mércores, 30 de abril de 2014

7º Gala contra o Cancro da Orquestra Panorama



Será pasado mañá venres e celebrarase no Recinto Feiral Fexdega de Vilagarcía de Arousa. Falo da 7ª Gala contra o Cancro, unha gala na que a Orquestra Panorama, moi solidaridaza con esta lacra, ten moito que ver.

Como vedes, o extenso cartel acolle tanto a artistas nacionais coma internacionais, o evento comeza as 23,30 horas.

Podedes mercar as vosas entradas en http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/

O prezo son 10€ (anticipada) e 12€ (taquilla) e as entradas son limitadas.

Tedes toda a información en www.orquestapanorama.com

Noraboa a esta formación por aportar unha vez máis o seu gran de area para combater esta enfermidade.

luns, 28 de abril de 2014

A Porra: Xornada 28



Nova xornada da Porra onde sobresae o derbi galego Lugo - Deportivo que se disputará o sábado a partires das 18,15 horas (La Sexta). Quen sabe se para a vindeira tempada podemos disfrutar de este partido na 1ª División. Entra en xogo o Rayo Vallecano - Athletic Club no canto do partido do Atl. Sobrado que seguramente se xogará este xoves.

PARTIDOS:

LUGO - DEPORTIVO *
LEVANTE - ATLÉTICO
BARCELONA - GETAFE
R. MADRID - VALENCIA
RAYO VALLECANO - ATHLETIC CLUB

Sorte!!!


A Porra: suman Esteban, Petete e Villalove



Ningún dos 7 primeiros clasificados foi quen de sumar nesta xornada da porra. Os únicos participantes que puideron incrementar a súa puntuación foron Esteban, Petete e Villalove. Os 3 sumaron no mesmo partido, no R. Madrid 4 - Osasuna 0 o que provoca que se comprima un chisquiño máis a clasificación.

PARTIDOS:

VALENCIA 0 - ATLÉTICO 1 *
VILLARREAL 2 - BARCELONA 3
R. MADRID 4 - OSASUNA 0
DEPORTIVO 0 - PONFERRADINA 3
ALMEIRAS 6 - ATL. SOBRADO 0

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 64
2. Villa 54
3. Iván Combo 45
4. Isak 42
5. Pitus 41
6. Emilio Tato / José Antonio / Villalove 37
7. Lato 36
8. Chany / Josito 29
9. Esteban / Finito 26
10. Vigo 23
11. Petete 17
12. Rubio 11
13. Suso 9
14. Maite 6

venres, 25 de abril de 2014



Chega unha nova fin de semana e con ela bastante actividade polo que á nosa zona do interior de Galicia se refire.

Por un lado o Rally de Curtis, proba puntuable para o Campionato de España de Rallies de Terra que comeza hoxe e no que un dos tramos se disputará en terras de Sobrado.

Doutra banda hoxe comeza a X Edición da Foliada de Melide. Unha festa que ano a ano segue a medrar. Ó longo da fin de semana Melide será o epicentro da música tradicional e de diversas actividades lúdico-culturais.

Non me quero esquecer tamén da "Feira do 27" que coma cada mes se celebra aquí en Sobrado e que desta volta coincide en domingo.

Déixovos co "Wings" de Birdy. Disfrutade da fin de semana.

Bicos e apertas!!!

mércores, 23 de abril de 2014

Rally de Curtis


Esta fin de semana, os días 25 e 26 de abril celébrase pola nosa zona unha proba do Campionato de España de Rallies de Terra denominada "Rally Concello de Curtis".

Se ben é certo que leva a denominación de Concello de Curtis, a competición tamén terá lugar por terras do Concello de Sobrado (na parroquia de Grixalba) e do Concello de Oza-Cesuras. 

Parece ser que ata o venres non se saberá en que zona concreta se disputará cada tramo, pois xogan coa sorpresa para os pilotos. Está confirmada a presenza do Campión do Rally Dakar Nani Roma así coma a do piloto oficial de Fiat Albert Llovera. Así pois parece que  se dan todas as circunstancias para que o Rally de Curtis sexa un éxito rotundo.

Agardemos que isto sexa o inicio de unha proba que vaia tomando nome co paso dos anos e que se faga habitual no Campionato de España de esta modalidade. De todos é sabido que nesta zona hai unha gran afición o mundo do motor en xeral e os rallies en particular. Unha afición fiel, incansable e apaixoada, que se despraza os quilómetros que fagan falta para disfrutar de un bo espectáculo.


Se desexades máis información podedes entrar na web oficial da proba www.rallycurtis.com

luns, 21 de abril de 2014

A Porra: Xornada 27


Poñevos os partidos da nova xornada da porra. A número 27 onde se nos presenta como partido estrela o Valencia vs Atlético que se disputará o vindeiro domingo 27 a partires das 17,00 horas. Un partido que de gañalo, poñería moi en franquicia o título de Liga ó Atlético de Madrid.

Xa podedes cubrir os vosos pronósticos!!!

