venres, 15 de xuño de 2007

10º Aniversario do Club Atlético Sobrado Xuventude


Todos os que formamos a familia marela do Club Atlético Sobrado Xuventude este ano estamos de noraboa. No mes de outubro cumpliranse 10 anos de existencia do C.A.S.X. como tamén é coñecido. O que comezou sendo un equipo de fútbol sala de Liga Provincial hoxe ten as seccións de fútbol masculino e fútbol sala feminino federado ademáis de xestionar todas as categorías das Escolas Deportivas que o noso clube posue. Entre xogadores, adestradores, colaboradores directos e directivos formamos un grupo de máis de 100 persoas, que xunto con socios individuais, colectivos, administración municipal, provincial e autonómica e a inestimable axuda de Gestán S.L. fan posible este sono.

O longo do verán haberá sorpresas relacioadas co 10º aniversario, non as podedes perder!!!!


Illa, illa, illa, La Makina Amarilla!!!!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi boas Victor. Ainda me enterei agora da creación do teu blog persoal, que sepas que aqui tes unha visita continua. Un saudo e sorte no mundo blogger.
Ahhh e xa estás nos enlaces.

Anónimo dixo...

xa 10 anos de existencia dese club do k tantos estamos encantad@s de pertencer.
Eu polo menos estou moi orgullosa de pertencer a el como xogadora do ekipo femenino de futbol sala.
Un saudiño Victor

Unknown dixo...

Gracias Santi pola túa visita e polo enlace non sei a que se debe o problema pero fai máis de un mes que o ordenador non me deixa publicar as miñas opinións no teu blog e no de Riki, algún erro debe haber.
Tamara, moitas gracias, agora toca descansar dunha tempada onde mellorastes moito tanto en xogo coma en resultado, e toca coller forzas para a vindeira tempada, na que estou seguro que ides facer unha campaña impresioante.

Graciñas a tod@s