venres, 26 de xuño de 2009

Ata sempre



Non vou decir nada bo nin malo do Michael Jackson persoa, tan só vou comentar que a nivel musical foi, é e será un dos grandes da historia da música. Alguén que derribou moitos muros, e que fixo dos videoclips un arte. A música pop non se entende sen "Jacko", dende eiquí quero rendirlle esta despedida coa canción que máis me gusta del: "Dirty Diana".

DEP

xoves, 25 de xuño de 2009

San Pedro 2009 de Sobrado


Aquí tedes o cartel anunciador das festas do Patrón de Sobrado (para ir abrindo boca para os Dolores no mes de setembro) e onde a Comisión fixo un importante esforzo para deleitarnos con 3 días de festa.
Comezará o domingo 28 de xuño ó mediodía coa actuación do Grupo de Baile A Maristela de Sobrado, para acto seguido darlle paso a sesión vermouth que correra a cargo da Orquestra Troco.
Xa pola noite ademáis de TROCO actuará o dúo Capicornio (que tripite de xeito consecutivo no San Pedro).
O Luns 29 de xuño (festividade local en Sobrado), comezará coa actuación da Banda de Música de Arzúa o mediodía e na que lle seguirá a actuación do Grupo Triunfo.
Á noite, a festa correrá a cargo de TRIUNFO e o dúo Deseño.
Martes 30 de xuño haberá fin de festa ó mediodía co Dúo Camelia.
VIDE A DISFRUTAR DO SAN PEDRO A SOBRADO, COMEZA O VERÁN, COMEZAN AS FESTAS!

martes, 23 de xuño de 2009

A pregunta da semana

Quen foi "cazado" o pasado venres "orinando" cara o CEIP Virxe do Portal mentres se celebraba unha entrega de diplomas dentro do centro, para sorpresa de profesores, pais e alumnos e él nin se enterou de que había xente dentro?

luns, 22 de xuño de 2009

Volve a festa máis tola

Mañá como todos os 23 de xuño celebrase a noite de San Xoán, unha festa que en Galicia é seguida por milleiros de persoas.
En Sobrado esta festa sempre tivo moito raigame e é coñecida polos excesos que nesta noite se cometen. Ano a ano foi medrando grazas a Asociación Cultural Bocelo e o Club Atlético Sobrado Xuventude, desta volta será a impresionantemente activa Comisión de Festas Sobrado 2009 a que toma as rendas da organización do evento e que nos ten preparada para mañá unha festa onde non faltará nin a lumeira típica de esta noite meiga, nin o churrasco, nin as troitas, nin o alcohol, nin a música. Seguro que a festa será por todo o alto e animo a todo o mundo a que suba a Área Recrativa do Campo Francés a partires das 21.00 horas para facer da noite de mañá unha noite inesquecible.A troula ata altas horas está garantida, e se o tempo acompaña coma hoxe prevese que será unha noite calurosa... a Comisión conta con vos, non lle falledes!!!!

xoves, 18 de xuño de 2009

"Baraja" en Sobrado

O "Camiño Norte" mistura razas, culturas e tradicións que se ven reflectidas en Sobrado cando chegada esta época comeza unha afluencia masiva de peregrinos para pernoctar no albergue do Mosteiro facendo parada obligada para continuar o traxecto do Camiño.
Por este pobo pasou, pasa e pasará xente do máis variopinto, xente extravagante, xente que pasa desapercibida e tamén famosos en maior ou menor escala.
Hoxe tocoulle o turno o "famoseo" xa que anda por estes lares o actor malagueño Canco Rodríguez, coñecido por interpretar o papel de "Baraja" (o amigo de Luisma) na exitosa serie televisiva Aída.
Hai uns intres pasouse pola oficina de turismo e pola aula de informática para mirar uns correos e imprimir uns documentos (quen sabe se as condicicións de un novo contrato para un novo filme...)
A verdade é que parece moi simpático e resultoume moi amable. Xente como Emilio Tato incluso se fotografiou con él. Supoño que a noite deixarase ver polos tabernáculos sobradeses para mañá encarar outra etapa cara a Compostela. A verdade é que non viste moi diferente a como aparece na serie, con camiseta de tirantes e pantalons hippiolos, un estilo moi "mestizo" e as olleiras asegúrovos que non son efectos do maquillaxe da serie, son naturais 100%.

