Este rapaz non perde o tempo. E dende xa hai máis ou menos un mes adicase a adestrar duramente para as vindeiras Olimpiadas que terán lugar en Londres no ano 2012.
A modalidade na que vai competir Pazitos (refineiro, magnate do calzado e deportista) será unha novidade na historia das Olimpiadas, trátase de levantamento a pulso de moza libre. O pasado 1 de agosto, coincidindo co comezo do mes tamén dou inicio os seus adestramentos. Na foto que vedes ilustrando esta entrada vémolo preto do Orzán (A Coruña) levantando a unha transeunte que disfrutaba da noite coruñesa. Polo tanto se queredes ser participes das proezas de este deportista so tedes que cumprir os seguintes requisitos:
1º ser muller
2º sair na Coruña, en Melide ou ir as festas do mes de setembro nun radio de 70 kilómetros de Sobrado.
3º estar mentalizada de que vai repetir o levantamento unhas 5 ou 6 veces ata que perfeccione o exercicio sobre todo a partires das 03:00 AM.
En Sobrado, estamos plantexando a seria opción de facer a Peña Pazitos para as Olimpiadas do 2012. Cando dispoñamos de toda a loxística relacionada co deportista poñeremola a venda: camisetas, bufandas, bandeiras, etc, etc, etc.
Seguiremos informando.
Saudos
SOBRADO ON TOUR 2008: hoxe previsiblemente toca descanso pero nunca se sabe. Mañá xoves 28 de agosto estaremos en Visantoña (Santiso) con PARIS DE NOIA e OLYMPUS.
Venres 29 de agosto logo da cea da Comisión de Sobrado estaremos en Visantoña (Santiso) con JERUSALÉN e PANORAMA.
Grazas a Vero86 pola rectificación.
5 comentarios:
jajaja que boa! O terceiro requisito é pa que non pille a ningunha desprevenida non? jejeje este tío dálle a todo, a diseñar zapatos, a levantar mozas... artista polifacético!
Por certo, o día que están París de Noia e Olympus non é o venres, é mañá. Pasádeo ben!
jeje de nada!! Pa iso estamos os lectores ;-)
Pazitos debe ser un crack! jejejeje...
Ya está confirmada la beca ADO y el patrocinio de Repsol YPF.
Mucha suerte Pazitos en tu reto olímpico.
A por ellos oé......
Publicar un comentario