Falar de Barrio Sésamo é falar dun programa infantil que se emitía en TVE e co cal nos criamos miles e miles de nenos aló polos anos 80.
Barrio Sésamo é a adaptación española da serie americana Sesame Street. Quen non recorda a Epi e Blas, a Triki o monstruo das galletas, a Coco (ahora estoy arriba, ahora estoy abajo, ahora estoy delante y ahora estoy detrás), o Conde Drako, a rá Gustavo (o reporteiro máis dicharacheiro de Barrio Sésamo), a Espinete (aquel ourizo rosa), Don Pimpón (eu penso que ninguén sabe aínda que tipo de especie era), a Chema o panadeiro, a Ana (a veciña de Espinete), a Julián (o kioskeiro), a Antonio e a Matilde (pais de Roberto e Ruth)...
Recordo que eu saía do colexio as 17:00 horas e saia coma unha centella con dirección a casa porque as 17:15 horas comezaba Barrio Sésamo e non me perdía nin un capítulo. Penso que coma a min pasaballe o 95% dos nenos de ese momento.
Cando Barrio Sésamo rematou os seus capítulos e foi sustituido por "Los Mundos de Yupi" nada foi igual, e de feito moitos nenos (entre os que me incluo) comezamos a odiar o Yupi este porque nos eramos a xeneración de Espinete, non de Yupi.
A verdade e que penso que os programas infantiles que había daquela a pesares de que eran cutres e mellorables (Barrio Sésamo, La Bola de Cristal...) eran moito máis educativos que os que hai na actualidade para os cativos.
Non sei que opinión vos merece isto...
Saudos
6 comentarios:
Barrio Sésamo é un clásico da tele. Quen non o viu? Eu nacín no 86 e recordo ver barrio sésamo, sen embargo, os mundos de Yupi non...así que eu tamén son da xeración de Espinete, que por certo, ninguén sabe aínda porqué ía todo o día espido e para durmir puña pixama...
Agora as cousas cambiaron tanto tanto tanto...que en vez de ver as reportaxes da ra Gustavo, os cativos (e non tan cativos) ven a Shin Chan dicindo "cuíño cuíño" ou colléndolle as bragas provocativas á súa nai mentres pon de sombreiro o sostén...
En fin, sen comentarios.
Saúdos.
Penso que foi unha pregunta sen resolver de millóns de nenos en todo o país: porque Espinete vai espido e para durmir pon o pixama? Sería para non poñer o cu o aire? je je je
Saudos
Pero despois pola rúa andaba co cu ó aire... non ten moito sentido. A non ser que teñamos en conta a parte erótico - festiva de tal hábito...
Esto recórdame algo que escoitei fai unhas semanas en Ponte a Prueba (Europa FM). Dicía unha das rapazas do programa que ela ía sempre sen bragas, pero que chegado o momento de f*** (é que son moi mal falados jeje) poñíaas!! Dicíalle o presentador que iso era o mundo ao revés: cando todo o mundo leva posta a roupa interior, ela non. E cando o resto dos mortais a sacan, ela vai e pona...
A ver se vai ser que o hábito do pixama de Espinete tiña algo de similitude con isto...
A verdade é que hai xente para todo..., je je je
Veña saudos
Pois si, a este paso xa unha non se asusta de nada jejeje
Te mueves menos que los ojos de Espinete!!
Tienes mas peligro que Espinete vendiendo preservativos!!
Te mueves menos que Don Pimpón en una cama de belcro!!
Publicar un comentario