Bo camiño!

martes, 16 de xuño de 2009

Un equipo de Lenda



Os meus parabéns para o novo spot de Estrella Galicia de River Sen 0,0º pola súa orixinalidade.
A cervexeira galega conseguiu xuntar un elenco dos principais xogadores da historia recente de R.C.Deportivo e Celta de Vigo nun aeródromo de Braga para que capitaneados polo "Zorro de Arteixo", Don Arsenio Iglesias fagan un auténtico equipo de lenda. Xurxo Otero, Fran, Mirolav Ratkovic, Nando, Vlado Gudelj, José Ramón, Mosquera, Emerson, Javier Maté, Fabiano Soares e como non podía ser de outro xeito: Djalminha en plan estelar danlle a este spot un toque singular e especial que significa a unión do fútbol galego.

Noraboa!

luns, 15 de xuño de 2009

A pregunta da semana

Qué vividor sobradés (que non adoita a beber coñac nin a fumar) foi visto na noite do domingo con copa de Cardenal Mendoza nunha man e con purito na boca por algún bar de Sobrado?

RECORDAMOS: ESTAS PREGUNTAS NON TERÁN RESPOSTA!!!! TAN SÓ AS SABERÁN OS QUE VIRON O "ARTISTA" IN SITU.

venres, 12 de xuño de 2009

Panorama en Cabrui


Hoxe hai un gran cita na terra de Foucellas, en Cabrui-Mesía. Comezan as festas na honra a San Antonio e nos que somos un pouco bandidos xa temos decidido ir ata alí para ver a Orquestra Panorama. Comeza a tomar corpo o Sobrado On Tour 2009 e hoxe é cita de obrigado cumprimento pois a mellor orquestra de Galicia estará non moi lonxe de aquí. Ademáis aproveitaremos para facerlle unha visita o local de Vanessa, A Taberna que está situado xusto o lado do campo da festa.
Se non tedes plans para hoxe e queredes aproveitar unha noite que se prevee calurosa ide hoxe a Cabrui, é altamente recomendable!.
Saudos, bo fin de semana.

xoves, 11 de xuño de 2009

A Casa do Churrasco


É coñecida pola nosa zona a afección que temos un bo grupo de amigos de celebrar churrascadas entre semana para facer máis levadeira a mesma.
Durante moito tempo a casa de Pedino foi o centro de reunións onde temos rido, vacilado e compartido miles de aventuras e historias pero agora está a piques de nacer outro punto de encontro. Trátase da Casa do Churrasco, non pensedes mal, non é un novo negocio de hostelería en Sobrado nin nada polo estilo, é unha iniciativa que xa está a levar Nando a cabo. Eu bautizoa desa forma, como A Casa do Churrasco, Esteban onte bautizouna como ChapaChurrasco..., veremos agora como a bautiza o dono en cuestión de esta historia.
Explicareivos brevemente: Nando está a reformar a antiga panadería de Roberto interiormente que está situada no centro do pobo, enfronte o Bar Tato para facer alí un centro de reunións...
Non cabe dúbida que o local préstase moito pois dispón de unha lareira de unhas boas dimensións, e un patio maravilloso para poder disfrutar do fresco cando azoten as noites calurosas do verán (que por desgracia en Galicia hai poucas). Ademáis xa ten un croquis feito na súa cabeza de como vai a estar integrado este proxecto no seu interior: levara unha pequena barra onde poucar os "vidros postcomida", duos pipos de viño que tamén servirán de apoio, unha mesa central onde cear ou comer, un home cinema, un pantalla plana, a playstation..., onte mesmo José Luis xa anunciou que él se encargaba de facer a parrilla, en definitiva que pode que o local cando esté rematado (agora mesmo está en obras) vai dar moito xogo, no verán portas para afora e no inverno co calor da lareira. Non quero nin pensar as festas que nos imos pegar..., as mesmas que ata o de agora... con ese licor de herbas miragreiro que Pedino ten na casa e que fai revivir os ollos de un morto.
Neste momento seguro que Nando se atopa picando algunha das paredes con todo o afán de "abrir o negocio" o antes posible.
QUE VIVA A CASA DO CHURRASCO!

mércores, 10 de xuño de 2009

martes, 9 de xuño de 2009

"Volando Voy, Volando Vengo..." ou a historia de un fatalismo

Sei que moitos dos meus compañeiros/as da viaxe que fixemos esta fin de semana a Cartaxena están desexando ler a redacción das aventuras deste finde que sen lugar a dúbidas non teñen desperdicio.

