Por uns días pensaramos que o perderamos. Faltábanos. Dende o sábado pola noite, bueno, mellor dito, domingo pola mañán non voltaramos a saber de él.
Incluso pensamos que morrera: móvil 1: apagado ou fora de cobertura, móvil 2: apagado ou fora de cobertura, móvil 3: da tonos pero non colle...
O domingo Álvaro comentoume: "a Pichi que será mellor poñerlle? un ramo ou unha coroa?" eu comenteille que mellor quedaba unha coroa.
E si, por fin onte dou sinais de vida, tivo que haber a Final da Champions para saber que seguía con vida. Eu que pensara que o tragara o sofá ou algo polo estilo.
Segundo a súa versión, a culpa de toda tivoa o Red Bull que seica non o deixa durmir de noite entón teno que facer de día, aiiiiii, meu Deus, que personaxe...
Finito de Vilariño segue vivo, aquí o temos repousando nun hotel de Oviedo logo de tomar a alternativa nesta cidade, a gran actuación realizada fixo que fose invitado para a capea que recentemente se celebrou en Salamanca e alí tampouco defraudou: colleu a vaquilla polos cornos pese a caer na mollada area, caeu varias veces pero foi un dos triunfadores da tarde. Aínda ten secuelas pois ten unha cornada nun brazo pero o bravo toureiro de Vilariño di que non pensa cortar a coleta e que lle quedan moitas tardes de gloria e de corridas diante dos touros.
Así sexa Migueliño, e nos que o vexamos...
Por certo, dulces sonos.
5 comentarios:
Menos mal!!Que sería do aniversario do KMAIS sen a gran actuación de Finito.
Por certo, recordo a gran tarde que tivo na plaza de Oviedo. E a do día seguinte en Gijón? COLOSAL,dúas orellas, un rabo, un pucho, un baño de serea,.....PASAME LA BOTELLA!!!!
Bonita foto, véselle tan agustiño ahí durmindo... jeje
Estará collendo forzas para a seguinte faena.
Saudos.
ALVARO: a verdade é que o seu palmeo de "Pasame la Botella" no Kemáis pode quedar que nin pintado, e máis hoxe, un día de celebración por todo o alto.
A actuación en Gijón foi tan boa ou mellor que a alternativa de Oviedo, non se levou a plaza por que non lle deixaban que se non...
VERO: estou de acordo contigo, nesa foto non facía nin 1 minuto que acababa de caer rendido nos brazos de Morfeo, a verdade é que a seguinte faena seguro que non defrauda, non hai 2 sen 3 e a verdade é que as dúas anteriores foron espectaculares.
Saudos
Aprovecho para saludar a mi primo Finito de Vilariño,un abrazo!!
Firma:
Julian Lopez "El Juli".
Queda claro que sois una familia de toreros. Ya nos tarda una capea en el grandioso CAMPO FRANCÉS.
Un abrazo
Publicar un comentario