PARTIDOS:

VALENCIA - ATLÉTICO *
VILLARREAL - BARCELONA
R. MADRID - OSASUNA
DEPORTIVO - PONFERRADINA
ALMEIRAS - ATL. SOBRADO

A Porra: Rubencillo mete a directa


O líder Rubencillo dou outro paso moi importante na súa loita polo título da V Edición da Porra. Nesta xornada sumou 11 puntos, o partido da xornada (Barcelona 2 - Athletic 1) e o partido do Vicente Calderón.

O segundo clasificado Villa tamén sumou, foron 3 puntos no Atlético 2 - Elche 0. Neste mesmo partido tamén sumou Villalove e quen aquí vos escribe.

* Queda pendente o Valladolid - R. Madrid do vindeiro 7 de maio.

PARTIDOS:

BARCELONA 2 - ATHLETIC 1 *
ATLÉTICO 2 - ELCHE 0
VALLADOLID - R. MADRID (07/05/14)
MALLORCA 0 - DEPORTIVO 3
LUGO 3 - PONFERRADINA 0

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 64
2. Villa 54
3. Iván Combo 45
4. Isak 42
5. Pitus 41
6. Emilio Tato / José Antonio 37
7. Lato 36
8. Villalove 34
9. Chany / Josito 29
10. Finito 26
11. Esteban / Vigo 23
12. Petete 14
13. Rubio 11
14. Suso 9
15. Maite 6




mércores, 16 de abril de 2014

La Dulce María de novo en Sobrado



Deixaron moi bo sabor de boca a 1ª vez que visitaron o noso pobo e estaba claro que non tardaría moito en volver. Falo de La Dulce María, esa banda que fai versións de cancións pop españolas dos anos 80, que tod@s nos sabemos de "pe" a "pa" e que este inverno tiveron bastantes bolos por toda a xeografía galega.

Será este venres 18 (Venres Santo) no Pub O´Forxín de Cafetería Ramiro e a cousa promete. Non so pola formación que é un auténtico grupazo con músicos consagrados senón por que ademáis os asistentes poderemos disfrutar de unha Festa Barceló onde hai regalo seguro con cada consumición. 

O concerto comeza as 00,30 horas e a entrada é de balde.

Apuntádeo na axenda!

* Se queredes máis información sobre La Dulce María podedes entrar na súa web oficial www.ladulcemaria.com ou en Facebook www.facebook.com/ladulcemaria

martes, 15 de abril de 2014

A boa Viña A Boa Vida cumple 3 anos



A Viñoteca "A boa Viña A boa Vida", situada na zona dos viños de Melide e que rexenta o gran Alberto Buján cumple xa 3 anos de existencia.

Como podedes ver na programación especial de Semana Santa non lle falta o máis mínimo detalle: degustación de viños, festas de Gin ou de Ron, degustación de cervexa, barman acrobático, actuación do Grupo LiderBand onde a nosa amiga Roly é a súa voz feminina, etc, etc, etc...

Sinxelamente ESPECTACULAR!!!

Se desexades ver toda a programación clicade na foto para vela mellor.

Xa son 3 anos de éxitos estou completamente seguro que coas iniciativas de Alberto o local non parará de medrar ano tras ano.

PARABÉNS A TODO O EQUIPO DE "A BOA VIÑA" E QUE CUMPLADES MOITOS MÁIS!!!

luns, 14 de abril de 2014

A Porra: Xornada 26



Apaixoante encontro o que se presenta como partido estrela da Xornada 26. Nin máis nin menos que un F.C. Barcelona (3º) vs Athletic Club de Bilbao (4º). Ámbolos conxuntos teñen todas as papeletas para disputar a Champions League da vindeira tempada. O encontro será o domingo 20 a partires das 21,00 horas en Canal + 1.

Destacar que como o Atlético Sobrado ten xornada de descanso ligueira entra no seu lugar o partido C.D. Lugo - S.D. Ponferradina.

*Recordarvos que o partido Atlético de Madrid - Elche dispútase o venres 18 as 20,30 horas. Polo tanto animarvos a que non vos despistedes a hora de facer os pronòsticos.

*NOTA: Valladolid - R. Madrid xógase o 7 de maio así que os acertos neste partido computaranse na citada data.

PARTIDOS:

BARCELONA - ATHLETIC CLUB *
ATLÉTICO - ELCHE
VALLADOLID - R. MADRID
MALLORCA - DEPORTIVO
LUGO - PONFERRADINA

A Porra: Iván Combo e Isak chegan para quedarse



Iván Combo e Isak foron os participantes que máis favorecidos sairon de esta xornada da porra. Ambos sumaron 6 puntos acertando os partidos do Atlético de Madrid en Getafe e do Real Madrid no Bernabeu. Así pois agora ocupan a 3ª e 4ª praza respectivamente. Segue líder Rubencillo con 53 puntos.

Sumaron 3 puntos Emilio Tato, Vigo e Suso no Getafe 0 - Atlético 2.

Pola miña parte tamén sumei 6 puntos nos mesmo partidos que Iván Combo e Isak.

