xoves, 4 de xuño de 2009

O Mediterráneo agárdanos cos brazos abertos

Mañá cedo, moi cedo (7 AM) Esteban, Yoly, Alvaro, Borja, Pali a súa nai e eu empredemos dende o aeroporto de Alvedro rumbo á Cartaxena para asistir a voda de "Jezú" que se casa con Rufi.
Lamentar a baixa de última hora de Li, unha auténtica mágoa...

Logo de facer escala en Barajas chegaremos a Alicante as 15.20 horas e ali nos agarda unha furgoneta para viaxar ata a cidade murciana. Xa unha vez en Cartaxena dispoñeremos de todo tipo de comodidades, incluido un duplex que a madriña do irman de "Jezu" nos deixou xentilmente. Grazas.

Seguramente o venres daremos boa conta da noite "cartaxeneira" e o sabado a partires das 17.00 horas comeza oficialmente o "evento", ainda que para nos comeza xa dende hoxe a noite en Matogrande.

A cea esta disposta para as 21.00 horas e logo habera barra libre ata as 8AM, para despois tomar un suculento chocolate con churros, terei que levar Almax...

Xa o domingo colleremos o avion de volta as 19.25 e chegaremos a Alvedro pasadas as 22.30.

Agardemos que todo saia ben, pois de sobra e coñecido o meu panico os avions..., pero bueno..., habera que tomalo con calma e levar unha boa lectura para estar distraido, ja ja ja.

Saudos

P.D: a ver se inserto algunhas fotos da cerimonia a volta.

2 comentarios:

vero86 dixo...

Agarda por vós un fin de semana ben completiño!!! Sabendo o que sei, e lendo o que levo lido desde que fixeches o blog... non me cabe a más mínima dúbida de que o ides pasar de medo!

P.D.: Do pánico ós avións esquécete!!! Eso son pamplinas, os avións son moi seguros, estarás alí nun tris, nin te vas dar de conta!

Un bico!

Unknown dixo...

E tanto que foi completiño Vero, mira o post que está na parte superior e verás que non lle faltou de nada...

Saudos