De todos é coñecida a deuda que arrastra o Deportivo polo que un descenso a 2ª División (tamén chamada Liga BBVA) é máis seria do que parece, podería traer unhas consecuencias devastadoras para o clube que rixe Lendoiro pois en caso de descenso desfariase o novo contrato televisivo que deberían entrar en vigor en 2009 co que a economía branquiazul sufriría un serio revés que podería derivar en descensos administrativos ata chegar a desaparición do clube.
Aínda que esto pareza moi lonxano, non é ningunha coña e o Depor pode acabar xogando por eses campos de Deus que aínda hai por Galiza.
Agora é cando se ten que ver os deportivistas de verdade e compre acudir a Riazor, o domingo fronte o Valladolid xogamónos unha FINAL, hai que ir apoiar, hai que encher o estadio e animar coma nunca. Entre todos podemos salvar o Depor e pola miña parte non vai quedar, o asento 27 da fila 24 de Pavillón Superior, un domingo máis estará ocupada a partires das 17:00 horas. Levarei a camiseta de Mauro Silva (que me da sorte) e se gañamos celebrareino coma o día que eliminamos naquela auténtica proeza o A.C. Milan con aquel 4-0 (Pandiani, "Magic" Valerón, Luque e Fran) nos cuartos de final da Champions.
FORZA DEPOR
AGORA MÁIS QUE NUNCA, DEPOR CAMPEÓN
11 comentarios:
Agardo que os ánimos que reciban dende as bancadas fagan o seu efecto e noso Depor logre sair do burato axiña.
Que paciencia hai que ter...
Eu son galego da terra.
Eu dende que ficharon a o señor Lotina xa souben que este ano tocaba descenso fijo. Agora só espero que se libren de Lotina, que os xogadores espabilen dunha vez, se poñan as pilas e saquen o equipo do burato, porque como descendamos si que é verdade que pode pasar o que parece imposible e o Depor poida desaparecer, xa que a deuda é moi grande e sen a axuda dos ingresos televisivos a ver quen invirte no clube os millóns que fan falta para sanear a economía blanquiazul.
pdta: Gracias por enlazarme no teu blog. Vou engadir eu tamén no meu blog o teu mais o blog do CASX.
Lotina é un adestrador que non parece mala persoa pero que lle imprime un caracter tristón o equipo. As súas expresións sempre son de tristura e eso contaxiase tamén (por difícil que pareza) no vestiario.
A ver si espanta o gafe de descensos que o persigue porque senón ímolo pasar realmente mal.
Saudos compañeiros de sufrimento.
Eu non poño en dúbida todo iso que dicides, pero tamén creo que estas situacións non teñen un só culpable, e facer de Lotina a cabeza de turco non me parece xusto,porque é moi fácil destituír o adestrador cando as cousas van mal, pero quenes xogan son os futbolistas, non el.
Así, desde aquí rompo unha lanza a favor do adestrador (que non lle quito a culpa que poida ter, pero que tampouco lla boto toda a el).
Eu tampouco cargo todas as culpas a Lotina e se dou a impresión de que quixen decir eso pido disculpas. Queda claro que cando unha empresa non funciona todos teñen parte de culpa: Presidente (Lendoiro), Director (Lotina) e traballadores (xogadores).
Está claro que a vida do adestrador é moi cruel e cando gaña xamáis se lle recoñecen as cousas pero cando perde é a primeira cabeza de turco (palabra moi apropiada neste caso, je je). Queda claro que é máis fácil votar fóra o adestrador que a 25 xogadores (aínda que a maioría destes non merezan levar por áhí adiante o escudo que viste). A algúns se son eu o míster mandabaos a adestrar co filial (sen xogar que non teñen cualidades nin gañas para xogar en 2ª B) xa verías ti como o estrelato lles baixaba de golpe.
Penso que está claro que non imos fichar nada porque os días pasan, o plazo do 31 de xaneiro esgótase e non temos un can, polo tanto este é o meu equipo ideal e o que penso que nos pode salvar dunha auténtica debacle:
(Sen Valerón)
Aouate
M. Pablo Lopo Coloccini Filipe
Cristian Sergio De Guzmán Guardado
Bodipo Xisco
(Con Valerón)
Aouate
M. Pablo Lopo Coloccini Filipe
Sergio De Guzmán
Lafita Valerón Guardado
Xisco
Al Depor en este momento le conviene un entrenador que concentre en el toda la atención de la prensa y la opinión pública,estilo Clemente,Luis Fernandez,Fernando Vazquez...como ya hizo Caparrós anteriormente,para olvidar problemas con sus jugadores,peleas y tal.
Es decir,concentrar la presión en el mister y no la culpa como ahora con Lotina.
No todo el mundo vale para esto y sino que se lo pregunten a Ander Garitano.
Está claro que necesitamos un entrenador con carisma y que sepa soportar los "hostiazos" de la prensa para desviar la atención y centrar todo en él, estoy totalmente de acuerdo. Yo creo que, a pesar de que no es santo de mi devoción, Javi Clemente cumple ese perfil y de ficharlo sería más mediático que cualquiera de sus jugadores. Yo creo que esto tendría un efecto positivo en el equipo.
Esperemos acontecimientos...
Outro que se nos escapa: Javier Clemente ficha pola Selección de Irán, non sei a este paso estou vendo a Mané como único sustituto e para eso prefiro que se quede Lotina.
MANÉ NON POR FAVOR!!!!!
Para nada Víctor, non digo iso porque ti lle botaras todas as culpas a Lotina, que sei que non o fixeches, era só para darlle un voto de confianza.
A ver que pasa esta fin de semana, porque lin nun xornal que é moi probable que marche se perden...a ver que pasa.
Saudos.
agardo que non teña que marchar, polo ben de todos!!!!
FORZA DEPOR
Eu tamén espero que non sexa necesario, porque se marcha será mal sinal... Ai que medo me da isto!
Publicar un comentario