venres, 4 de xaneiro de 2008

Volta a normalidade

Acabaronse as vacacións para min (xa non estiveron mal) e a verdade é que as disfrutei o máximo que puiden. O venres 21 tivemos a comida de Empresa, o sábado 22 a cea do Atlético Sobrado co aliciente de que o número que xogabamos o 02345 tivo a pedrea e por se alguén non o sabe a estas alturas, que non creo, tocaronme 520€.
Domingo 23 tivemos outra cea, esta vez na Chousa de Álvaro, o 24 de viños pola tarde, cea correpondente coa familia e logo de festa en Sobrado ata as 6 da mañan.
O día de Nadal tocou Tute toda a tarde e pola noite mini-churrascada no campo de fútbol. O 26 fixemos un día de relax (máis ou menos) e o 27 logo de comer o pulpo na feira arrancamos para Vigo a ver o partido da Selección Galega, chupamos cámara a cañón, a TVG empeñouse en que tiñamos que ser famosos e non me paraban de chegar sms o móvil dicindome "non fagas esto ou non fagas o outro que estas salindo pola tele" (menos mal que non nos enfocaron na segunda metade, metimos en Balaidos 20 cervexas e 2 litros de ron, 1 de whisky e 1 de xenebra sen que os de seguridade nos cacheasen) Logo saimos de rumba por Vigo, que marchon e que risas nos votamos. Voltamos o día seguinte, eso si, parando antes en Poio a darnos un homenaxe coa mariscada de rigor nun lugar moi peculiar que meu Padriño Miguel coñecía. Ese venres as 2:00 AM xa estaba na cama por que a verdade e que estaba baldado. Nando, Javi e Pichi xa se meteron antes na cama, polo que podedes imaxinar como foi a noite viguesa.
O sábado saimos de troula a cañón e chegamos o domingo de mañán as 10:15 horas (por un momento pensei que xa era fin de ano), fun cear a Coruña e deiteime a unha hora prudente (1:30 AM) por que o día seguinte era fin de ano.
En fin de ano o de sempre: de rondas polos bares de Sobrado pola tarde e logo cubateo en Sobrado e as 4:00 AM arrincamos para Melide, eu cheguei a casa as 12:30 AM e durmin ata as 17:50, levanteime, tomamos unhas cervexas e decidimos ir a cear a Lugo Esteban, Pazitos, Li e eu para comezar ben o ano. Logo da cea tomamos unha copa na Cook e para a casiña. O día 2 fun ver o Depor a Riazor (unha magoa a eliminación), tras o partido volta para Sobrado e liada de cubatas o tute e o futbolin, voltamonos a deitar as tantas. Onte foi día de relax coa tarde ocupada xogando a PlayStation e hoxe aquí estamos, DISPOSTO DE NOVO A LOITAR!.

Este é un breve resumo do que foron as miñas vacacións de Nadal, agardo que os Reis Magos vos traian moitas cousas e se podemos picar algo outra vez na lotería mellor que mellor.

Saudos

4 comentarios:

Anónimo dixo...

WOW Víctor!! Menudas vacacións te marcaches campión!!

Mira ti que mágoa que non vin o partido da Irmandiña, que ó pouco de empezar xa cambiei de canle, que se aguantara mirando pa el víate pola tele! jeje Quen vos vería pola galega dándolle ó ron!

Xa pensei que non volvías de vacacións, que abandonado estaba isto! :)

En fin, que che sexa leve a volta ó curro e FELIZ ANO!

Un biquiño.

Pitus dixo...

Completitas Navidades para despedir el año y recibir al nuevo,no vaya a ser que se pierdan las costumbres!
Euskal Herria 1 (Aduriz) - Catalunya 1 (Bojan).
Aquí no hubo retraso en el comienzo del encuentro ni problemas con las primas,je je je...
Feliz año!!!

Unknown dixo...

Por culpa de Camerún pillamos unha boa..., como non daba comezado o partido tivemos que ir fora por máis alcohol e na segunda parte o espectáculo que dimos foi incrible. Menos mal que na segunda metade non nos enfocaron, vaia abrasada que lle metimos a dous presentadores da TVG, tiveron que flipar. Por certo de noite coincidimos con Rubén González o central do Celta que sendo de Santiago dicianos que non sabía falar galego con un acento castelán máis que forzado nun local de copas e estivemos falando con él. Dos poucos futbolistas cos que falei o máis maleducado e máis creido. Xa vos contarei a anécdota completa porque non ten desperdicio.

A noite viguesa fíxose larga e pola mañán chegou a anécdota máis graciosa cando baixamos do Hostal e a señora que o rexentaba (que o día anterior só nos vira 5 minutos) dime, "a ti ayer ti vi en la televisión gallega, te enfocaron un buen rato" eu estaba temblando pensando que se esa señora que só me vira 5 minutos na súa vida me coñeceu pola tele en que actitude sairía para que se lembrara de min...

Foi un auténtico show e a verdade e que a todos os que fumos a Vigo xa nos tarda saber onde vai a ser o vindeiro partido da "Irmandiña".

Saudos

Anónimo dixo...

Nando dice...........SUBELO......!!!!!!!!