luns, 29 de outubro de 2007

Por unha alimentación sá: CONSUME FROITA

Bo comezo de semana a tod@s. Debido a que es éste o meu blog case sempre os post están relacionados coa festa e os excesos nocturnos (e diurnos) hoxe quero tratar un tema básico: o consumo de froita que é importante para gozar de boa saude. Non sei por que estrana razón cada día a froita paréceme máis importante na miña alimentación mentres non hai moito tempo agás me levaba interés e non valoraba a beneficio que pode ter na nosa saude. Ahí van as súas propiedades:

A composición da froita defire en gran medida na función do tipo de froito e do seu grado de maduración. A auga é o compoñente maioritario en todos os casos.
Constitue en xeral, máis do 80% do peso da porción comestible, oscilando entre un 82% nas uvas, un 90% nas fresas e ata un 93% na sandía.
Valor enerxético
As calorías da froita dependen case exclusivamente do seu contido de hidratos de carbono, a excepción do caso do aguacate e o coco, froitas nas que o contido graso determina o seu valor enerxético.
Hidratos de carbono: os azúcares ou hidratos de carbono simples (fructosa,glucosa,sacarosa...) confiren o sabor doce as froitas maduras e supoñen un 5-18% do peso da porción comestible. As mazás e as peras son ricas en fructosa. Nas froitas que se encontran tamén outros mono e desacáridos como a xilosa, a arabinosa, a manosa e a maltosa. As cereixas e as peras conteñen cantidades relativamente altas de sorbitol, unha sustancia emparentada cos azúcares, que posee un coñecido efecto laxante. En menor presentan hidratos de carboo complexos (almidón). As froitas non maduras teñen entre un 0,5-2% de almidón, pero conforme vai madurando esa porcentaxe disminue ata case desaparecer, agás nos plátanos maduros, nos que o almidón pode superar o 3% do seu peso total.
Graxas: o seu contido é case inapreciable (0,1-0,5%), agás no aguacate, que aporta un 14% de graxa, especialmente ácido oleico, saudable (72% do total de graxa) e no coco, con un 35% de graxa, na súa maioría saturada (88,6% do total de graxa), menos saudable.
Valor plástico
Ven dado en función do seu contido en proteínas, que habitualmente representa menos do 1% do peso fresco das froitas. As proteínas están compostas por aminoácidos, dez dos cales (leucina, isoleucina, valina, treonina, triptófano, metionia, lisina, fenilanina, histidiana e arxinina) son esenciais para o ser humano. O término esencial fai referencia a que o organismo non os pode producir por si mesmo e , polo tanto, debe obtelos necesariamente da alimentación cotiá. Unha proteína que conteña, en cantidade e en calidade, os dez aminoácidos esenciais considérase completa ou de alto valor biolóxico. Nas froitas, as proteinas son de baixo valor biolóxico. Nos cítricos e fresas abundan sustancias nitroxenadas simples como a asparagina e a glutamina e os´ácidos aspártico e glutámico. Nas mazás e as pera abunda a asparagina e as laranxas son ricas en prolina.
Valor regulador
As froitas son boa fonte de vitaminas e minerais.
Vitaminas: destaca o contido en vitamina C (en cítricos, froitas tropicais, melón, fresas e groselas negras) e de provitamina A (en albaricoques, cereixas, melón e melocotón...), ambalas duas en acción antioxidante. En menor proporción, encontranse outras vitaminas do grupo B solubles en auga, biotina e ácido pantoténico (albaricoques, cítricos, figos...). En xeral, son máis ricas en vitaminas as variedade coloreadas, as de verán e as froitas expostas o sol. Como curiosidade: dentro de un mesmo árbol, os froitos orientados o sur son máis ricos en vitaminas que os orientados o norte; os da cúspide máis ricos que os das faldas e os exteriores máis ricos que os interiores.
Minerales: nas froitas abunda o potasio (necesario para a transmisión do impulso nervioso e para a actividade muscular normal, contribue o equilibrio de auga dentro e fora da célula). Son ricas en potasio o plátano, kiwi, nectarina, níperos, melón, uva negra, cereixas, albaricoques, coco fresco, aguacate, piña, chirimoias e papaia. Tamén aportan magnesio (relacionado con funcionamento do intestino, nervos e músculos, forma parte de osos e dentes, mellora a inmunidade e a resistencia ante enfermidades dexenerativas, posue un suave efecto laxante e é anti-estrés).

Polo tanto xa sabedes, na Comarca Terra de Melide (Melide, Sobrado, Toques e Santiso) hai moitas e boas froiterias onde mercar saude, o voso corpo e a vosa mente agradecerao.

