xoves, 29 de maio de 2008

Por Deus que non me esquenza

Mañan logo de xantar marchamos rumbo a Barakaldo para a voda de Javi Tarrío polo que sentindoo moito ata luns abandoarei este blog pero o luns prometo traer novidades.

Mañán pola mañán teño moito axetreo: ir a Melide polo traxe que estaba a limpar, lavar e aspirar o coche, organizar o calzado, meter na mochila a cámara de fotos e o cargador do móvil e facer a maleta. Este último punto quero recalcalo pois non quero que me pase coma a última vez que fixen a maleta con todo o coidado do mundo pero quedoume en Sobrado no coche de Pichi "alías" Finito de Vilariño.
Penso que de esta vez non me vai esquecer pois levo eu o coche e o primeiro que farei será metela no maletero xunto coa mochila, o traxe irá no habitáculo. Ademáis sei que non me vai esquecer nada por unha razón moi sinxela: miña nai vaise encargar de facerme unha "marcaxe exhausta" toda a mañán para que non se me olvide nada, estou completamente seguro aínda que pola conta que me ten seguro que xa non me ía quedar nada en Sobrado porque unha vez pasa pero dúas non. E se pasa vai ser mellor que veña por ela aínda que sexa dende Barakaldo porque o vacile, puteo, etc, que me pode caer pode ser histórico sobre todo por parte de Miguel, que xa me veu "con cara de incredulidade" en Salamanca.

Sobre as 17:00 horas marcharemos rumbo a Euskadi ( a ver se na Ponte de Ribadeo non hai folga de mariñeiros e camioneiros) e se todo transcorre con normalidade as 22:00 horas aproximadamente estaremos en Barakaldo.
Contactaremos con Pitus a ver que liamos pero seguro que o imos a pasar FUERTEMENTE!

Nada máis meus

Pasade boa fin de semana

Eu comezo o marathon de vodas: sábado Barakaldo, para o seguinte Ponferrada, e dentro de dous máis Teixeiro, ademáis o 28,29 e 30 de xuño Festa do San Pedro en Sobrado: qué máis se pode pedir? Qué me toque a Primitiva de unha vez,porque vaia mesiño!!!!!

SAUDOS CERIMONIOSOS

9 comentarios:

Anónimo dixo...

pasalo moi ben na boda e sentidiño na carretera.

un aperta

Anónimo dixo...

PASAO MOI BEN ¡¡¡ e traenos aljo..... jijiji. NADA , COMO CHE DIRA TUA NAI.... IDE AMODO.... .

APERTAS . EVA .

Anónimo dixo...

euskadi cacatua xiskato(aparta de ai jaliña) arde luchana co lume forestal arde peron non queima,temos que ter tino coa peluquera

Pitus dixo...

Gaseosa Cruz del Gorbea!
Pidela en tu Batzoki,la ostia!!!

Unknown dixo...

Grazas a todos, a voda estivo xenial e o finde moi ben. Eso si, o sábado case saimos a nado, vaia diluvio.
Mañán farei un resumo do que foi o finde que hoxe aínda estou machacado da viaxe.

Graciñas por estar ahí.

Anónimo dixo...

Ai, como son as mamás eh! Que sería de nós cando imos de viaxe sen elas repasando a maleta?

Alégrome que o pasaras ben, que cantidade de vodas tes mamaíña!

Un saúdo de luns...

Anónimo dixo...

Xa sei que é martes, pero eu aínda estou de luns...daí o meu saúdo jejeje

Unknown dixo...

Pois si que sería de nos sen as nais. O sábado toca madrugar para arrancar destino ó Bierzo. A este paso vou editar unha guía turística da zona Noroeste de España, je je je.

Saudos

Anónimo dixo...

Pois xa podías, porque co que ti paseas...

Saudos.