luns, 25 de agosto de 2008

Sobrado On Tour 2008 en Xanceda (Mesía)

Logo de 5 días consecutivos acudindo as festas do San Roque de Melide tocounos cambiar de pola. Na tarde de onte Schumacher, Oito, Vigo e eu acudimos ata a veciña vila de Guitiriz para tapear e rir un bo anaco. Logo decidimos ir a festa a Xanceda (Mesía) onte actuaban as orquestras Olympus e Fin de Siglo.
Alí nos agardaban Abad, Trukito, Li e Carrizo (outra vez O Muxico, o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón esixe que se lle cambie de nome). Moi ben a Olympus tanto no primeiro pase coma no segundo. A Fin de Siglo non a vimos máis que nada porque no momento da súa segunda actuación decidimos ir a tomar algo ata Casa Mosquera (foto Carrizo).
Hoxe hai opcións de ir a Mariz (Guitiriz) a ver as orquestras Venecia e Marbella (nosos amigos).

Nada máis polo de agora

Saudos

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois hoxe se queres repetir, tes festa en Cutián (Cesuras) onde volve tocar Olympus.

A Marbella vina este venres aquí en Oza por primeira vez e debo dicir que me sorprendeu para ben. A cantante rubia, Eva Iglesias, ten un tremendo bozarrón que xa amosara na Canteira de Cantareiros do Luar (sí, confeso que ás veces vexo Luar jeje). Son unha boa orquestra.

Anónimo dixo...

Hola victor! te envio o enlace deste video, eu o vin a semana pasada na tele, e partinme de risa. http://es.youtube.com/watch?v=AVv4fgEZeMI
Se asi non che vai, entra en youtube e pon "socorrista torpe".

O mellor vexo en Santa Cruz a Olimpus, este ano ainda non os vin.

Saudos

Sara

Unknown dixo...

Vero: refireste a Lucía Lapiedra? así é como cariñosamente (sen mal rollo) a coñecemos a xente de Sobrado a esta pedazo de artista pois teñen un aire bastante grande (o cal quere dicir que é moi guapa, polo menos para o meu gusto).

Sara: verei agora o video, a Olympus sempre compensa ir a vela, o igual que outras grandes orquestras galegas, son das que dan "subidón" o persoal.

Saudos

Anónimo dixo...

jaja non sabía que lle chamabades así! Preo agora que o dis, sí que teñen un gran parecido, si. A min Eva pareceume moi guapa na tele, pero este día que pasou xusto por diante miña pareceume máis. Eu flipei con vozarrón que ten esta tía!! E a outra tamén, non se lle queda atrás cantando. O que mola é o columpio no que terminan o primeiro pase.

Anónimo dixo...

En canto á Olympus, como di Peke, "Mola mojollón"!! A min gústame bastante este ano, aínda que me cansan un pouco os continuos e repetitivos chistes do Peke. Tanto "mecajoentumadre", "mecajoendiola" e demáis... a min xa me cansan. Pero polo demáis está xenial.

O que da o subidón é o trono que meten xusto ó principio. Eu en Salto pensei de quedar xorda! E cando baixan todos colgados do arnés e o outro co fachuzo na man... a min parécenseme á Santa Compaña! jeje

Sara, se vas velos disfrútao e xa nos contarás!

Anónimo dixo...

Bos dias Victor e Vero!
Al final non fun a festa, fun a praia e despois fun tomar un viño cos amigos e deume un sono terrible, estaba que non podia coa miña alma. Esta maná quedeime durmida e chegei ao traballo unha ora mais tarde, menos mal que os xefes estaban de vacions jejejeje...

Por fin chegou o veran!! Pasedeo moi ben

Saudiños!!!

Sara

Anónimo dixo...

Carai, daquela o sono que che deu onte debeu ser terrible de verdade!! jeje

Saudos.

Unknown dixo...

Vero: sen dúbida que a Marbella ten duas voces femininas moi boas. Non o fan nada, pero que nada mal.
Tes razón no tema de que Peke pasase un pouco cos chistes e repitese bastante, eso si, a Olympus está medrando a pasos axigantados.

Sara: fixácheste que segundo se van aproximando as miñas vacacións mellora o tempo, je je je. Vai vir un setembro que nin no Caribe nos seus mellores días.
Deus nos de sol que de auga e mal tempo xa imos completos.
MOI IMPORTANTE: non te durmas!!! je je je

Saudos

Anónimo dixo...

Que Olympus está a medrar moitísimo é certo, o que xa non sei é se se debe á man de Peke (como el e algúns máis intentan facernos crer) ou non. Polo de pronto mañá saberasa a que teñen argallada para o 31 de outubro (disque queren superar as 24 horas do ano pasado... en fin, alá eles! qué tolos están!) Pero con todo e con eso mola, Olympus mola.

E Marbella tamén, o único que teñen un repertorio que quizáis estea algo "atrasado". Póñoo entre comiñas porque tampouco é que toquen cancións do ano da polca, pero a Cabritinha, Dos hombres y destino de Bustamante... que hai cancións máis recentes!! Pero aínda así, coma Olympus: mola.

Saúdos verbeneiros!

Pitus dixo...

Mucho guitarreo es lo que hay por ahí,ja ja ja.

Unknown dixo...

Vero: hoxe estarei atento a Olympus a ver se anuncian algo, seguro que si.

Pitus: hoy en Sobrado hay guitarreo de bici en masa, no te puedes imaginar..., la peña pidiendo sidra. Acaso es Sobrado el paraiso del alcohol y el desenfreno...? je je je

Saudos a tod@s e graciñas por deixar o voso comentario.