CONSUME FROITA

POST ADICADO A TODOS OS INTEGRANTES DA PANDILLA QUE SAIU ESTE SÁBADO EN MELIDE: Álvaro, Pablo, David, Pedino, Esteban, Pirulo, Nando, Lisardo e eu mesmo, que carallo! a ver se así recuperamos dos cubatas e lle damos un pouco a froita.

Bicos

martes, 23 de outubro de 2007

Jacobo & Chus, Just Married






Moi boas, antes de nada quería pedir disculpas por estar máis de unha semana sen publicar nada no blog. O motivo é que ultimamente ando moi, moi liado.
Xa temos casados a Jacobo e a Chus, a verdade é que personalmente disfrutei coma un enano. Debo dicir que fun integrante da Mesa 16, unha mesa que recordarán os invitados, os noivos, os familiares dos noivos e sobre todo os camareros e o Metre do Pazo de Vilar de Ferreiros durante moito tempo. Vaia tarde noite que lles dimos: cantando dende o primeiro prato, levantandonos entre prato e prato para ir xunta os noivos a que se bicasen, petando na mesa coma se estivesemos poseidos, caendo evidentemente o viño unha e mil veces e algunha que outra copa. A verdade é que a montamos moi gorda e xa no segundo prato Toñito o pai de Álvaro e Angel de Teté viñeron comer para a nosa mesa, de ahí surxiu a canción NO SOMOS 10, SOMOS 12 e tamén a de ÁNGEL, ÁNGEL, ÁNGEL DE TETÉ, DE TETÉ, DE TETÉ E E.
Tivemos un repertorio moi variado, unha das máis cantadas por toda a xente foi SACA LA ESPADA, PAZITOS SACA LA ESPADA (ante o amago do irmán do noivo de baixar os pantalóns e poder provocar máis de un mareo entre os asistentes). O camarero a modo de broma trouxolle a Pazitos na metade da boda dous bocadillos de xamón e unha botella de Martín Codax e o moi personaxe foise para o balcón comer un deles, nese momento ocurriuseme a canción BOCATA DE JAMÓN Y VINO PELEÓN, BOCATA DE JAMÓN.
Había invitados de Vigo e puxeronse a cantar A Rianxeira, ahí xa foi cando encendimos de todo e cantamos como unhas 5 ou 6 cancións diferentes dos Riazor Blues o tamén as coñecidas cancións A SEGUNDA, OE, A SEGUNDA OE, e EL AÑO QUE VIENE CELTA- DEPOR B.
Manteouse o noivo, a noiva, o irmán do noivo, o pai do noivo, a Ángel de Teté..., regalouselle un coello negro os noivos (idea de Capi, Lisardo e Ángel de Brañas que o forón mercar a unha casa cercana o Pazo polo módico precio de 30 € e encima na casa había unha repelente nena duns 7 anos que lle quería morder a Capitán nunha man...)
Fixemos un tren no comedor con Toñito de maquinista, e él mesmo se encargou de elaborar un cartón escrito con un puro que poñía "A LA DISCO", e foi onde comezamos a cantar A LA DISCO OE, A LA DISCO OE. Como vedes puideron vir os de Operación Triunfo que igual se sorprendían do amplo repertorio. Como non podía ser de outra maneira tamén se cantaron cancións da Igrexa (como ven sendo habitual cando celebramos calquer cousa).
Baixamos para a Discoteca que ten habilitado o Pazo na súa zona baixa pasamolo xenial, saimos do Pazo as 3 da mañán rumbo a Melide, non sin antes ver varias sorpresas: unha presentación en Power Point de fotos do onte e do hoxe de Jacobo e Chus moi emocionante, unha sesión de fogos de artificio nos exteriores do Pazo moi guapos e o mellos da noite: Pablo Calvete tivolle que poñer unha liga coa boca a unha compañeira de Chus coa canción de 9 semanas e media de fondo, un auténtico show. Hai fotos, videos... de todo. Como me rin, je je je.
Chegamos a Melide directos para La Base e nada máis chegar Pazitos e Lisardo subiron bailar enriba da barra. A noite seguiu en Melide ata altas horas.

FOTO 1: O 11 da Xornada: de esquerda a dereita: Ángel de Teté, Javi (Comisión 2007), eu (Comisión 2007), Li (Comisión 2007), Borja, Esteban, José Luis, Petete, Pedino, Chany e Pirulo.
FOTO 2: A Temida Mesa 16 sen Pazitos (que debía andar enseñando a Espada por ahí) e sen min (que foi quen saquei a foto)
FOTO 3: parte da nosa peña antes da misa, VAIA PINCELES...
FOTO 4: Yoly, José Luis, Laura, eu e Piru.
FOTO 5: Os Reis da Noite: Pazitos e Li bailan enriba da barra de La Base mentres Alvaro inténtalle desabrochar a camisa a Li baixo a atenta mirada de Capitán.

