xoves, 21 de xuño de 2007

San Pedro está ás portas


Tan só faltan 7+1 días para que se celebre en Sobrado a edición do ano 2007 do San Pedro, patrón do povo.

O vindeiro venres 29 de xuño será festivo local en todo o Concello e a festa comezará ó mediodía con sesión vermú a cargo da Orquestra NOVA PALMA.

Pero antes da citada sesión vermú haberá unhas vésperas que eu vaticino coma "durísimas" pois xa sabemos que en Sobrado as vésperas de festas (ben sexa San Pedro ou Dolores) tómanse moi en serio e polo tanto tamén son un día de celebración moi sinalado onde non pode faltar o etílico elemento.

Este ano a Comisión encargada das Festas (dal cal formo parte) decidiu tirar a casa pola fiestra e en vez de facer os 2 típicos días de San Pedro fíxose unha ampliación a 3 días aproveitando que os días propios de esta festa cadran en venres e sábado.

De tódolos xeitos o San Pedro tan só é un aperitivo para o que se nos achega nos Dolores, que como algúns sabedes sempre se festexan o 3º fin de semana de setembro. Xa vos podo adiantar o cartel pero tedes máis info na páxina web oficial da Comisión: http://www.osdolores.tk/


XOVES, 13 DE SETEMBRO


Mexillonada gratuita e bombas a tumbo para dar a benvida ás festas


VENRES, 14 DE SETEMBRO


Orquestra MARBELLA

Grupo AMÉRICA


SÁBADO, 15 DE SETEMBRO


Grupo TROCO

Orquestra OLYMPUS


DOMINGO, 16 DE SETEMBRO


Orquestra VERSALLES

Orquestra PANORAMA



VAI HABER MOITA KAÑA!!!!

20 comentarios:

Anónimo dixo...

Fiesta fiesta!!!!!
pena q sempre me toca currar... en fin.... saudarei pola maña os que veñan desayunar.....
sobretodo poñereille con gusto un "colacao" a ese que sempre me chama con moito cariño "noelia"...
porque será.......
en fin.Lato... estas festas portate ben!!!!!!

Unknown dixo...

Non te preocupes que me hei de portar coma un "neno bon" que son, je je je. Polo que respecta o home do Cola Cao diremoslle desta vez que pida chocolate con churros pero que os churros os traia da casa, ¡que carallo! (con perdón), e que as 10 da mañán non está un para pensar o nome da xente (as veces) je je je.

P.D: reserva unhas 4 ou 5 botellas de Barceló Gran Añejo e unhas duas caixas de 7Up para estes días de festa.

Grazas por anticipado

Anónimo dixo...

Bueno bueno bueno!!!

Como sodes os de Sobrado cando toca festa eh!! jejeje

Disfrutade moitisisisisimo das festas, que para eso son, e que vos saia todo ben á comisión, que seguro que traballades arreo para que toda a vila estea de festa.

Un saudiño desta elementa que agora, ademáis do foro sinsueno, xa ten un vicio máis ;-)

Unknown dixo...

Gracias de corazón, Vero. Agardemos que faga bon tempo, é o máis importante para unha festa, está claro que se fai bon tempo a xente desmadrase, je je je.

Moitos bicos e graciñas por estar ahí.

Anónimo dixo...

Non tes que dalas gracias!!

O tempo parece que non, pero como dis ti, é moi importante á hora de facer unha festa, porque queiras ou non, o traballo de meses dalgunha maneira pódese votar a perder se o día da festa chove. E é unha pena.

Pero aínda por enriba do tempo, eu creo que o máis importante son as ganas de pasalo ben e a xente coa que disfrutes da festa, así si que se pode dicir que hai FESTA con maiúsculas!!

Rezamos para que non vos chova jeje

Anónimo dixo...

iso ta feito!!!!!!!!!!!
vide a cando queirades polo combustible....!!!!!!
iso si, os cartos pedidellos a jefa q eu non teño un can!!!!!jajajajjajaa

Unknown dixo...

Rezaremos Vero, rezaremos... aquí témolo doado pois o Mosteiro está a un paso, je je. A partir de mércores dan melloría, a ver se o tempo se porta pois o San Pedro é moi amigo da tronada, a ver que pasa.

"Vecinita" reserveme usted pues el líquido ese que proviene de Santo Domingo (ese oscuro objeto del deseo.
Combustible? je je pareces Gasolinas...

