martes, 9 de xuño de 2009

"Volando Voy, Volando Vengo..." ou a historia de un fatalismo

Sei que moitos dos meus compañeiros/as da viaxe que fixemos esta fin de semana a Cartaxena están desexando ler a redacción das aventuras deste finde que sen lugar a dúbidas non teñen desperdicio.

Pasaron 4 días pero a cantidade de cousas que nos aconteceron seguro que non se poden resumir nun simple post, é máis, necesitaría a todos os expedicionarios para axudarme a relatar as aventuras persoais que vivimos cada un de nos, en parte diferentes e en parte iguais pero aventuras ó fin e o cabo. Como sei que vou obviar bastantes cousas, (unhas querendo e outras sen querer) oxalá todos os que compartiron fin de semana comigo e algo máis... vaian aportando ós seus pareceres na sección de comentarios.



A aventura comezou o xoves: logo de sair de traballar recollín a Borja na súa casa rumbo á Coruña onde nos agardaban Álvaro, Laura, Pichi e o Muxico para tomar unhas cañas e cear. Logo de un par de cañiñas no Car Coffe e outra no Hoyo 19 comezounos a rondar a idea de ir tomar algo ó Orzán..., mentres comezamos a alimentarnos a cousa foi collendo corpo pero logo de cear declinamos a idea porque as 5 AM había que levantarse e o fin de semana supoñíase longo...



Durmín na casa de Álvaro e Laura e as 5 AM soou a alarma do móvil anunciando que comezaba a historia en sí da voda, logo de unha ducha rápida baixamos agardando un taxi no que xa viñan Esteban e Yoly rumbo a Alvedro. O pouco de chegar a Alvedro apareceron Pali e a súa nai e por último Borja que traía cara de sono e uns pantalóns de Roger Federer. Tras facturar, decidimos comer algo para non levar o estómago vacío cara a Barajas. Nada máis entrar na cafetería do aeroporto vimos os primeiros coñecidos desta apaixoante e intensa viaxe: os xogadores coruñeses internacionales de fútbol praia Ramiro Amarelle, Nico Alvarado e Roberto Valeiro, que se dirixían a Castellón para xogar un torneo clasificatorio para ó Mundial de Seleccións.



Logo de 3 sorbos a un mal café embarcamos no avión, superados os nervos do despegue inicial decidinme a ler o Depor Sport para olvidarme un pouco do medo a voar. Chegamos a Madrid as 8.10 horas como estaba estipulado no billete e nada máis chegar encontramos a Yolanda, unha prima de Jesús que veu no mesmo voo pero que casualmente non vimos cando entramos no reactor. Ahí comezou o emociante de verdade, tíñamos 6 horas de escala en Barajas e tempo para facer un pouco de todo. Nuns minutos comezamos a ver un desfile de xente coñecida: Pep Guardiola, Valero Rivera e Paco Seiru.lo do F.C. Barcelona por un lado, Luis Miguel Ramis e o seu equipo xuvenil do Real Madrid por outro. Xa un pouco máis tarde, antes de despegar cara a Alicante sería unha delgadísima Mónica Pont a que apareceu preto de nos falando polo teléfono móvil...

O tempo nos aeroportos pasa lento, moi lento e decidimos pasear, ler, acceder a internet, mercar nas tendas..., un pouco de todo.

Xa as 14.25 embarcamos rumbo a Alicante...

Tardamos 45 minutos en chegar e agardábanos un día de sol expléndido, collimos a Mercedes Vito que tiñamos alquilada e dirixímonos rumbo a Cartaxena. Para amenizar un pouco a viaxe e tras ver que o persoal ía un pouco dormido como ía de copiloto decidín que o GPS ía facer a descripción das rutas en portugués coas conseguentes risas menos de Borja que era quen conducía e me repetía: "queres apagar a m.... esa?"



