Pola Coruña e polos medios de comunicación deportivos en xeral corre o rumor de que o Real Club Deportivo da Coruña podería estar a punto de firmar un novo patrocinador.
Logo de expirar o seu contrato coa "malograda" inmobiliaria Martinsa-Fadesa a Cervexa Mexicana Coronita (quizais animada polo tirón que Andrés Guardado e Omar Bravo teñen no seu país) podería ser o novo patrocinador da elástica branquiazul.
Augusto César Lendoiro que se encontra en Venezuela podería estar negociando a varias bandas para buscar capital "foráneo" coma patrocinador do Real Club Deportivo.
Agora surxe unha dúbida, os seguidores do Deportivo seguiremos tomando Estrella Galicia ou ben en caso de producirse o "acordo" entre A.C. Lendoiro e a cervexeira mexicana cambiaremos para a Coronita como agradecemento polo capital invertido?
O que está claro é que estéticamente a publicidade a camiseta quédalle bastante ben.
Agora a pregunta queda no aire e seguramente axiña se resolverá.
7 comentarios:
¿Ti toleas? A Estrella sempre presente!! Ademais, Coronita, alomenos para o meu gusto, é pésima.
Que va!!! Estrella sempre. como a estrella ningunha
a coronita wuag... VIVA A ESTRELLA GALICIA!!!!
SAUDOS
SARA
La Coronita tampoco está tan mala,mala está Desperados,esa si q wuagg...
Yo soy mas de San Miguel,"donde va,triunfa!"
Eu prefiro Estrella Galicia, coma o producto galego non hai.
Saudos
Pois a min tanto me ten, como non me gusta a cervexa...
Publicar un comentario