venres, 9 de maio de 2008

Hoxe a partires das 22:00 horas defendemos o Título


Hoxe a partires das 22:00 horas Pazitos e o menda poñemos en xogo o noso título de Campións de Tute que gañamos hai uns 3 meses no bar da Comisión Organizadora das Festas de As Cruces 2008 (klim8).

300 € nos agardan se voltamos a revalidar o título, ben que nos vexen agora que parece que chega a calor (ficticia) e apetece refrescarse para saciar a sede.

O meu socio seguro que como é habitual apañara uns 40 ou 50 tantos de promedio por man polo que como podedes imaxinar teño "Confianza Ciega" (gran programa, mellores concursantes) nél. Abofé que non me fallará (agás un 3 para comer con un triunfo pequeno) e "amasará" coma de costume.

Vamos Pazowsky, confio en ti!

P.D: xa hai tempo que non cha canto e hoxe tócache: SACA LA ESPADA, PAZITOS SACA LA ESPADA, SACA LA ESPADA, PAZITOS SACA LA ESPADA.


NOUTRA ORDE DE COUSAS: infórmaselle a O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) que en canto poida dé sinais de vida porque o de este rapaz é comezar a temporada de praia e non dalo quitado da area. Qué te torras,Calvete!..., je je je.

Saudos a todo bicho vivinte.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Agardo que onte vos fora ben e sigades desfrutando da vosa condición de campións de tute (máis que nada porque o premio nunca ven mal, verdade?)

Un saudiño desde a terra da chuvia (que asco de tempo, Dios mio)

Unknown dixo...

Desta volta non puido ser, quizais o Aquarius de laranxa o meu socio non lle sentou ben e a sorte foille esquiva. Agardo que ligase moito o sábado e o domingo (xa se sabe, "desafortunado no xogo, afortunado en amores").

Saudos

Anónimo dixo...

Vaia por Deus! Tamén só ó teu compañeiro se lle ocorre cambiar de hábitos no beber o día que xoga. Se algo che da sorte, non o cambies!! Vai ter que volver ó trina de mazá...

Unknown dixo...

O carallo é que cando volve o Trina de Mazá acompañao con Barceló e logo dalle o "extrano" impetu de facer streap-tease para desagrado dos que estamos o seu redor.
Mellor Aquarius só (sen nada de compañía, je je) que así non se me desmadra o "chaval".

Saudos

Anónimo dixo...

jajajajajaja fai streap-tease???? jojojo que desmadre!!!

Unha foto dese momento sí que ía vender máis portadas que a sobriña de Rouco!! jajaja