luns, 25 de xuño de 2007

Fin de semana moi intenso


Moi boas, comeza a derradeira semana do mes de xuño, con inicio da semana tamén se nos acerca a festa do noso patrón San Pedro. O venres o mediodía xa estaremos de festa (aínda que no meu caso creo que vou andar atacado polos nervos de que nos cheguen os cartos, je je je). É dicir, esta semana tan só ten 4 días laborables para os habitantes de Sobrado pois o venres é festivo local, haberá que ter coidado logo co xoves 28 pola noite, xa que as previas das festas en Sobrado soen ser "heavies".


No fin de semana que pasou non houbo un momento de descanso: o venres pola tarde tocou xuntar leña para a fogueira do San Xoan (acabamos ás 23:15 h), ducha, cea e de concerto a Guitiriz, a ver a Barón Rojo; que gran son teñen estes históricos do rock nacional, un son moi potente (volumen brutal que dirían eles) e moi limpo, magoa de que o tempo non perdoa e as voces dos irmáns Castro perderon potencia, de todos os xeitos fixeron disfrutar o persoal que nos encontrabamos na praza do povo lucense. O venres fumos pouca representación: Pedino, Carlos, Truke, Anthony, Pazitos e eu.


Sábado tocou dormir toda a mañán e pola tarde seguir recaudando polas casas dos veciños para a festa. Xa metidos na noite O Lume de San Xoan (que por certo teño que dicir que me olvidei saltalo, e iso que marchei de alí as 08:30 h, agardo que non me entre ningún mal fario), churrasco, viño, música e diversión a esgalla. O tempo comportouse e estivo unha gran noite.


Con só 4 horas dormidas tocou erguerse o domingo as 12:30 h para sortear como cada domingo a cesta da Comisión de festas, cunha cariña que clamaba o ceo. Logo do sorteo a comer algo e a pedir de novo(que bonitas son as festas pero canto traballo dan), xa na noite outra vez a Guitiriz a ver a Panorama, que fixeron só un pase de 2 horas e media. Deron moita caña, a pesares de que a noite por momentos enfriaba e en principio chovia aínda que logo estabilizouse a cousa e puidemos ver sen axuda dos paraugas unha gran actuación.


Só de pensar todo o que fixen en 48 horas xa me entra o estress, e o peor (ou o mellor) aínda está por vir...

xoves, 21 de xuño de 2007

San Pedro está ás portas


Tan só faltan 7+1 días para que se celebre en Sobrado a edición do ano 2007 do San Pedro, patrón do povo.

O vindeiro venres 29 de xuño será festivo local en todo o Concello e a festa comezará ó mediodía con sesión vermú a cargo da Orquestra NOVA PALMA.

Pero antes da citada sesión vermú haberá unhas vésperas que eu vaticino coma "durísimas" pois xa sabemos que en Sobrado as vésperas de festas (ben sexa San Pedro ou Dolores) tómanse moi en serio e polo tanto tamén son un día de celebración moi sinalado onde non pode faltar o etílico elemento.

Este ano a Comisión encargada das Festas (dal cal formo parte) decidiu tirar a casa pola fiestra e en vez de facer os 2 típicos días de San Pedro fíxose unha ampliación a 3 días aproveitando que os días propios de esta festa cadran en venres e sábado.

De tódolos xeitos o San Pedro tan só é un aperitivo para o que se nos achega nos Dolores, que como algúns sabedes sempre se festexan o 3º fin de semana de setembro. Xa vos podo adiantar o cartel pero tedes máis info na páxina web oficial da Comisión: http://www.osdolores.tk/


XOVES, 13 DE SETEMBRO


Mexillonada gratuita e bombas a tumbo para dar a benvida ás festas


VENRES, 14 DE SETEMBRO


Orquestra MARBELLA

Grupo AMÉRICA


SÁBADO, 15 DE SETEMBRO


Grupo TROCO

Orquestra OLYMPUS


DOMINGO, 16 DE SETEMBRO


Orquestra VERSALLES

Orquestra PANORAMA



VAI HABER MOITA KAÑA!!!!

mércores, 20 de xuño de 2007

Buscando no baúl dos recordos


Mirando fotos antigas do Club Atlético Sobrado Xuventude decidín poñer esta por que pareceme moi chula. A foto ten moita cor e ademáis estamos un lote de xente nela: xogadores e directivos. A foto pertence a un partido de tempada 2003/2004 no Campo Municipal de Melide (antes de herba natural e agora herba artificial) e o resultado do partido foi C..I.R.E. Melide 0 - C.A.S.X. 2.