Pasaron 4 días pero a cantidade de cousas que nos aconteceron seguro que non se poden resumir nun simple post, é máis, necesitaría a todos os expedicionarios para axudarme a relatar as aventuras persoais que vivimos cada un de nos, en parte diferentes e en parte iguais pero aventuras ó fin e o cabo. Como sei que vou obviar bastantes cousas, (unhas querendo e outras sen querer) oxalá todos os que compartiron fin de semana comigo e algo máis... vaian aportando ós seus pareceres na sección de comentarios.



A aventura comezou o xoves: logo de sair de traballar recollín a Borja na súa casa rumbo á Coruña onde nos agardaban Álvaro, Laura, Pichi e o Muxico para tomar unhas cañas e cear. Logo de un par de cañiñas no Car Coffe e outra no Hoyo 19 comezounos a rondar a idea de ir tomar algo ó Orzán..., mentres comezamos a alimentarnos a cousa foi collendo corpo pero logo de cear declinamos a idea porque as 5 AM había que levantarse e o fin de semana supoñíase longo...



Durmín na casa de Álvaro e Laura e as 5 AM soou a alarma do móvil anunciando que comezaba a historia en sí da voda, logo de unha ducha rápida baixamos agardando un taxi no que xa viñan Esteban e Yoly rumbo a Alvedro. O pouco de chegar a Alvedro apareceron Pali e a súa nai e por último Borja que traía cara de sono e uns pantalóns de Roger Federer. Tras facturar, decidimos comer algo para non levar o estómago vacío cara a Barajas. Nada máis entrar na cafetería do aeroporto vimos os primeiros coñecidos desta apaixoante e intensa viaxe: os xogadores coruñeses internacionales de fútbol praia Ramiro Amarelle, Nico Alvarado e Roberto Valeiro, que se dirixían a Castellón para xogar un torneo clasificatorio para ó Mundial de Seleccións.



Logo de 3 sorbos a un mal café embarcamos no avión, superados os nervos do despegue inicial decidinme a ler o Depor Sport para olvidarme un pouco do medo a voar. Chegamos a Madrid as 8.10 horas como estaba estipulado no billete e nada máis chegar encontramos a Yolanda, unha prima de Jesús que veu no mesmo voo pero que casualmente non vimos cando entramos no reactor. Ahí comezou o emociante de verdade, tíñamos 6 horas de escala en Barajas e tempo para facer un pouco de todo. Nuns minutos comezamos a ver un desfile de xente coñecida: Pep Guardiola, Valero Rivera e Paco Seiru.lo do F.C. Barcelona por un lado, Luis Miguel Ramis e o seu equipo xuvenil do Real Madrid por outro. Xa un pouco máis tarde, antes de despegar cara a Alicante sería unha delgadísima Mónica Pont a que apareceu preto de nos falando polo teléfono móvil...

O tempo nos aeroportos pasa lento, moi lento e decidimos pasear, ler, acceder a internet, mercar nas tendas..., un pouco de todo.

Xa as 14.25 embarcamos rumbo a Alicante...

Tardamos 45 minutos en chegar e agardábanos un día de sol expléndido, collimos a Mercedes Vito que tiñamos alquilada e dirixímonos rumbo a Cartaxena. Para amenizar un pouco a viaxe e tras ver que o persoal ía un pouco dormido como ía de copiloto decidín que o GPS ía facer a descripción das rutas en portugués coas conseguentes risas menos de Borja que era quen conducía e me repetía: "queres apagar a m.... esa?"



Chegamos a Cartaxena e logo de confundirnos na saida acordamos con "Jezú" quedar no Burguer King onde aproveitamos para mercar uns ricos xelados, e algún tamén para zamparse un bocadillo de peituga de polo coas súas correspondentes patacas fritas. Chegou o noivo da voda e dirixímonos a casa de seus pais para saudalos e coñecer tamén o dúplex onde nos íamos aloxar e onde debo dicir que estivemos de luxo. Logo de deixar as equipaxes e unha pequena parrafada "Jezú" levounos a Roldán (a 20 kilómetros de Cartaxena) lugar onde él e a súa muller Rufi compraron un precioso adosado no que o jacuzzi levantou máis de un comentario saido de tono...



