Christian Wilhelmsson
A nova máis reseñable das últimas horas na Coruña non é que o Deportivo fixese unha fichaxe senón que unha Top Model internacional vivirá polo menos ata xuño na cidade herculina.
A moza non hai máis que vela para darse conta dos seus encantos (que conste que puxen unha das fotos máis "suaves" que tiña) e penso que causará furor en "La Ciudad donde nadie es forastero". Oksana naceu en Rusia en 1984 e xa con 10 anos trasladouse a Suecia.
A todo esto dicir que o Depor fichou a Christian Wilhelmsson, un internacional sueco (48 veces) que xoga en banda dereita, que pode darlle un salto de calidade o equipo coruñés tan necesitado de operarios no flanco atacante dereito.
As cualidades máis sobresaintes de "The Chippen" son o regate e o centro, pode xogar de media punta, interior ou lateral dereito e o seu maior defecto é a carencia de gol.
Particularmente aledame esta fichaxe porque o pouco que o puiden ver, en reportaxes cando militaba no AS Roma, no Bolton Wanderers e na Selección de Suecia dame a sensación que na nosa Liga vai triunfar, ogallá no me equivoque.
Unha anécdota: a Oksana e Christian chámanlles en Suecia "Os Beckham", quitade as conclusións que queirades...