Chegamos a Cartaxena e logo de confundirnos na saida acordamos con "Jezú" quedar no Burguer King onde aproveitamos para mercar uns ricos xelados, e algún tamén para zamparse un bocadillo de peituga de polo coas súas correspondentes patacas fritas. Chegou o noivo da voda e dirixímonos a casa de seus pais para saudalos e coñecer tamén o dúplex onde nos íamos aloxar e onde debo dicir que estivemos de luxo. Logo de deixar as equipaxes e unha pequena parrafada "Jezú" levounos a Roldán (a 20 kilómetros de Cartaxena) lugar onde él e a súa muller Rufi compraron un precioso adosado no que o jacuzzi levantou máis de un comentario saido de tono...



Logo decidimos ir a tomar algo a Roldán onde coñecimos 2 bares-pubs que realmente nos deixaron alucinados. Nun principio a idea era tomar algo alí e ir a cear ó porto de Cartaxena para ver a zona pero os nosos plans trastocáronse un pouquiño. O que ían ser unhas cervexas transformáronse en rondas interminables de cubatas e chupìtos no Cum Laude onde nos trataron de auténtico cine, non sei cantas roldas tomamos porque todos perdimos a conta. O caso é que sobre as 10 decidimos que era unha tontería ir cear porque tiñamos unha festa montada que non se pode describir e a cousa fóisenos das mans...



Saimos de Roldán rumbo a Cartaxena sen moita sede, o chegar a cidade cartaxeneira tivemos un pequeno problema coa furgoneta alquilada pois esta sufriu un leve roce na parte traseira da roda dereita segundo un dos viaxantes da furgoneta "librou a tractora pero non librou a carga..." Chegados a Cartaxena algúns decidiron ir cear e outros decidimos descansar un pouco logo da batalla que acababamos de librar...



O día seguinte despertámonos tocados polos efectos da tarde-noite anterior aínda así fumos comer algo..., eso sí, sen moita gaña, pero era o día da voda e había que espabilar aínda que a decir verdade é que costou o seu. Fumos ata a casa do noivo e logo xa nos arreglamos pois a cerimonia era en Roldán as 17.30 horas. Logo do "acto" decidimos ir ó Cum Laude de novo como agradecemento polos servizos prestados no día anterior, nada máis vernos as camareiras xa se rían porque na anterior xornada a verdade é que non o fixeramos nada mal e quedaronse coas nosas caras...

Entramos alí con gañas de festa e saimos con bastantes máis logo de tomar 3 copas antes de cear,unha vez abandoado o Cum Laude dirixímonos a nova casa de Jezú e Rufi para tomar algo e de seguido para o restaurante Valle del Sol onde nada máis chegar agardábanos outra sorpresa: alí o lado están as granxas porcinas que surten a El Pozo polo que vos imaxinades o olor que se respiraba na entrada do local...

Decir que nos sentamos na mesa 6, que no restaurante equivocaronse ó ubicarnos segundo nos dixo a nai do noivo e é que na comida pasaron mil anécdotas... a máis desagradable que nos tocou unha camareira borde e impertinente que nos quitaba os platos mentres aínda non remataramos de comer e que contestaba con mal tono ó que lle preguntabamos..., na miña vida...



Adicámoslle a "Rianxeira" e "Vivir na Coruña" o noivo mentres duraba o banquete e logo do postre comezou a barra libre. Estivemos alí ata as 8.00 AM que durou a festa, para dirixirnos cara o dúplex de novo co fin de descansar tras facer varias paradas, entre elas unha para preguntar porque nos perdemos xa que o GPS voltouse tolo e aproveitar para facer de unha antorcha un escoba que Álvaro utilizou para barrer. Comentar tamén que o paquete de leña en Cartaxena está caro pois houbo quen a quixo mercar e pedíanlle 5 € por 3 taquiños, o final o compra declinouse.



Chegamos a casa cerca das 11.00 AM e logo de deitarse o noso gozo nun pozo: Jezú e o seu colega o vasco viñeron despertarnos as 12.00 AM para que foramos tomar algo. A verdade é que tiñamos uns caretos que non valían para ver e logo de unha ducha fría e de andar "tordeando" un rato fumos o bar onde estaban estes "elementos" coas súas mulleres, de paso aproveitamos para comer algo tamén porque axiña había que arrincar para Alicante e coller o avión de volta.