Poñerei máis fotos (as que valgan para ver porque hai moitas que non valen) en próximos episodios.

Saudiños

xoves, 11 de outubro de 2007

¿Qué fas, Joseeeeeé?


Estos dous tortolitos son José: José Ramón e José Antonio para ser máis exactos.
A foto seguramente saira en toda a Prensa Rosa na semana que ven pero o meu blog ten a primicia en exclusiva!
No lado dereito vemos os ollos lascivos con que José Ramón mira a José Antonio, mentres tanto este non lle fai ascos e deixase querer.
Non sabemos se a cousa acabou ahí ou pasou algo máis ¡AGARDO QUE NON!
Digolles que se poñan para unha foto e mira con que xestos me veñen.
Meu Deus

Despedida en Lugo (Parte III)
























Ultima entrega:
FOTO 1: Vamos peña, vamos todos, leña al mono, que es de goma!!!
FOTO 2: A pobre farola moito aguantou
FOTO 3: Mingos tomándolle a medida a farola.
FOTO 4: Eu voulle tomar outra alí.
FOTO 5: Camiseta discreta!
FOTO 6: Teño unha cara de sono que flipas!
FOTO 7: Pedino aguantando da farola.
FOTO 8: José Luis axudándolle a Pedino a agarrar a farola.
FOTO 9: ¿Quen diría a salvaxada?
FOTO 10: O día e a noite (Petete ollos pechados, Pazitos ollos super abertos -Ángel de árbitro-)
FOTO 11: Lisardo na área de descanso.
FOTO 12: Pedino tomouse en serio o de termar da porta.
FOTO 13: Esteban, cuidado!!!! tes a Poli detrás!!!
FOTO 14: Pedino seguramente lle está a chamar Gilipollas a Esteban, Jacobo ri.
FOTO 15: Vaia cariñas que temos!!!
FOTO 16: Esteban pensando de que vai a ser o cubata que vai tomar.
FOTO 17: As Pazito´s Girls.
FOTO 18: Rubios & Galegos.

mércores, 10 de outubro de 2007

A Despedida de Jacobo en Fotos (Parte II)










Hola de novo, seguimos coa remesa de fotos da Despedida de Jacobo. Hoxe toca a 2ª entrega (aínda haberá máis). Para os seguintes post asegúrovos que hai fotos que prometen.
FOTO 1: "Buenas noches, soy la Señorita Dori y hoy vamos a aprender la tabla del 5"
FOTO 2: Álvaro, Petete e Pazitos non se poden creer que Lisardo volve a estar enviando un sms (ollade o móvil na parte dereita da foto).
FOTO 3: Falando antes de cear (Lisardo enviando outro sms -por variar-).
FOTO 4: Momento de Concentración (de quen carallo era o bote de Aquarius que hai na mesa???)
FOTO 5: Esteban explícalle a José Luis o plan a seguir...
FOTO 6: Pazitos (con cara de namorado) despístase e non atende as explicacións "Técnico-Tácticas" de Petete.
FOTO 7: Qué ambientazo había o sábado en Lugo (Estrella Galicia volve a aparecer na fotografía, que raro!)
FOTO 8: Pablo de Arteixo e Pazitos da Casa do Gado, a refinería o poder!
FOTO 9: Petete desexalle sorte a Lisardo antes de comezar a torear.
FOTO 10: Que historia estarían a argallar estes 4?
Veña saudos e sorte

luns, 8 de outubro de 2007

Pazitos gastou 720 € en empastes dentais


IMPRESIONANTE DOCUMENTO!!!! é certo o que din que os dentistas gañan moitos cartos. Non é menos certo que o traballo tamén é desagradable dabondo. "Esto" que vedes aquí non é un cocodrilo, é a boca de Pazitos. Queda claro que na boca non ten agochada a Espada de Pirulo.
En principio, esta foto era de Esteban e Pirulo na zona dos viños de Lugo, pero Pazitos, no seu afán de amosarnos que non lle falta ningunha peza da boca apareceu no momento do flash e deixounos esta imaxe digna de estudo para a Historia da Humanidade.
Fixadevos a hora que é: 21:18 horas!
P.D: voulle dicir que vaia o médico porque non sei se non lle estarán comezando an ánxinas.

