Estes días non lle podo adicar ó blog o tempo que quixese pois ando ultimando o cartel da X Feira da Troita que se celebrará os días 22 e 23 de agosto.Compre destacar que polo que respecta os concertos pode haber una sorpresa moi pero que moi agradable pero de momento non vou soltar prenda pois visto o gafe que temos cos concertos non vai a ser que todo se torza. Hai negociacións moi avanzadas con un grupo nacional punteiro e tan so faltan uns flecos para que este soño sexa realidade. Ogalla saia ben. Confío en que na vindeira semana vos poida contar algo máis..., sen lugar a dúbidas que estou moi ilusionado con esta opción e ogalla como dixen antes todo vai de xeito positivo.
Tamén vos podo adiantar que o domingo pola noite haberá tamén concerto así que nesta décima edición a música en directo non vai faltar. En breves estará todo o cartel pechado e xa será público. Ata de aquela toca agardar.
Saudos




