ese mote? si se pode saber claro, ao millor estou sendo moi indiscreta..

Sara

Victor esta ven entretido o teu blog, asi da gusto! jejejej

Unknown dixo...

Grazas polos halagos, non se merecen, alegrome de que este blog guste, a idea é que sexa desenfadado (por regra xeral) e que a xente cando necesite distraerse diga: "vou entrar no blog de Lato a ver que conta...", seguro que contarei chorradas pero para contar cousas serias xa están os medios de comunicación, que carallo! (se me permitides a expresión) que para eso é un blog persoal! je je je. Fóra bromas grazas a todos por estar un día tras outro ahí.

Apertas.