venres, 23 de maio de 2008

Hoxe estou moi enfadado

Hai uns meses xa insertei un post parecido a este pero e que hoxe xa me mosqueei en serio. Fun a gasoliñeira e cando mirei para o surtidor vin que o litro de diésel estaba a 130.6 €. É un puto vacile. A este paso non poderemos nin salir da casa. A verdade é que non sei que ten a culpa na subida do prezo do crudo pero esta claro que os que máis mandan teñen que darlle un xiro a esto ou a cousa vaise complicar demasiado.
Non pode ser que un litro de gasoil custe 216 das antigas pesetas, ademáis parece leva unhas semanas que o barril de crú non deixa de subir, a onde imos chegar?
Ten que comezar a baixar xa porque moitas economías familiares xa se están a resentir e o efecto dominó que produce a subida do carburante fai que o prezo de productos de uso común tamén teñan que subir polo que a economía mundial se resinte.´
Aínda que esto parece que avanza imparable ata acadar records históricos agardemos que pouco a pouco volte todo a normalidade e que poidamos vivir coma sempre.
Cando penso nos profesionais do volante ou a xente que ten que facer moitos kilómetros todos os días para ir a traballar apiádome deles pensando no mal que o deben estar a pasar pois nalgúns casos creo que o final de mes fáiselles moi apurado.
Polo ben de todos agardemos que non suba moito máis e que a cousa volte a normalidade.

Nada máis

Perdoade pola raiadura.

Saudos

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Por Deus Víctor, non tes que pedir perdón polo que escribes no teu propio blog! Porque o peor de todo é que tes razón en todo o que dis. Hoxe mesmo estiven falando disto con miña nai e botando contas de se me custaba menos ir á facultade en bus ou en coche. E chegamos á conclusión que por ahí andará a cousa, porque os buses cada día custan máis ( o Arriva de Betanzos á Coruña custa 2.15€!! unha verdadeira estafa se o usas todos os días) e despois aínda teño que pagar o bus urbano, sumado a que meu pai ten que madrugar todos os días para levarme a Betanzos. E se vou no coche ademáis do carburante teño que pagar 1.40€ pa ir e outros tantos pa volver.

O dito, que como non cambie o panorama eu véxoo un pouco negro... pa que despois veña Solbes a dicir que non estamos familiarizados con euro e Zapatero dicindo que só estamos nun perído "de lixeira desaceleración económica"... tómannos por parvos!!!

Víctor, perdoa ti polo comentario que che deixo eu, pero é que este tema faime ferver o sangue e tamén me cabrea moitísimo.

Un saudo.

Anónimo dixo...

Demos as gracias ao sr. Aznar and company. Agora comenzan a verse as consecuencias. En fin...tes razón así no se porde seguir, non chegan a nada os cartos.

Saudos

Unknown dixo...

Boas! sexa de quen sexa a culpa que paren esta sangría! por favor...

Se tal decimoslles os árabes que teñen unhas vacacións ben pagadas "TODO INCLUIDO" no Levante, no Sur, nas illas ou onde queiran pero que nos baixen o prezo do barril que nos afunden.

Saudos petroleados.

Pitus dixo...

40 Euros...!!!Y nunca mejor dicho,costaba llenar el depósito hace medio año mas o menos.
Ahora son 60 eurazos!!!
Que vergüenza!!
Yo ya ando mirando de comprar una scooter que chupa menos.
Tambien está la posibilidad de ponerle ruedas a un mechero y a carburar...me cago en la ostia...!!!

Anónimo dixo...

oe, pois o do mechero se cadra ainda era boa idea...jajaja

Unknown dixo...

Pitus: hoy he vuelto a la Timo-linera: 1,31.4 euros españoles el litro de diésel. La madre del topo, je je je.
Vuelve la época de andar en bicicleta...je je je, nosotros por supuesto con sillín!

Vero: a verdade é que visto o visto calqueira argucia é boa con tal de aforrar uns céntimos..., je je je.

Saudos