Chega o outono e parece que xa vai apetecendo coller a baralla e votar unhas partidiñas. Por eso, o Club Atlético Sobrado Xuventude programou a súa V Edición do Campionato de Tute para o vindeiro 2 de novembro (Venres) e que coincide coa ponte de Todos Os Santos.
A hora de comezo será a de costume: 22:00 h
O local tamén será o mesmo de sempre: A Casa da Irmandade.
Haberá pinchos logo da primeira partida.
O número máximo de parellas será de 32 (de non habelas reduciríase o premio en relación o número de parellas).
Estilo de xogo Coruña (cada un canta na súa baza)
Sistema de eliminación directa con repesca.
LOCAL HABILITADO PARA FUMADORES.
Zona de Copas onde poder tomar "zumos".
PREMIOS:
1º Clasificado: 350€ + Trofeo
2º Clasificado: 180€ + Trofeo
3º Clasificado: 100€ + Trofeo
4º Clasificado: Trofeo
Campión Repesca: 130€
Subcampión Repesca: 30€
Cuota de Inscripción por parella: 30€
ARRASTRO!!!!
6 comentarios:
Cartas jodidas.... polo menos a ver se tes sorte e trunfa ouros.
Bicos!
Eu a verdade é que non teño nin pajolera idea de tute... son un desastre para os xogos de cartas, en serio!!
Moi boas. Querido Victor estaste volvendo un folgazan, traballa algo na páxina do sobrado que queremos volver a ler esas crónicas maravillosas. Veña cuidarse, un saudo e FORZA CIRE, e como non Forza CAXS
a foto da dereita está ben, mágoa que sea artificial ejejjeje
Para Vanessa de Santiso: descarado, os ouros sempre foron o meu pao favorito. Je, je, je.
Neste caso os ouros serían as consumicións dos clientes que imos a ter no bar do Campionato.
Que lluevan cubalibres!!!! je je je.
Para Vero:
a min encántanme as cartas: o tute, a brisca, o cabrón, etc... pero o que máis a brisca cando estamos cheos e a quen lle matan o 3 poñemoslle un sobreiro rosa que temos, UN SHOW!
Para Quintás:
moi boas amigo Santi. Grazas polos halagos que me brindas. Esplicareiche que o enganche do ordenador co que escribo é da Deputación de A Coruña e dende hai algún tempo non me permite deixar mensaxes no foro do C.A.S.X. (xa tivo así unha época o ano pasado) a ver se volve en sí e manteño informada a xente, QUE XA TEÑO O MONO!!!
P.D: impresionante tempada a que estades a facer co C.I.R.E., que teñades sorte e poidades ascender.
Forza C.A.S.X. e forza C.I.R.E.
Para Anónimo:
como ves estamos nunha Comarca onde hai mogollón de cousas artificiais (a herba do Campo de Fútbol do Cire tamén é artificial), je je je.
Saudos a toda esa xentiña da Comarca que me visita por este humilde recuncho.
Pois eu xa non intento aprender máis porque son negada de todo pa eso. Xa fai tempo que desistín jeje.
Publicar un comentario