mércores, 28 de agosto de 2013

Lola 2013 - O Cartel -



A Comisión de Festas de Sobrado 2013 fixo oficial no seu perfil de Facebook o cartel das Festas máis importantes de Sobrado dos Monxes, os archicoñecidos DOLORES. Serán 3 días moi longos e de moito disfrute que algúns alongarán a 4 e o outros incluso a 5. Dependendo a xente que "faga" as vésperas ou que se deite ben entrado o luns pola mañá (tradición por outra parte clásica en Sobrado). Como vedes o sábado hai 3 formacións musicais, entre elas Israel Espectáculo onde á fronte da batería está o músico máis importante de todo o Concello de Sobrado: Pablo Espido. Por non perder a tradición que ven de moitos anos atrás, o sábado haberá festa ata entrado o día coa música do Grupo K.

Se queredes ver toda a info clicade no cartel. FELICES FESTAS!!!

mércores, 21 de agosto de 2013

O "Dolores Rock" xa ten horarios


A cita será o 13 de setembro e o horario de inicio as 19.00 horas. Nese intre, o grupo de Teixeiro ALIVE dará o pistoletazo de saida ó Festival "Dolores Rock".
Serán sete formacións é un DJ, concretamente SR. MAGICK quenes darán son, luz e cor a esta tarde-noite-madrugada que promete e moito.

Recordade tamén os horarios das dúas bandas principais do cartel: SÍNKOPE as 00.00 horas e REINCIDENTES a 1.45 horas.

Vaise achegando o día, NON FALTEDES!

xoves, 8 de agosto de 2013

XIV Edición da FEIRA DA TROITA

A actualidade manda e o certo é que estas últimas semanas non estou a ter do tempo necesario para adicarlle novas "tolerías" o blog como é debido. Estamos xa centrados na Organización da XIV Feira da Troita de Sobrado.

Seguro que a maioría de vos xa viu o cartel no meu Facebook / Twitter ou no da OMIX pero paso a deixalo aquí por se algún/ha rezagado/a aínda non o viu.

A partires do 19 de agosto o blog volverá a súa actividade normal.

Grazas por estar ahí.

Bicos e abrazos.