O pasado domingo 11 chegou Nando de Salamanca con unha boa nova. As chaves extraviadas por O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) apareceron...
"Alguén" que vive en Salamanca llas dou a Nando pois O Muxico as perdera na súa casa.
Agora xorden varias preguntas:
- Onde estivo O Muxico a noite de actos?
- Quen foi a persoa que lle dou as chaves a Nando?
- De quen era a casa e en que lugar da casa se encontraron?
- Subiralle o prezo de venda o coche agora que xa dispón de chaves e o pode accender?
- Voltará o Muxico a Salamanca para intentar perder as chaves de novo?
Agardemos que axiña sexan respondidas as preguntas e intentarei facerlle unha entrevista para que nos responda a todas estas cuestións.
Prometo poñela no blog.
Saudos
4 comentarios:
jejeje se cadra érache mellor non preguntarlle tanto... non sea que se sinta acosado na súa intimidade y non queira responderche...
Pode ser que as perdera nunha "noite loca" da que preferíu non acordarse...e nese intento de esquecela esqueceu ata as chaves!
Estas cousas xa se sabe: as mulleres perdemos pendentes e os homes as chaves... (Dato importante na investigación: apareceu algún pendente de muller cerca das chaves???)
A "interview" intentareina conseguir por todos os medios, seguro que será moi comedido coas súas respostas pero intentereille "sonsacar" onde pensa que perdeu as chaves. Non contemplo a opción de que fora un esquecemento voluntario máis ben son da opinión de que debido a emoción do momento (por encontrarse nun lugar novo para él) saiu a toda pastilla do lugar onde se encontrara (bar, tenda, ou o que fose...) deixando as chaves por algures.
Que eu saiba non apareceu ningún pendente de muller o carón das chaves pero hai unha pista: as chaves arrecenden a un perfume feminino inconfundible "Amour an Amour" de Cacharel.
Pois daquela xa está!! Que leven perfume de muller é máis significativo aínda que atopar ó lado un pendente. As cousas empezan a cadrar...
Agardamos a "interview" logo.
O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) últimamente anda máis agochado que Bin Laden nas montañas.
Ben sabe Deus que cando aparece por Sobrado terei presta e disposta a cámara dixital e con ela un amplo cuestionario de preguntas mellor que "La Maquina de la Verdad" (aínda que o polígrafo non o vou utilizar pois sei de boa tinta que él dirá toda a "verdade?"), je je je.
Agardemos pois que non se retrase a "interview" e que a entrevista de O Muxico venda máis portadas que a sobriña de Rouco Varela.
Saudos
Publicar un comentario