martes, 8 de xaneiro de 2008

A vergoña da Selección Galega




Moi boas, o que vos vou contar hoxe aínda que parezca unha trola é unha verdade coma un mundo. Teño testigos, Álvaro e Nando poden garantizar que a conversa foi certa.

O día 27 logo do partido da Selección Galega fronte a Camerún o que asistimos varios amigos de Sobrado decidimos sair de copas por Vigo.

No segundo pub onde entramos atopamos a Rubén González Rocha, natural de Conxo (Santiago de Compostela) e central do Celta de Vigo, o ano pasado estivo nas filas do Racing Club de Santander e proven das categorías inferiores do Real Madrid (tamén estivo cedido polo clube merengue no Borussia Mönchengladbach alemán e no Albacete Balompié).

Álvaro e eu decidimos ir falar con él e máis tarde sumouse Nando a conversa, aquí comeza unha historia incrible:


Álvaro comentalle a modo de coña: "Rubén para o ano vas xogar de central no Depor con Piscu". Él responde, nun acento castelán forzado e macabro: "yo ni de coña, la gente habla de Piscu y ese tio no es nadie, yo jugué más partidos que él en primera, además el para el año juega en segunda y yo en primera".

Álvaro dille: "coño, pero de onde sacache ese acento tan castelán, acabas de xogar coa Selección Galega e tes un acento de fóra de carallo". O "xogador" todo orgulloso di: "chaval, yo viví en Madrid, en Albacete y en Santander y por ese tengo ese acento". Álvaro contéstalle "pero o galego falaralo? de onde eres?" Rubén contesta"soy de Conxo (con un acento que tiraba para atrás) pero no me gusta hablar el gallego y no me da la gana de hablarlo". Álvaro medio chinado respondelle: "e Arsenio non che di nada por falar o castellano e encima con ese acento?" o central do Celta di a frase da noite "Arsenio no me dice nada, además Arsenio es un pailán, yo no fui a llamar a nadie para jugar en la Selección Gallega, a mi me vinieron a llamar", eu quedei coma se me deran duas hostias, o tio este non nos coñecía de nada, poderíamos ser periodistas e o día seguinte sacar na portada de calqueira panfleto deportivo a frase de menosprezo o "Zorro de Arteixo". Se tivese dous dedos de frente este amago de futbolista non diría semexante subnormalidade dun referente do fútbol galego e español que se tivese a idade do xogador de "Conjo" mexaría por él cos seus regates.


O tío entre outras cousas seguiu dicindo "porque yo jugué con los mejores jugadores del mundo en el Real Madrid (non sei se chegaría a xogar unha ducia de partidos na tempada que estivo no primeiro equipo), estuve en Alemania jugando (ese ano o seu equipo o Borussia Mönchengladbach descendeu a segunda división), en Santander (debeuno facer moi ben para recalar nun equipo de segunda división española con 25 anos)..."


O final abandoamos a conversa e o tío deixounos claro que estaba moi ledo do seu acento castelán forzado, artificial e esaxerado (unha cousa é falar castelán que é moi respetable e outra cousa e facer o "indio" co idioma), dímolo por imposible.


Rubén, unha cousa che digo neno, centrate na túa profesión, non te metas en camisas de once varas, respeta sempre a xente maior e o máis importante: SE NON QUERES XOGAR COA SELECCIÓN GALEGA NON PASA NADA, SEGURO QUE HABERÁ OUTROS CENTRAIS GALEGOS QUE ESTARÁN O TEU NIVEL, O EQUIPO IRMANDIÑO NON VAI NOTAR A TÚA FALTA.


Saudos

12 comentarios:

ToquesCF dixo...

Non sabía q nun ano no celta xa teña tanto odio e envidia tanto o Depor coma piscu.
A verdade, que pena non ter unha grabadora nese momento, xa q esas declaracións teñen moito morbo.

Unknown dixo...

A verdade é que un xogador que mamou nas categorías inferiores do Real Madrid onde se supón que non só lle aprenden a xogar o fútbol senón a formarse coma persoa na vida debería ser un pouco máis comedido nas súas manifestacións diante de extranos como eramos nós nese intre.
Pense o que pense interiormente non debe manifestalo nese modo tan basto e tan groseiro, tense que dar conta que é unha persoa pública e as palabras de este tipo de xente teñen sempre moita relevancia.
Ademáis se vai en plan estrela pola vida vai mal pois está xogando na 2ª DIVISIÓN co Real Club Celta de Vigo non no Calcio co A.C. Milan.

PON OS PES NO CHAN RUBÉN E ATERRIZA

Anónimo dixo...

Sempre hai alguén que vai pola vida de divo e solta cousas fóra de lugar, pero que se lle vai facer...

Ser é unha lástima que non resultárades ser periodistas, porque a tal hora isto xa estaría nos xornais de toda Galicia e nas televisións.

En fin, se o citado suxeito ten o pracer de ler este blog teu, xa lle debeu quedar claro o que pode e o que non pode dicir e a quen llo di, porque todo se acaba sabendo!!

Un saúdo.

Anónimo dixo...