As Fotos da Despedida










Moi boas! estamos de volta. Xa case nos recuperamos da despedida de Jacobo. Quen non se recuperou foi a miña cámara que caeu no chan, fastidiouse o "zoom" e vai ter que sufrir unha lixeira reparación (veremos se ten amaño).
Vouvos poñer unha primeira rolda de fotos da despedida por Lugo (que estaba a barrote de xente o sábado). Hai moitas que non teñen desperdicio e en posteriores post irei añadindo algunhas..., máis de un xa estará temblando, je je je.
FOTO 1: Foto de Familia: de pé e de esquerda a dereita: Pedino, José Luis, Petete, Pirulo, Jacobo, Álvaro, Li, Javi, e Ángel.
Anicados de esquerda a dereita: Pazitos, Mingos, Esteban e Lato.
A foto está tomada no Antas de Ulla (tamén coñecido como o dos porróns).
FOTO 2: tomando uns viños antes de cear.
FOTO 3: Pazos grande repreme a Pazos pequeno.
FOTO 4: Votanos outra rolda!!!
FOTO 5: Cando estabamos rematando de facer os viños atopamos a Suso do Mirador (tío de Pedino)
FOTO 6: Javi e Pedino con unha piruleta en A Fundación.
FOTO 7: Esteban O.K., sentado, xersei o cuello e cubata cheo, que máis se pode pedir?
FOTO 8: Pazitos, non das o pego coa Trina, amosa o vaso que tiñas na barra!!!
FOTO 9: Lisardo estudiou en Lugo (notase!)
FOTO 10: Pedino traballa en Lugo (tamén se nota!)
Estes días poñerei outras fotos.
A cuidarse!

xoves, 4 de outubro de 2007

A Despedida de Solteiro de Jacobo


Hola camaradas!!! Este sábado temos unha cita moi importante. Ante a próxima voda de Jacobo, o vindeiro sábado 13 toca facerlle unha despedida que promete.
O lugar elexido é Lugo, a data o sábado 6 de outubro e o horario de saida as 17:00 horas (a volta sabe Deus cando será) se non damos chegado para a misa que non se preocupen que para comer o día 13 chegamos.
Eleximos Lugo porque hoxe comeza o San Froilán e haberá un auténtico ambientazo, ademáis Jacobo estudiou alí na súa época Universitaria polo que terá bos recordos de esa cidade (o mellor non lle quedan tan bos da despedida, je je je je je...).
Estes son os datos técnicos da despedida coa lista de expedicionarios incluida:
DESPEDIDA DE JACOBO
Data: 06/10/2007
Horario de saida: 17:00 h dende a Cafetería Ramiro
Horario de chegada: pufff!!! eu que carallo sei...
Actividades a realizar: parar en todos os bares que haxa ata cear e despois...
Hora da cea: 22:30 h
Lugar da cea: O Portalón (Lugo), teléfono 982 201 302 (por se algún non chega)
Organizador: o irmán de Jacobo: Pazitos (para votarse a temblar!)
Empresa encargada do desplazamento: Ramos Seoane S.L. (cuidado coas litronas).
EXPEDICIONARIOS (confirmados):
Pazitos: Espada Man
Pirulo: agora chega a súa venganza
Pedino: non hai sidra aquí ou qué?
Petete: un chupito, - frío?, si un chupito
Esteban: para ser conductor de primera...
Lato: Jonnhy "Latoneiro" Walker, desde que la noche es noche
Li: levará o fillo segredo (Lisardito) a despedida?...
Álvaro: señor Director acuda al patio del colegio, otro niño se ha caido dentro del porche
José Luis: o formal do grupo
Alfonso: Lotina, vete para Meñaka!!!!!
Mingos: non compensa!
Xelo: a ver o tomádelle outros!
Javier Acea: Lato, hai sorteo hoxe?
e o gran protagonista:
JACOBO: NON CHE QUEDA NADA NENO!
Pois por variar levarei a cámara e poñerei algunhas fotos (as que se poidan ver a ver se val algunha) creo que a cervexa, o viño, o Barceló, Beefeter e Bacardi Limón van levar un repaso de moito carallo.
Sorte!

martes, 2 de outubro de 2007

V Campionato de Tute Club Atlético Sobrado Xuventude


Chega o outono e parece que xa vai apetecendo coller a baralla e votar unhas partidiñas. Por eso, o Club Atlético Sobrado Xuventude programou a súa V Edición do Campionato de Tute para o vindeiro 2 de novembro (Venres) e que coincide coa ponte de Todos Os Santos.
A hora de comezo será a de costume: 22:00 h
O local tamén será o mesmo de sempre: A Casa da Irmandade.
Haberá pinchos logo da primeira partida.
O número máximo de parellas será de 32 (de non habelas reduciríase o premio en relación o número de parellas).
Estilo de xogo Coruña (cada un canta na súa baza)
Sistema de eliminación directa con repesca.
LOCAL HABILITADO PARA FUMADORES.
Zona de Copas onde poder tomar "zumos".
PREMIOS:
1º Clasificado: 350€ + Trofeo
2º Clasificado: 180€ + Trofeo
3º Clasificado: 100€ + Trofeo
4º Clasificado: Trofeo
Campión Repesca: 130€
Subcampión Repesca: 30€
Cuota de Inscripción por parella: 30€
ARRASTRO!!!!