Logo decidimos ir a tomar algo a Roldán onde coñecimos 2 bares-pubs que realmente nos deixaron alucinados. Nun principio a idea era tomar algo alí e ir a cear ó porto de Cartaxena para ver a zona pero os nosos plans trastocáronse un pouquiño. O que ían ser unhas cervexas transformáronse en rondas interminables de cubatas e chupìtos no Cum Laude onde nos trataron de auténtico cine, non sei cantas roldas tomamos porque todos perdimos a conta. O caso é que sobre as 10 decidimos que era unha tontería ir cear porque tiñamos unha festa montada que non se pode describir e a cousa fóisenos das mans...



Saimos de Roldán rumbo a Cartaxena sen moita sede, o chegar a cidade cartaxeneira tivemos un pequeno problema coa furgoneta alquilada pois esta sufriu un leve roce na parte traseira da roda dereita segundo un dos viaxantes da furgoneta "librou a tractora pero non librou a carga..." Chegados a Cartaxena algúns decidiron ir cear e outros decidimos descansar un pouco logo da batalla que acababamos de librar...



O día seguinte despertámonos tocados polos efectos da tarde-noite anterior aínda así fumos comer algo..., eso sí, sen moita gaña, pero era o día da voda e había que espabilar aínda que a decir verdade é que costou o seu. Fumos ata a casa do noivo e logo xa nos arreglamos pois a cerimonia era en Roldán as 17.30 horas. Logo do "acto" decidimos ir ó Cum Laude de novo como agradecemento polos servizos prestados no día anterior, nada máis vernos as camareiras xa se rían porque na anterior xornada a verdade é que non o fixeramos nada mal e quedaronse coas nosas caras...

Entramos alí con gañas de festa e saimos con bastantes máis logo de tomar 3 copas antes de cear,unha vez abandoado o Cum Laude dirixímonos a nova casa de Jezú e Rufi para tomar algo e de seguido para o restaurante Valle del Sol onde nada máis chegar agardábanos outra sorpresa: alí o lado están as granxas porcinas que surten a El Pozo polo que vos imaxinades o olor que se respiraba na entrada do local...

Decir que nos sentamos na mesa 6, que no restaurante equivocaronse ó ubicarnos segundo nos dixo a nai do noivo e é que na comida pasaron mil anécdotas... a máis desagradable que nos tocou unha camareira borde e impertinente que nos quitaba os platos mentres aínda non remataramos de comer e que contestaba con mal tono ó que lle preguntabamos..., na miña vida...



Adicámoslle a "Rianxeira" e "Vivir na Coruña" o noivo mentres duraba o banquete e logo do postre comezou a barra libre. Estivemos alí ata as 8.00 AM que durou a festa, para dirixirnos cara o dúplex de novo co fin de descansar tras facer varias paradas, entre elas unha para preguntar porque nos perdemos xa que o GPS voltouse tolo e aproveitar para facer de unha antorcha un escoba que Álvaro utilizou para barrer. Comentar tamén que o paquete de leña en Cartaxena está caro pois houbo quen a quixo mercar e pedíanlle 5 € por 3 taquiños, o final o compra declinouse.



Chegamos a casa cerca das 11.00 AM e logo de deitarse o noso gozo nun pozo: Jezú e o seu colega o vasco viñeron despertarnos as 12.00 AM para que foramos tomar algo. A verdade é que tiñamos uns caretos que non valían para ver e logo de unha ducha fría e de andar "tordeando" un rato fumos o bar onde estaban estes "elementos" coas súas mulleres, de paso aproveitamos para comer algo tamén porque axiña había que arrincar para Alicante e coller o avión de volta.



Xa na viaxe de regreso a Alicante íamos coa dúbida se na empresa onde alquilamos a furgoneta nos poñerían algún atranco polo golpe que levara na noite do venres pero non nos dixeron nada..., máis que nada porque creo que non viron o golpe en si. Logo de estar agardando polo avión que colliamos as 19.25 horas soa un aviso que se dirixía a nós: "o avión con destino a Madrid sufriría un retraso de 20 minutos por unha avería técnica"..., nese momento a verdade é que a min a mensaxe non me fixo moita gracia e o rum rum xeral foi que mellor que non dixeran nada..., pasados os 20 minutos comentanos que o avión segue coa avería técnica e que en 45 minutos informaríannos sobre as evolucións da avería en si. Nese momento xa nos dimos conta que xa non daríamos collido o enlace en Madrid e que perderiamos o avión, a cousa non ía ben...

