Hai moita xente entre os que me incluo que cando nos visitan varios días de choiva seguidos un acabase aburrindo de ver chover. De todos os xeitos estamos nunha estación que a choiva (ata o de agora) era o máis habitual pero non sei se debido o cambio climático ou a que "leites fritas" Galicia xa non é tan verde e tan humida coma antes. Está todo bastante seco e xamáis recordo un inverno tan seco nos meus 29 anos de vida.
Por eso, hoxe cando me levantei e vin que estaba orballando un pouquiño aledeime, antonte choveu bastante forte pero é que actualmente chove un día e logo xa para, non é coma "antes".
Coñezo xente que lle secaron os seus propios pozos e houbo unha tempada no mes de novembro que a xente en xeral comezaba a desesperarse "non da chovido" dician uns "o tempo está coma o carallo -con perdón-" dicían outros, "esto un día vai reventar" opinaban os máis pesimistas...
Onte pola tarde camiño da Coruña pola AP9 a altura do embalse de Cecebre fixeime no pantano e penso que xamáis vin tan baixo o nivel da auga, canto menos é para preocuparse...
Parece que para hoxe pola tarde dan choiva e para mañán máis forte aínda que asemella que para o sábado pola tarde parará de chover.
Como din os vellos "a ver se a auga cae ben caida".
Bendita choiva...
7 comentarios:
Desde logo, o 2007 foi un ano atípico en canto á meteoroloxía. Un verán pasado por auga (choveu ata o Santiago, polo menos) seguido dun outono sequísimo. E o inverno por ahí vai tamén.
Nos meus 22 aniños de vida estreados onte tampouco recordo ver o encoro de Cecebre tan baixo. Levo meses observándoo cando paso por alí e case da peniña velo.
En fin, agardemos que o dito dos vellos se faga realidade axiña (aínda que eu tamén me canso pronto de ver chover).
P.D.: Agora mesmo aquí está chovendo a base de ben!
MOITAS FELICIDADES CHICA, NON TIÑA NIN IDEA, AGARDO QUE PASARAS UN FELIZ DIA. XA VERAS COMO OS "2 PATIÑOS" CHE VAN TRAER SORTE.
Bicos
MOITAS GRACIAS!!!!! A verdade é que sempre que cumpría anos me daba rabia abandoar a idade que tiña antes, pero este ano non, gústame o 22 jeje.
Graciñas. Un bico.
Felicidades vero86!!
Aquí en Bilbo tampoco llueve ni ostias ya!
Por lo menos lo que ha llovido siempre.
A mi la verdad con que llueva lo justito me vale,que no me gusta nada.
MUCHAS GRACIAS PITUS!!!
Por lo que veo, a mi me pasa como a ti con la lluvia, en cuanto llueve 3 o 4 días seguidos ya estoy hasta el moño de tanta agua.
A min a choiva repugname rápido, polo tanto cando xa non faga falta a choiva que marche que o sol da moito a vida.
É que este tempo deprime a un santo. Vale que é necesario que chova, pero ser é un engorro. Das un paso fóra da porta e xa estás coma un pito. Que noxo!
Publicar un comentario