Todos os meus compañeiros do Concello traballaron a reo para que todo saise o mellor posible, e que dicir dos rapaces do equipo de fútbol, axudados por mulleres, mozas, amigos e amigas que foron os encargados de freir as troitas ademáis de traballar no "chiringuito" da festa. Só podo dicir GRAZAS a tod@s por ser tan activ@s e solidarizarse para con nós.
Onte levanteime as 10:00 AM e deiteime as 02:30 AM feito polvo, coas pernas moi cargadas por tantas horas de pé. Unha magoa que nos voltase a chover xusto antes dos concertos pero bueno, o máis importante foi que todo o día aguantou (por que estaba temblando que en calqueira momento do día se votase a chover). No momento do pregón de Xabier DoCampo caeu unha orballada e pensei que se nos ía toda a festa o garete pero grazas a Deus o tempo respetounos ata chegada a noite e puidéronse desenrolar todas as actividades.
Gustáronme moito os Black Jack e Porretas fixo bastante ben para o meu gusto (poucas palabras demáis e moito rock & roll), os tíos son moi enrrollados pero eso sí para que marcharan do camerino tivemos que agardar hora e media (tiñan moita sede, je je). Despois creo que estiveron de festa polos bares do pobo pero eu xa non aguantaba máis e decidín que a cama ía ser a miña mellor aliada.
Acabouse o agobio da Feira da Troita e con él moitas comeduras de cabeza, moitas chamadas de teléfono (onte volvinlle a mandar unha boa viaxe a batería do móvil) e a intención de que todo saia a perfección (misión imposible, je je), agora toca descansar e repoñer forzas ademáis de ir matinando XA na seguinte edición.
Saudos polo de agora.
SOBRADO ON TOUR 2008: hoxe tres opcións:
A: A Castellana (Aranga) con FANIA BLANCO SHOW E ARMONÍA SHOW
B: Salto (Oza dos Ríos) con OLYMPUS E ALKAR
C: Carelle (Sobrado) con SUPER FAMA
* Polo que a miña persona respecta non teño nada claro que hoxe vaia a sair pois ademáis de aínda non estar o 100% mañá toca madrugar.
Saudos
7 comentarios:
Pois sorte que tivestes que vos respetara o tempo, porque o que é aquí nanai de la China!! Orballa seguido e vai botar a perder o churrasco de Salto e a verbena que teñen preparada con Alkar e Olympus. Porque aínda que non chove moito, orballando seguido a xente non se anima tanto a saír e menos a unha churrascada ó aire libre...a ver que pasa. Que pare a auga XA!!!!!!
Descansa Victor, que o find vai ser moi longo e ai que recargar as pilas!!
Saudos
Sara
hola, gustaríame se me podes dar información das festas de curtis e tamén das festas dos dores de sobrado.
gracias
Boas de novo:
dicir dúas cousas polo que respecta as festas:
rumoréase que vai haber festas en Curtis pero eu polo de agora non vin ningún cartel que o confirme nin o desminta. Agardemos que o final haxa festa porque é unha das festas referentes da zona.
Polo que respecta a Os Dolores de Sobrado, resumir nunha soa palabra: CARTELAZO:
VENRES 19 DE SETEMBRO:
FOLIADA
OLYMPUS
SÁBADO 20 DE SETEMBRO:
FANIA BLANCO SHOW
JERUSALÉN
DOMINGO 21 DE SETEMBRO:
XENTE NOVA
PARIS DE NOIA
Saudos
Bueno bueno bueno! Se Curtis queda sen festa... eso non é normal eh!!
Díxome hoxe o meu perruqueiro que é de Curtis que se rumoreaba que farían 2 días de festa pero aínda non se sabe nada pois a Comisión que fora nomeada para este ano en ningún momento comezou a traballar para estas magníficas festas.
Agardaremos novas pois.
Vaia por Deus! Pois eu agardo que non fixeran coma a comisión que se nomeou aquí para facer a festa do ano pasado, que se desentendeu de todo e quedamos sen ela!!
Agardamos as novas daquela...
Publicar un comentario