Pasados uns 50 minutos achegáronse 2 empleados de Spanair para dicirnos que nos acercaramos a súa oficina que nos explicarían o que sucedía: o voo acababa de cancelarse! esto derivou nunha manada de protestas e mosqueos varios; acababamos de quedar tirados máis de 100 pasaxeiros entre os que se encontraba a ex-miss España no ano 2004 e concursante de La Granja María Jesús Ruíz que estivo falando con nós.

Logo de non darnos moita solución os cabreos seguían "increscendo" e cada un expoñía os seus motivos nas ventanillas de Spanair, dúas empleadas comíanse enteiriño todo o marrón sen que (a pesares de solicitalo toda a multitude) ningún responsable se achegase a dar explicacións. Dixéronnos que non había outros voos polo que tivemos que hospedarnos nun hotel de Elche, concretamente o Holiday Inn Elche, un 4 estrelas que a verdade está de luxo. O aloxamento, o desplazamento en taxi e a comida correron a conta de Spanair (solo faltaría). Fixemos dúas denuncias, unha en Aena e outra en Spanair explicando todo o acontecido xa que todos perdimos xornada de traballo polo que agardamos que esto sexa recompensado (aínda que vai a estar difícil), o aeroporto de Alicante era un caos onde os teléfonos móviles non paraban de funcionar.

O voo que nos dispuxeron para a mañá do luns foi as 8.20 AM e a verdade é que non nos fixo moita gracia pois tivémonos que levantar as 6.15 horas para as 7.00 AM estar na recepción do hotel e pedir un taxi rumbo ó aeroporto de novo.

O chegar o aeroporto longas colas e por fin embarcamos cara a Madrid, nas nosas casas tiveron que flipar pois cada vez que chamabamos era para contarlles unha nova aventura.

Desaiunamos en Barajas preto das 11.00 AM, por certo, como clavan nos aeroportos..., son uns salvaxes cobrando..., tocounos agardar toda a maña ata coller o voo das 14.05 horas aínda nos dou tempo a ver ó novo axudante de Jorge Valdano no Real Madrid, o maño Miguel Pardeza. Collimos o eterno voo dirección A Coruña onde aínda atopariamos outro famoso máis: o escritor coruñés Manolo Rivas e por fin chegamos tras un lixeiro retraso por mor das condicións meteorolóxicas. O que son as cousas, saimos de Alicante as 8.20 AM con 25º e chegamos a Coruña con unha tarde de vento e chuvia que non paraban os demos. Nada máis chegar outro atranco: non tiñamos chaves do piso de Álvaro e Laura polo que non podíamos coller as chaves do meu coche que estaba gardando nun dos seus garaxes...
Borja, Esteban, Álvaro e eu tomamos un taxi dirección ó traballo de Laura para que nos deixara as chaves da casa. Fixemos baixar a Laura, o taxi agardou por nós e dirixímos ó Temple, logo de pagar 24.20€ baixamos do coche pensando que as nosas desventuras remataran pero aínda quedaba algo máis...

Fumos comer algo a "La Gigante" pois dende as 11.00 horas non volveramos a probar bocado e logo de comer Esteban, Borja e eu dirixímonos cara a Sobrado. O chegar a casa de Borja e este baixar a súa maleta detectou un forte olor a viño..., non podía ser, as botellas que nos regalaron na voda ían na equipaxe de Borja e unha delas rompeu mollando de viño tinto da Mancha os traxes de Esteban e Borja que se atopaban na mesma maleta..., a verdade é que xa non sabiamos se rir ou que facer porque parecía que unha serie de causas se confabularan entorno a nós e a dichosa viaxe..., as 17.30 deixei o coche na casa cansado, moi cansado e pensando que en vez de 4 días pasaran 4 meses...

