Hendaya - Donosti - Zarautz - Guernika - Bilbao - Laredo - Santander - Santillana del Mar - Comillas - Llanes - Ribadesella, a partires de aquí duas variantes: interna, por Oviedo (onde enlaza co Camiño Primitivo) ou costeira, por Avilés e Luarca, ate entrar a Galiza por Ribadeo - Mondoñedo - Vilalba - Lugo - Sobrado - Santiago.
Esta é un pouco da historia do Camiño Norte:
Case inmediatamente despois do descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago no século IX os peregrinos comezaron a seguir os camiños astur-galaicos para chegar a Santiago, tendo en conta que a meseta -pola que POSTERIORMENTE trazarían o Camiño Francés- estaba aínda ocupada pola invasión musulmá. A ruta permitía os peregrinos, chegados por terra desde Francia ou desembarcados nos portos vascos, cántabros e galegos, enlazar a tradicional visita ao Salvador na Catedral de Oviedo ou continuar pola costa asturiana ate a ría do Eo.
ADICADO OS MILES DE PEREGRINOS QUE CADA ANO VISITAN E SE HOSPEDAN EN SOBRADO.
BO CAMIÑO
5 comentarios:
Desde logo, esta actualización desprende hospitalidade eh! Con xente así, os peregrinos sentiranse en Sobrado coma na propia casa.
Saudos.
Gracias, je je. A verdade é que os peregrinos e turistas que visitan Sobrado cada ano quedan admirados pola beleza do pobo (e está mal que eu o diga porqué son de aquí) pero aseguran que para ser un pobo pequeno mistura natureza e patrimonio unido a paz e tranquilidade que fai que moitos deste viaxeiros repitan visita.
Saudos
Anda que habré hecho yo pocas veces el camino norte,desde Bilbo a Sobrado,lo que pasa que siempre ha sido motorizado.
Así se lleva más relajada la cosa no Pitus? je je je
Ai...cando me deixarei caer eu por eses lares...
Publicar un comentario