Agora Pazitos creou a súa propia liña de calzado tanto para home coma para muller (quizais sabedor de que existe moito calzado no mercado que non agarra ben e pode provocar máis de unha caida) e comezou por instalarse no mercado ianki. O prezo medio duns "Pazitos" acada os 55 $ no mercado americano.
A fábrica onde se ubica a marca "Pazitos" está na República Arxentina xa que o empresario Pablo Pazos (Pazitos) é un gran coñecedor destas terras logo de ter un tórrido romance cunha moza de este país sudamericano.
Con esta nova empresa, Pazitos presenta pois as súas credenciais a convertirse no discípulo máis avanzado de Flavio Briatore (home rico e mulleres os seus pes), primeiro foi o petroleo (Repsol) e agora a industria do calzado.
Será Gas Natural a vindeira OPA de Pazitos?
NON O DUBIDES, MERCA OS ZAPATOS SENSACIÓN DE ESTE VERÁN, MERCA OS PAZITOS.
3 comentarios:
Ala vai!! Dentro de nada serán máis cotizados que os "manolos" que levaba Sarah Jessica Parker en Sexo en NY... jeje
saudos.
BOS DIAS VICTOR!
Non me perdo a sensación do veran, encargalle 3 pares!!!! jajajaja..
Se non son comodos devolverá o diñeiro como no corte ingles, non??
jajajajajajaja...
OS PAZITOS, OS PAZITOS, EH, EH....!!!
SAUDOS
SARA
Os Pazitos van romper o mercado do calzado. Teñoo clarísimo, no momento en que vexa uns nunha tenda einos de mercar aínda que so sexa pola coña. Ímonos rir unha boa tempada.
"Somos los Pazitos y estamos requetebién, recubiertos de goma dura y piel de Gore-Tex".
Ja ja ja
Publicar un comentario