Bicos

Anónimo dixo...

Ahí está!! En Sobrado se non rezades é porque non queredes!! jejeje

A ver se é certo e mellora, porque miña nai xa anda anunciando que para as festas de Oza chove, e son este finde...espero que non acerte, que miña nai de meteoróloga non ten moito futuro jejeje

un biquiño

Unknown dixo...

Si a verdade é que se non rezamos é porqué non queremos que lugares onde orar hai dabondo.
Dille a túa nai que non se preocupe que van vir uns días radiantes de sol e imos ter q ir en pantalóns piratas e en chanclas a sesión vermú (máis que nada para que non nos caia o Martini nin polos pes nin pola perneira dos vaqueiros. Je je je

Anónimo dixo...

combustible combustible.... que a mi me encanta la "jasolina" e encima esa "jasolina" es el oscuro objeto de deseo asi que si o levo encima xa serei tamben objeto de deseo ouh=?? ainda q seña "blanca" se cadra "cuela"jajajajajaja

Anónimo dixo...

Por suposto!! Á sesión vermú con gafas de sol, camiseta de tirantes e sandalias jejeje

ainda que hoxe mismo non ten pinta de ir mellorar moito o tempo pero... a ver qué pasa daquí ó sábado...

Desde logo, vaia conversa, falando do tempo ;-)

un saúdo!!

Unknown dixo...

Eu xa o sabía, mira que tempazo fai hoxe, como mola!!!

OHHH SOLE MIOOOOOOOOOOOOO!!!!1

je je je

Anónimo dixo...

Pois será en Sobrado onde fai bo tempo, porque o que é aquí estamos igual que onte mushasho...arggg qué noxo de tempo!!

Eu quero sol!!

Unknown dixo...

Me cago en diez! (diría Calvete) mira que choveu o sábado e sobre todo o domingo.
Parecía que era a propósito cada vez que mandabamos comezar a orquestra comezaba a chover.

A frase da xornada do domingo dixoo Parguiña da Vilanova alías "Peinetas": "Chove que te chovan os demos"

- Gran Frase

je je je

Anónimo dixo...

jajaja gran frase si señor!!

En Oza o sábado estuvo unha noite estupenda, non caeu nin gota, toda a noite bailando con Armonía Show, acabei malladísima e cunha dor de pés que non te imaxinas!! Pero mereceu a pena, menuda festaza!!

Cando sí choveu a chuzo foi o domingo, toda a xente metida na carpa do bochinche grande e o resto do campo deserto...

E o luns xa o viches tí, un lixeiro orballo nalgún momento da noite e sobre todo un vento tolo que levantaba areas que se metían nos ollos jeje

Unknown dixo...

Si a verdade é que o luns aínda aguantou bastante ben. Polo menos o tempo que eu estiven en Oza.

Por certo tía, vaia odisea para cear. Dixemos de ir A Regueira cear o Terra Nova e estaba fechado. Dirixímonos ó Chimi Churri e idem de lienzo. Decidimos ir o Fechorías en Betanzos cá sorpresa de que agora xa non se chama así e non é restaurante.

O final acabamos ceando no Casco Antigo de Betanzos a eso das 23h e chegamos a Oza preto das 24h.

Que película, je je.

Anónimo dixo...

Mi madre!! Vaia traballiño para encontrar un sitio aberto para cear!!

Desde logo, voltas aínda destes unhas poucas...

Non sabía que o Fechorías cambiara de nome e moito menos que non era un restaurante... puff está visto que eu estou no mundo porque ten que haber de todo, porque non me entero de nada jajaja

Unknown dixo...

Queda claro que os luns por esa zona non se pode sair a cear.

je je je

Vamos impoñer a Plataforma Para Cear de Bocadillo Os Luns na Comarca de Betanzos.

ji ji ji

Anónimo dixo...

Pois non era mala idea, porque está visto que doutra maneira tes que dar unha pila de voltas pa poder comer jeje

Polo menos así, aínda que sexa de bocadillo, podes sair cear por ahí un luns... ;-)

Unknown dixo...

Nada, nada, hai que impoñer o bocata de xamón ibérico en toda a zona para que a xente nova promocione os productos nacionais. Por suposto o bocata regado con un bo viño galego, branco ou tinto segundo o gusto.

je je je