Por fin!, o venres será o último programa de "Aquí hay Tomate" tras 5 edicións.
Eu particularmente alégrome un montón porque son este tipo de programas televisivos os que fan atontar a xente e preocuparse do que lle pasan os famosos cando penso que na actualidade hai cousas máis serias polas que preocuparse xa que os famosos non nos dan de comer. É máis, grazas a este programa existe un número importante de "frikis" que viven do conto, de liarse coa prima da sobriña do cuñado de Evaristo El Rey de la Baraja que toreou nas Ventas nunha corrida benéfica e fíxose famoso porque lle caiu o pañuelo o chan.
Ademáis alégrome tamén de maneira extraordinaria polo seu presentador Jorge Javier Vázquez, un dexenerado en toda regla e un "metomentodo" que non sei como non lle teñen partido a cara con algunhas acusacións que ten feito (meténdose en camisas de 11 varas sen ter necesidade de facelo).
Agora agardo que Telecinco no lugar do "Tomate" elixa unha programación que mereza a pena e non algo que faga a xente volverse tonta e cotilla.
Supoño que Carmen Alcayde non terá problema para encontrar traballo na faceta televisiva que sexa, a J.J. Vázquez véxollo máis crú...
Así que agora si que o podo dicir: "Hala, toma tomate!"
Je je je je je
5 comentarios:
toma que toma, que toma que toma que toma que toma ta....
era horas carallo!!! por fin vou poder ver os bailarins de fama! a bailar!!! sen que miña nai faja zapping pa ver os tomateiros y el pim pam pim pam....jjajajajajaa
a ver que carallo de "telenovela" poñen ajora... porque fixo que toca una "venezolanonovela"juas.....
ais vitormanueljosefrancisco de mi vida!!!!
Ahora solo queda conseguir que la gente no sea tan cotilla en las calles de nuestros pueblos y que no les interese mas la vida de los demas que la suya propia.
Aunque eso es como pedir peras al olmo.
Alabadiño sea Dios!!! Por fin se impón algo de cordura neste país!!
Este programa era un atentado contra a intelixencia da xente, tómannos a todos por idiotas e o peor de todo, aínda cren que o que din ten interese xeral, que todo Cristo está pendente do que digan! Eu non sei como aguantou tanto en antena, desde logo que non me explico como tanta xente estivo tanto tempo vendo "isto". E o mismo co Gran Hermano ese, unha vergonza tras doutra.
Eu vino algunha vez facendo zapping e é un horror. A saber o que nos poñen no sitio...medo me dan estes de Telecinco!
-Nishita: la Fama cuesta dinero..., je je je.
-Pitus: lo de los pueblos Missión Imposible, es más difícil que haya cotillas que nos toquen los Euromillones. Que plaga!!!
Vero: tes razón, seguro que Telahinco se arranca con outro dos seus "super-programas" que fan "culturizar" os televidentes... que cadena máis patética.
Pois cada vez que o anuncian poñen unha conta regresiva, no te lo pierdas!! Esto da pena. A ver se botan o condenado capítulo dunha maldita vez e nos deixan culturizarnos á nosa maneira.
Publicar un comentario