luns, 28 de xaneiro de 2008

Soplo de aire fresco

Xisco logo de marcar o 2-0 onte


Onte foi un día moi importante para min. Levaba toda a semana nervioso e coméndome a cabeza polo Depor pois no partido de onte xogabamos un "match ball", de perder o partido fronte o Real Valladolid teríamos serías posibilidades de acabar cos osos na división de plata do fútbol español.

A verdade e que onte asistiu a Riazor máis xente do que habitua normalmente (según din os periódicos uns 15.000 pero eu penso que había sobre 20.000 afeccioados), parece que a xente por fin se empeza a dar conta do que nos estamos a xogar nesta tempada.
Bo ambiente en no Estadio herculino coa volta dos Kilomberos de Monte Alto logo de moito tempo de ausencia que lle deron ritmo as gradas e fixeron bailar o persoal xa antes de comezar o encontro.
A verdade é que o novo esquema de Lotina 5-4-1 pode gustar ou non gustar pero esta claro que na situación na que estamos non podemos andar regalando goles e onte a defensa foi un auténtico fortín.
Por fin onte entrou o balón (tantas veces caprichoso nesta tempada) e o Depor demostrou que ten equipo para estar na metade de taboa (sen moitos alardes eso si).
Ademáis onte todo o estadio branquiazul cubreuse de MAXIA o ver voltar a Valerón nunha convocatoria (sinceramente fun pesimista no seu momento e pensei que nunca xamáis voltaríamos a ver o de Arguineguín vestido de curto).
No momento en que foron dadas as alineacións e se nomeou a Valerón Riazor voltou a vibrar.


E a MAXIA voltou a Riazor, corría o minuto 75 de partido cando Lotina decide facer o troco máis esperado da tarde: Andrés Guardado, logo de facer un partido de antoloxía daba paso a SU EXCELENCIA JUAN CARLOS "FLACO" VALERÓN (así foi como foi presentado o cambio por megafonía) todo Riazor se puxo en pé e houbo unhos berros atronadores de ánimo como fai moito tempo que non recordo na "nosa casa" onde vibraron os cementos do Estadio.
A verdade é que xa nos deixou un luxo, tiroulle un caño o lateral dereito do Valladolid logo de recibir unha patada que non viña a nada que fixo levantar a xente das gradas, parecía como se non houbese pasado o tempo e a xogada case remata en gol.
Sen dúbida que onte todos saimos moi ilusionado e xogando coa seriedade que se xogou onte conseguiremos sair do pozo.
O FÚTBOL DEBE ESTAR CONTENTO COA VOLTA DE "MAGIC" VALERÓN OS TERREOS DE XOGO.
SORTE
Forza Depor

9 comentarios:

Anónimo dixo...

AGORA MÁIS QUE NUNCA, DEPOR CAMPIÓN!!!

Que feliz estou hoxe, chico! Onte nn o podía crer. A ver se este partido marca un punto de inflexión, un antes e un despois na traxectoria do equipo nesta tempada, que de sufrir xa imos fartos. E agora toca saír do burato. Menos mal que agora temos de volta a Valerón, canto o botaba en falta!

Agardo que a "resurrección" do Flaco sexa un soplo de aire fresco e os malos tempos marchen. FORZA DEPOR!!!

Unknown dixo...

Buaaaa, que subidón me dou o partido do domingo. Había que ver as caras de felicidade que levaba a xente tras rematar o encontro. Todo Dios andaba polas ruas de boas.
Era un partido a vida ou morte e solventouse de xeito favorable.
A ver se o sábado as 22:00 h no Ruiz de Lopera fronte o Betis o balón quere entrar e confirmamos que estamos en alza.

Forza Depor

Pitus dixo...

Enhorabuena por el partido contra el Valladolid de Mendilibar y a ver si le meteis trece al Betis en Sevilla que es un rival directo tanto vuestro como nuestro y además no lo trago.
Saludos!!!

Unknown dixo...

Al Betis a pisarle la cabeza, a mi me cae como una patada en los mismisimos. Yo siempre tiré más para el lado sevillista, no sé si por nuestro hermanamiento con los Biris o por todo en general pero no me importaría ver al Betis en 2ª acompañando a Levante y Murcia (por Baiano y Pablo García que no los trago y porque Jezú de Cartagena seguro que se alegraría también).

A cuidarse figura.

Anónimo dixo...

Eu contra o Betis non teño o resquemor que noto en vós os dous, pero tamén espero que lles metan 13, ou 14 ou 50 se se pode! O caso é gañarlles.

Unknown dixo...

A min váleme o 0-1 gol de Xisco outra vez.

Anónimo dixo...

A min tamén, de Xisco ou de quen sexa o bendito gol.

Unknown dixo...

Si porque a moza de Wilhemssom non xoga que senón xa marcaba ela. De todos os xeitos poderíamola colocar o lado do porteiro do Betis e que lle dé rollo para que se despistase e mentres aproveitar e tirar a porteria porque seguro que estaba vacía.

Non sería mala técnica, non?

Anónimo dixo...

Sería un pelín machista, pero se ela se presta...