Xa na viaxe de regreso a Alicante íamos coa dúbida se na empresa onde alquilamos a furgoneta nos poñerían algún atranco polo golpe que levara na noite do venres pero non nos dixeron nada..., máis que nada porque creo que non viron o golpe en si. Logo de estar agardando polo avión que colliamos as 19.25 horas soa un aviso que se dirixía a nós: "o avión con destino a Madrid sufriría un retraso de 20 minutos por unha avería técnica"..., nese momento a verdade é que a min a mensaxe non me fixo moita gracia e o rum rum xeral foi que mellor que non dixeran nada..., pasados os 20 minutos comentanos que o avión segue coa avería técnica e que en 45 minutos informaríannos sobre as evolucións da avería en si. Nese momento xa nos dimos conta que xa non daríamos collido o enlace en Madrid e que perderiamos o avión, a cousa non ía ben...

Pasados uns 50 minutos achegáronse 2 empleados de Spanair para dicirnos que nos acercaramos a súa oficina que nos explicarían o que sucedía: o voo acababa de cancelarse! esto derivou nunha manada de protestas e mosqueos varios; acababamos de quedar tirados máis de 100 pasaxeiros entre os que se encontraba a ex-miss España no ano 2004 e concursante de La Granja María Jesús Ruíz que estivo falando con nós.

Logo de non darnos moita solución os cabreos seguían "increscendo" e cada un expoñía os seus motivos nas ventanillas de Spanair, dúas empleadas comíanse enteiriño todo o marrón sen que (a pesares de solicitalo toda a multitude) ningún responsable se achegase a dar explicacións. Dixéronnos que non había outros voos polo que tivemos que hospedarnos nun hotel de Elche, concretamente o Holiday Inn Elche, un 4 estrelas que a verdade está de luxo. O aloxamento, o desplazamento en taxi e a comida correron a conta de Spanair (solo faltaría). Fixemos dúas denuncias, unha en Aena e outra en Spanair explicando todo o acontecido xa que todos perdimos xornada de traballo polo que agardamos que esto sexa recompensado (aínda que vai a estar difícil), o aeroporto de Alicante era un caos onde os teléfonos móviles non paraban de funcionar.

O voo que nos dispuxeron para a mañá do luns foi as 8.20 AM e a verdade é que non nos fixo moita gracia pois tivémonos que levantar as 6.15 horas para as 7.00 AM estar na recepción do hotel e pedir un taxi rumbo ó aeroporto de novo.

O chegar o aeroporto longas colas e por fin embarcamos cara a Madrid, nas nosas casas tiveron que flipar pois cada vez que chamabamos era para contarlles unha nova aventura.

Desaiunamos en Barajas preto das 11.00 AM, por certo, como clavan nos aeroportos..., son uns salvaxes cobrando..., tocounos agardar toda a maña ata coller o voo das 14.05 horas aínda nos dou tempo a ver ó novo axudante de Jorge Valdano no Real Madrid, o maño Miguel Pardeza. Collimos o eterno voo dirección A Coruña onde aínda atopariamos outro famoso máis: o escritor coruñés Manolo Rivas e por fin chegamos tras un lixeiro retraso por mor das condicións meteorolóxicas. O que son as cousas, saimos de Alicante as 8.20 AM con 25º e chegamos a Coruña con unha tarde de vento e chuvia que non paraban os demos. Nada máis chegar outro atranco: non tiñamos chaves do piso de Álvaro e Laura polo que non podíamos coller as chaves do meu coche que estaba gardando nun dos seus garaxes...
Borja, Esteban, Álvaro e eu tomamos un taxi dirección ó traballo de Laura para que nos deixara as chaves da casa. Fixemos baixar a Laura, o taxi agardou por nós e dirixímos ó Temple, logo de pagar 24.20€ baixamos do coche pensando que as nosas desventuras remataran pero aínda quedaba algo máis...

