mércores, 9 de xaneiro de 2008

Profesional, muy profesional


Se existe unha película que me fixo rir coma nunca na miña vida esa é Airbag de Juanma Bajo Ulloa.
Quen non recorda a Pazos (o galego Manuel Manquiña) co seu comentario "Carmiña, mira, yo dejo esto, es muy estresante, noo, interesante no, estresante" ou con este outro "la madre que me parió que preparados vienen los de fuera".
Creo que vin Airbag unhas 4 veces e cada vez encontrolle gracias novas nos diálogos, fai pouco máis de dous meses La Sexta voltouno a emitir e unha vez máis volvinme a tronchar.
O cine español, que polo xeral non é nada do outro mundo obtivo con este film unha bocanada de aire fresco na sátira e a parodia dunha sociedade.
Para min ten dous puntos moi guapos a película: o Lehendakari vasco é de cor negra e un cura (Albert Plá) actua tocando coa súa guitarra o "Yo soy Rebelde" nun clube de alterne ou de mulleres de moral distraida (como prefirades).
O elenco de actores que actúan en Airbag é do máis variado polo que hai actores consagrados como poden ser Karra Elejalde, Fernando Guillén Cuervo, Alberto San Juan, Manuel Manquiña, María de Medeiros, Francisco Rabal, Rosa María Sardá, Pilar Bardem, Fernando San Segundo, Luis Cuenca, Raquel Meroño ou Aitor Mazo intercalados con actores "de improvisto" coma o cociñeiro Karlos Arguiñano, o ex presidente do Athletic de Bilbao José María Arrate ou o cantante catalán Albert Plá.
Esta é a sinopse:
A vida de Juantxo é perfecta. A súa familia, pertencente a alta burguesía vasca, encargouse de ofrecerlle todo o que un pai considera o imprescindible para facerse un oco na alta sociedade: unha carreira universitaria, un estupendo traballo e incluso unha moza guapa e rica. Mentres celebra a súa despedida de solteiro no "Big Club" cos seus dous amigos, Pako e Conradin, perde o seu anel de compromiso, unha valiosa xoia valorada en 30 millóns de pesetas, de seguido descobren que o anel está en mans de Joao Villambrosa, un peligroso mafioso, coñecido polos seus negocios turbios e propietario de todos os burdeis da costa norte de España.
A película non é recomendada para menores de 13 anos e dura 132 minutos.
Se non tiveste a oportunidade de vela recoméndovola porque as risas están garantidas e se só a vistes unha vez voltade a vela xa veredes como vos quedades con máis diálogos que son moi ocurrentes e irónicos.
Saudos

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Nunca vin esta película, pero a partires de agora fago apunte mental de vela. Se o xenial Manquiña solta esas "perlas" non debe ter desperdicio. E se ti a recomentas tampouco (pa que vexas que me fío do teu criterio cinematográfico jeje).

Saúdos.

Unknown dixo...

Manquiña perlas? je je je, máis que iso, outra moi boa é: "tiene mucho dinero, nada en la ambulancia". Je, je je

Eu recomendou para votar unhas boas risas, está claro que non é a mellor película da historia pero a min alegrame o día cada vez que a vexo.

Saudos

Anónimo dixo...

Pero diso se trata, ou polo menos para mín. Eu non necesito ver a mellor película de todos os tempos, simplemente unha que me faga pasar un bo rato e me entreteña. E se me fai rir mellor que mellor.

O de nadar na ambulancia é boísimo, qué risa cando o lin jajaja.

Un bico.

Unknown dixo...

Pois imaxinate a frase dita co acento de Manquiña, é para troncharse, cando poidas alquilar Airbag non o dudes.

Anónimo dixo...

A min ese tío sempre me fixo moita gracia, así que non teño dúbidas de que debe ser a repera. En canto poida véxoa!

Pitus dixo...

Lo mejor de la película es cuando Karlos Arguiñano se come la tortilla de "setas" y se queda como está.ja ja ja.

Unknown dixo...

El punto del Lehendakari negro es muy guapo. Y el de Albert Plá de cura tocando "Yo soy Rebelde" en el puticlub ni te cuento...