De seguido nombro a xente incluida na foto:


De pé e de esquerda a dereita: Hassan, Borja, Ángel, Pazitos, Esteban, Marcos, Sete, Manu, Pirulo, Chany, Víctor, Li e por último eu.


Agochados e de esquerda a dereita: Lago (un referente no fútbol sobradés), Agus, Luis, Iago, Óscar Amil, Pichi, Rubio e Pedino.


Agardo que vos guste.


Illa, illa, illa, la Makina Amarilla.


Vaia Camarilla!


A foto que vedes pertence o descanso, é dicir, "Momento Pintxos" que tivemos nunha intensa noite de venres en Teixeiro co agallo do Campionato de Tute que fixo a Comisión de Festas da Xuventude 2007. Este "retrato" está ubicado no antigo local do Mésón A Roda, outrora, local de culto para os amantes do rock nacional en Teixeiro, hoxe pechado. O citado Campionato acabouno gañando Pedino e Miguel (meu padriño de confirmación).

De seguido cítovos de esquerda a dereita o nome dos "sinvergoñas" que estamos na foto: Juan Taxista, Álvaro, Pazitos, Pedino, Eu (Laranxa Butanero), Esteban, Nando, Li, Trukito (véselle só a metade), máis a dereita estaban Toni e Miguel pero estes non saen na foto.


P.D: perdoade pola calidade da foto, non é de ningunha cámara nosa.

luns, 18 de xuño de 2007

NOITE MEIGA versión 0.7


Un ano máis volta a visitarnos a máxica noite de San Xoan. De todos é sabido que a noite máis curta do ano ten un valor especial en Sobrado pois dende hai uns anos é para a gran maioría dos habitantes do povo un día de festa total: luxuria e desenfreno (que diría o outro). Como ben sendo norma habitual nestes últimos tempos a lumeirada máis importante de todo o Concello farase na área recreativa do Campo Francés. Alí poderase degustar o xa recoñecido internacionalmente Churrasco do Chef Pedino co seu toque de champaña (ou desta volta sorprenderanos cuns toques de brandy?) , con un adobo que xa lle gustaría sabelo facer a máis de un restaurante de prestixio a todos os niveis. O segredo do adobo de churrasco do Chef Pedino e similar o da composición química da Coca Cola.

Ademáis o Club Atlético Sobrado Xuventude montará unha zona de copas cunha carpa dance, house, chill out, folk e o que queira cada un pois vanse poñer todos os estilos de música para que a xente baile ata que soen as campás do Mosteiro anunciándonos que as 11:00 h hai misa.

Agora comeza a competición para saber quen vai a ser o máis bebedo de esta noite de bruxas, de fadas, de etilico e de disfrute sen igual.

A min particularmente é unha noite que me chifla xa que os valores da antigüidade non se poden perder e a xente nova temos que loitar todo o que poidamos por recuperalos e potencialos. Os nosos antepasados eran moi sabios e o San Xoan venerábano moito.

MANTEÑAMOS AS BOAS COSTUMES.