Fumos comer algo a "La Gigante" pois dende as 11.00 horas non volveramos a probar bocado e logo de comer Esteban, Borja e eu dirixímonos cara a Sobrado. O chegar a casa de Borja e este baixar a súa maleta detectou un forte olor a viño..., non podía ser, as botellas que nos regalaron na voda ían na equipaxe de Borja e unha delas rompeu mollando de viño tinto da Mancha os traxes de Esteban e Borja que se atopaban na mesma maleta..., a verdade é que xa non sabiamos se rir ou que facer porque parecía que unha serie de causas se confabularan entorno a nós e a dichosa viaxe..., as 17.30 deixei o coche na casa cansado, moi cansado e pensando que en vez de 4 días pasaran 4 meses...

Saudos e cuidadiño con Spanair...

11 comentarios:

Vero86 dixo...

Diossss!!!! Canto escribiches, pedazo entrada!!!! Ou a leo por partes, ou a leo mañá, que os meus ollos xa están algo cansos, e en vistas do pedazo relato que puxeches... jeje.

saudiños!

vero86 dixo...

Xa lin todo! Non me extraña que che parecesen 4 meses!!! Mira que vos pasan cousas eh!!

A quen se lle ocurre poñer un restaurante para facer banquetes ó lado dunha jranxa de porcos?? Que asquerosidá!!!

lorena dixo...

alucinante,kuando me konto yoly todo ayer flipe...lo ke no os pasa a vosotros no le pasa a nadie.jajajaaa.pero lo importante eske os lo pasasteis bien y ya estais na casiña sanos y salvos...un finde distinto!!!jeje


bsosssss

Anónimo dixo...

jajajajajajaja.....!!!Victor lo vuestro es mucho! me dió un ataque de risa con lo que cuentas al final (las botellas) jajajaja..., pero chico.. yo no se como haceis para que os pases tantas cosas! teneis un don especial para atraer a los problemas, o que?
La verdad es un gustazo leer tu blog, porque me hace pasar un rato genial!

Un besiño, Sara

vero86 dixo...

Totalmente de acuerdo con Sara!! Lo que os pasa a vosotros no le pasa a nadie chico!! jejeje, y siempre es un placer leerte!! Con aventuras así, nos entretienes un buen rato :)

SILVIA (BCN) dixo...

Jejejeje.... Lato vaya tela!!!
Es que no podeis salir de Sobrado ni alrededores jejejej....Lo que no os pase a vosotros!!!!!
Por cierto si que encontrasteis famosillos en vuestro viaje no???
Con todo lo que os paso con el vuelo a mi me hubiera entrado un miedo cojer el avion que flipas!!!!
Lo bueno de estas aventuras es que cuando han pasado y las recuerdas te ries!!!!!
Cuidate mucho.
Un beso.

Unknown dixo...

Vero: xusto ó lado non estaba pero moi lonxe non debía andar porque o olor era intenso...
Lorena: seguro que Yoly te explicaría más de lo que aquí cuento porque yo no me acuerdo de todo... fueron muchas anécdotas..., ja ja ja. Gracias a Dios llegamos a casa.
Sara: si lo de las botellas fue la caña..., más bien "otra caña" porque en este viaje nos puedieron pasar no se cuantas cosas malas, pero también muchísimas cosas buenas..., ja ja ja.
Silvi: ya ves tía, creo que a partir de ahora cuando vayamos por ahí nos van a llamar "los del viaje accidental", je je je.
Encontramos mucha gente conocida, cierto, y más gente con caras conocidas que te suenan pero no identificas, los aeropuertos son así. La verdad es que en el tema del vuelo si te soy sincero cuando anunciaron la cancelacións suspiré de alivio porque no las tenía todas conmigo con el asuntillo de "problemas técnicos", era una frase tan polisémica...
La verdad es que reir nos reimos un rato y creo que nadie de nosotros se va a olvidar de esta "expedición", ja ja ja.

Grazas a todos por comentar xa que facedes posible darlle vida a este blog que sen os vosos comentarios non seria o mesmo.

Unha aperta moi forte.

Anónimo dixo...

qeremos fotos del acontecimiento!!!jeje,q esto promete

Unknown dixo...

Algunha foto caera, dádelle tempo o tempo!

Ainhoa dixo...

A partir de lo de Guardiola ya no he podido seguir leyendo. Voy a llamar a mi cardiólogo ahora mismo.

Anónimo dixo...

fotos,fotos,qeremos las fotos..!!!