Os xogadores teñen vida persoal, polo que cando se lles queira falar de futbol ou da sua vida profesional que sexa no lugar indicado, porque coma vos seguro que houbo mil.
O tio se lle sege o rollo a xente, no lugar de ir tomar unhas copas (coma vos) vai dar unha roda de prensa.
Os periodistas non van traballar a un bar de copas cos ollos roxos.
O do depor e bastante creible.
O de que hai moitos pa xogar no seu lugar, gustariame a min saber os que irian se non fose pola opinion publica; ou ti es dos que crees que joden un dia das suas vacacions por quedar ben ca terra.
Por certo, que despois choran polo minimo, pero que ese dia son todos moi bos e moi fortes.
En canto o idioma, cada un fala o que quere ou o que lle aprenden, pero que pa eso non fai falta falar de xente que sae na tele, senon que no recuncho mais pequeno dun concello calquera sempre hai quen fala o castelan; e inda peor, na discoteca cun LIGUE falamos chino se fai falta.
E a modo de comentario, non por joder

Unknown dixo...

Anónimo pareceme moi respetable a túa forma de pensar pero na miña humilde opinión pensó que Rubén mexou "fóra do testo" no tema de Arsenio. Hai que ter respeto polos compañeiros de profesión e sobre todo dunha persoa que pasa dos 70 anos e que non creo que lle faltara o central do Celta de Vigo.

Comentas o tema dos ollos vermellos, Rubén non estaba tomando auga precisamente no pub onde coincidimos, é normal, é xoven e ten dereito a divertirse.

No tema dos centrais que irían a Selección Galega penso que para calqueira futbolista é un orgullo xogar cunha selección e máis no caso da maioría dos futbolistas da "Irmandiña" que non poderán xogar na Selección Española pois hai moitos futbolistas a nivel nacional por riba deles. Polo tanto na única selección que xogarán na súa vida profesional é Galiza.

No tema do idioma, QUE QUEDE CLARO que eu non o critico por falar castellano, todo o contrario, xa digo que é moi respetable, teño moitos amigos e amigas que o falan e non por eso son menos amigos meus. O que pasa é que este rapaz falao con unha esaxeración e un acento tan forzado que non o cree nin él.

Nada máis.

Saudos

Anónimo dixo...

Hola!!!

Eu creo que ante todo hai que ser persoa e ter un pouco de educación e respeto, creo que se lle suben moitos os fumes o paisano e debería ser humilde por moito xogador de futbol que sea.

Saúdos Victor.

David Castro.

Anónimo dixo...

Vamos a contar mentiras tralara!!!!

Álvaro dixo...

Moi boas Lato!
Levo uns días sen visitar o teu blog e xa vexo que estas moi activo.
En primeiro lugar quero dar fe de todo o que redactou Victor en referencia a este tema, xa que eu vivín a LAMENTABLE escena en primeira persoa.
Xa me gustaría ter gravada a conversación e escoitar as declaracións de Rubén cando a escoitase toda Galicia.
P.D.:O primeiro e ser persoa e despois que cada quen gañe os cartos como boamente poida.

Unknown dixo...

Qué pasa Alvarito! pois si estou bastante activo, será que empecei o 2008 coas pilas recargadas..., je je je (qué non quere dicir que me puñeran as pilas!)

O de Rubén, sen comentarios, onte vino en roda de prensa e acordeime dos seus "burdos" comentarios con nós. él saberá...

Saudos

Pitus dixo...

Este tío tiene muchisimo que callar y no se por que va de divo si ha sido uno de los jugadores mas humillados de la liga española cuando fué sustituido poco después de comenzar un partido con el Real Madrid por decisión técnica,vamos,por que estaba claro que hacía el ridículo.

Anónimo dixo...

Nada pra preocuparse excesivamente, centrais como este hainos a patadas. Piscu ainda non ten moito rodaxe, pero dentro dun par de anos, dalle mil voltas.

Anónimo dixo...

bueno creo qeu esta entrada do teu blog ya queda en desudo en canto a actualidade pero encontreina por casualidade e intereseime por ela creo que es un pouco inxusto co rapz non é que o esté a defender pero e que cada quen opina de quen lleda a gana como quere e debo dicirche que os compostelans a verdade simpatia por todo o que rodee a coruña a verdade e que e un pouco resbaladizo e ademais bueno intentamos ainda que poida qeudar de mal gusto pois facr comentarios coma os que fixo Rubén de todolos xeitos tamen me gustaria dicirche que non minte nas suas palabras eu creo que todo o que dixo e certo a verdade e que e inutil dicir que non porque xogara unha ducia ou tres ou catro partidos co madrid o certo e que no seu palamares aprece unha copa de europa e liga recoñecidas pola primeira plantilla do Real Madrid asi que creo que non minte e que leva razon en todo non?? creo que en canto o de Piscu non di mentira tampouco eu podoche dicir que coñezo a moita xente futboleir na que me englobo e non sabemos quen e e si sabemos quen e Rubén a verdade e que xa para terminar creo que o que de verdade sacou as cousas do testiño fuches ti porque el so dixo o que hai e nada mais e polo menos non mentiu e dixo cousas referintes a sua carreira que creo que quen teña un pouco de siso futbolistico sabe que e certo bueno pois nada mais