Estamos de volta


Bos días. Logo dun veloz fin de semana no que ocurriron infinidade de cousas xa voltamos andar pola nosa querida patria. Debo dicir que volvín ver a Cidade de Salamanca tan bonita coma sempre, receptiva a tope coa xente de fora, con un marchón impresionante, vaia duas noites de festa que nos pegamos..., je je je, lástima que o sábado tiveron que aprazar o concerto de Macaco debido a choiva, pero bueno tampouco foi tan tráxico pois o tempo que íamos pasar no concerto invertímolo en diversos locais cunha decoración exquisita (coma a maioría dos da cidade charra). O primeiro día chegamos a cama as 9:30 h da mañá e o segundo as 8:45 h con un taxista super-simpático que a única frase que dixo en todo o camiño foi: "son 4,60 por favor" non lle deixamos nin un céntimo de propina!. A volta xa vos imaxinades: un tiramillas de kilometros: Tordesillas, Alija del Infantado, Mota del Marqués, Benavente, Astorga, Bembibre, Ponferrada (unha clara mostra da Castela profunda, rectas, rectas e máis rectas) e por fin, o verde con Galiza o fondo: Pedrafita do Cebreiro, voltamos a otear o fogar de Breogán, escoitando as últimas novedades futbolísticas: descenso do Celta, o Athletic salvado, o Depor B con medio pé na segunda B, o Deportivo marcando 3 goles, si, si, ledes ben, 3 goles, xa facía aniños...

E por fin chegamos o paraíso "Sobrado dos Monxes" rezaba o cartel, chegamos as 20:30 h e como é tónica habitual directos para a Cafetería Ramiro ver o final de liga que gañou o R. Madrid para contento de uns e desgraza de outros, está claro que ten que haber para todos os gustos.

Así fue y así se lo hemos contado!

venres, 15 de xuño de 2007

10º Aniversario do Club Atlético Sobrado Xuventude


Todos os que formamos a familia marela do Club Atlético Sobrado Xuventude este ano estamos de noraboa. No mes de outubro cumpliranse 10 anos de existencia do C.A.S.X. como tamén é coñecido. O que comezou sendo un equipo de fútbol sala de Liga Provincial hoxe ten as seccións de fútbol masculino e fútbol sala feminino federado ademáis de xestionar todas as categorías das Escolas Deportivas que o noso clube posue. Entre xogadores, adestradores, colaboradores directos e directivos formamos un grupo de máis de 100 persoas, que xunto con socios individuais, colectivos, administración municipal, provincial e autonómica e a inestimable axuda de Gestán S.L. fan posible este sono.

O longo do verán haberá sorpresas relacioadas co 10º aniversario, non as podedes perder!!!!


Illa, illa, illa, La Makina Amarilla!!!!

xoves, 14 de xuño de 2007

III Festival Musical e Intercultural da Xuventude


Pois si, a III Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude en Sobrado xa está preto. Será o vindeiro 18 de agosto e como antesala da VIII Edición da Feira da Troita.
A cabeza de cartel corresponderalle este ano a LOQUILLO Y TROGLODITAS, de teloneiros actuarán TRANSPORTES HERNÁNDEZ Y SANJURJO (formado por Julián Hernández, alma máter de Siniestro Total e Rómulo Sanjurjo, acordeonista de Os Diplomáticos de Monte Alto) ademáis comezará os concertos DANI LÓPEZ co seu espectáculo "Un ano de Flautasía".
Sen dúbida que isto promete, o Festival de este ano está inserido dentro do programa NXIRA que percorrerá outras vilas de Galiza coma Boiro, Narón, Viveiro, e Vigo ademáis de claro está Sobrado.
Agardo que veña moita xente o noso povo e disfrute da súa beleza e da simpatía da súa xente.

Saude e Rock&Roll

A Salamanca de fin de semana


Pois ven, como vedes, mañán voume de fin de semana para Salamanca. Si, iso é, a Praza Maior, a rá para aprobar a carreira e todas estas cousas. A verdade é que xa tiven a oportunidade de estar nesta bela cidade castelá outras veces e hai que dicir que alí ninguén se sinte forasteiro. Para salir de copas e de tapas e unha cidade incrible. Alí agardame un anfitrión de luxo, o inigualable Nando de Cabado (Super Onda, ex-Spar). Se tedes a oportunidade non a deixedes escapar, ide a cidade "charra", se ides seguro que repetides.

Benvid@s o meu humilde blog

Bos días a tod@s, hoxe comeza unha nova etapa na miña relación coa rede. Dende hoxe teño un blog onde poderedes falarei das cousas que se me pasan pola cabeza e onde poderedes expresar as vosas inquedanzas. Agardo que vos guste este blog.

Graciñas por estar ahí.