Saudos e cuidadiño con Spanair...

xoves, 4 de xuño de 2009

O Mediterráneo agárdanos cos brazos abertos

Mañá cedo, moi cedo (7 AM) Esteban, Yoly, Alvaro, Borja, Pali a súa nai e eu empredemos dende o aeroporto de Alvedro rumbo á Cartaxena para asistir a voda de "Jezú" que se casa con Rufi.
Lamentar a baixa de última hora de Li, unha auténtica mágoa...

Logo de facer escala en Barajas chegaremos a Alicante as 15.20 horas e ali nos agarda unha furgoneta para viaxar ata a cidade murciana. Xa unha vez en Cartaxena dispoñeremos de todo tipo de comodidades, incluido un duplex que a madriña do irman de "Jezu" nos deixou xentilmente. Grazas.

Seguramente o venres daremos boa conta da noite "cartaxeneira" e o sabado a partires das 17.00 horas comeza oficialmente o "evento", ainda que para nos comeza xa dende hoxe a noite en Matogrande.

A cea esta disposta para as 21.00 horas e logo habera barra libre ata as 8AM, para despois tomar un suculento chocolate con churros, terei que levar Almax...

Xa o domingo colleremos o avion de volta as 19.25 e chegaremos a Alvedro pasadas as 22.30.

Agardemos que todo saia ben, pois de sobra e coñecido o meu panico os avions..., pero bueno..., habera que tomalo con calma e levar unha boa lectura para estar distraido, ja ja ja.

Saudos

P.D: a ver se inserto algunhas fotos da cerimonia a volta.

mércores, 3 de xuño de 2009

Segue a poxa

Segue a poxa no blog da Comisión de Festas de Sobrado 2009 polo George Clooney de Sobrado, o singular Pazitos. Polo que puiden ver, a xente estase comezando a animar, e alguén que firma como Alberto de Minas ofrece 30€ ou ben o cambia por cafetera italiana. Supoñemos que as intencións para con Pazitos de este suxeito non son erótico-festivas senón simplemente o desexo de troulear toda a noite co empresario da Casa do Gado afincado nos Castros.

Animádevos e poxades por él, merece a pena.

P.D: agora tamén Pazitos en Facebook, buscadeo a facedevos seu amigo.

martes, 2 de xuño de 2009

Bojan Krkic comeza a sentir as cores Deportivistas

Diossssssssssssssssssssss
Unha imaxe que se pode repetir no verán en Alvedro

A cara de "cansanzo" de Bojan reflicte ben as claras que a noite foi longa


Dende hai algunhas datas os medios de comunicación deportivos repiten unha e outra vez que o xove valor do F.C. Barcelona Bojan Krkic podería formar parte do proxecto do Deportivo 2009/2010 en calidade de cedido. Para acrecentar máis ese rumores, Bojan disfrutou na noite do sábado da marcha coruñesa cos seus compañeiros de clube logo de rematar a Liga e comer unha mariscada galega en condicións. Parece ser que estiveron no "Twenty Century Rock" tomando unhas copas (grazas a mediación de Gerard Piqué) e que logo algúns xogadores (entre eles Bojan) estiveron no Playa Club, local propiedade do Real Club Deportivo, como fin de festa. Quizais o serbo-español estivo practicando para futuras longas noites coruñesas a curto-medio prazo. O que está claro é que parece ser que a Bojan Krkic gustoulle a marcha da Coruña e a bufanda do Depor.

O 63% dos lectores consideran que se denomina a maio "o mes das flores" porque o prado que teñen ó lado da casa está ateigado de margaridas

Estes foron os resultados da enquisa do mes de maio na que se preguntaba porqué maio se denominaba o mes das flores:

"Por que o pardo que teño o lado da casa está ateigado de margaridas" 63%, 12 votos"
"É o mes do amor e a flor é un regalo doado" 21%, 4 votos
"Por que nesta época non fan máis que abrir xardinerías" 10%, 2 votos
"Nin idea, o único que sei é que me saen granos" 5%, 1 voto

Esta enquisa ten un marxe de erro do 1%.

A gran maioría de lectores consideran que o mes de maio é denomiando o "mes das flores" porque nesta época é cando hai un nacemento masivo de plantas e flores.

Grazas a tod@s por participar e axiña estara habilitada a nova enquisa.

A pregunta da semana

Qué moza de Sobrado "clavouse" nunha braña o pasado domingo no trancurso da comida das "Pías" logo de aventurarse nunha pequena pero excitante excursión?