PARTIDOS:

DEPORTIVO 2 - RECREATIVO 0 *
GETAFE 0 - ATLÉTICO 2
GRANADA 1 - BARCELONA 0
R. MADRID 4 - ALMERÍA 0
ATL. SOBRADO 1 - SANTA CRUZ 2

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 53
2. Villa 51
3. Iván Combo 45
4. Isak 42
5. Pitus 41
6. Emilio Tato / José Antonio 37
7. Lato 33
8. Villalove 31
9. Chany / Josito 29
10. Finito 26
11. Esteban / Vigo 23
12. Petete 14
13. Rubio 11
14. Suso 9
15. Maite 6

venres, 11 de abril de 2014

Venres Música



Hoxe comecei a miña ruta de Running con este tema así que tocáballe que soase tamén por aquí. Fin de semana completiño onde os haxa por estas terras de Sobrado. Hoxe Campionato de Tute da Comisión, mañá partido do Atlético Sobrado e o domingo a I Xornada da Tapa. Motivos máis que suficentes para virnos a facer unha visitiña.

Disfrutade da fin de semana pre-Semana Santa. Algúns de vos xa estades de vacacións...,QUE AS DISFRUTEDES!!!

Vémonos o luns (a alguns/has) o outros/as xa vos vexo na finde.

Sede mal@s 

xoves, 10 de abril de 2014

Outro Recordatorio: O TUTE!



Esta semana andamos de recordatorios para refrescarvos a memoria dos eventos que se aveciñan en Sobrado esta fin de semana.

Se onte lembrábamos a I Xornada da Tapa que se celebrará o domingo hoxe citamos o Campionato de Tute da Comisión de Festas Sobrado 2014 que se disputará mañá a partires das 21,30 horas na Casa da Irmandade (Edificio de Servicios Múltiples).

Aínda estades a tempo de apuntarvos para xogar unhas partidiñas e quen sabe... levar un premio para a casa.

O prazo para apuntarse aínda está aberto!!!

mércores, 9 de abril de 2014

I XORNADA DA TAPA 2º AVISO


Falabamos a semana pasada da "I Xornada da Tapa" que se celebrará en Sobrado o vindeiro domingo. Este post é meramente recordatorio para tod@s aquel@s despistados. NON PODEDES FALTAR!

QUEDAN 5 DÍAS PARA QUE A TROULA, A GASTRONOMÍA E A BEBIDA SEXA A PROTAGONISTA NAS TERRAS DO CÍSTER.

luns, 7 de abril de 2014

A Porra: Xornada 25


Partido non, PARTIDAZO o que se disputará o domingo a partires das 12,00 horas no Estadio Municipal de Riazor (Canal+ 1). O novo líder da Liga Adelante, o R.C. Deportivo contra o Recreativo de Huelva que esta xornada accedeu a 3ª praza.  6 puntos separan a ámbolos conxuntos. O Recreativo irá a por todas para reducir distancias cos postos de ascenso directo. Pola súa parte, o Deportivo de gañar poñería terra de por medio e distanciaría case de xeito definitivo a un rival directo.

Xa podedes facer os vosos pronósticos

SORTE!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - RECREATIVO *
GETAFE - ATLÉTICO
GRANADA - BARCELONA
R. MADRID - ALMERÍA
ATL. SOBRADO - STA. CRUZ

A Porra: Rubencillo volve ó máis alto


Rubencillo volve a encabezar a clasificación xeral logo de sumar 3 puntos e que o líder ata esta xornada Villa, non sumase. O partido que lle outorga o liderato a Rubencillo foi o Barcelona 3 - Betis 1. Un partido que tamén fixo sumar 3 puntos a Chany, Josito e a min mesmo.

O triunfador da xornada foi Emilio Tato que sumou 6 puntos logo de acertar o Atlético 1 - Villarreal 0 e R. Madrid Castilla 0 - Deportivo 2.

O outro concursante que sumou foi José Antonio no partido do Vicente Calderón.

Destacar tamén que nesta xornada ningún participante acertou o partido da xornada.

PARTIDOS:

R. SOCIEDAD 0 - R. MADRID 4 *
ATLÉTICO 1 - VILLARREAL 0
BARCELONA 3 - BETIS 1
R. MADRID CASTILLA 0 - DEPORTIVO 2
BREXO LEMA 5 - ATL. SOBRADO 0

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 53
2. Villa 51
3. Pitus 41
4. Iván Combo 39
5. José Antonio 37
6. Isak 36
7. Emilio Tato 34
8. Villalove 31
9. Chany / Josito 29
10. Lato 27
11. Finito 26
12. Esteban 23
13. Vigo 20
14. Petete 14
15. Rubio 11
16. Maite / Suso 6




venres, 4 de abril de 2014

Venres Música



Chegamos hoxe con este tema que inspira moi bo rollito. Unha canción que é un auténtico fenómeno mundial, falo do "Happy" de Pharrell Williams!

Disfrutade da finde e sede mal@s

Bicos e abrazos

xoves, 3 de abril de 2014

"Nate" Davis, o heroe de Ferrol



Hai uns meses chorei por primeira vez nos meus 35 anos de vida por "algo" que vexo na televisión. E ese "algo" foi o Informe Robinson adicado a "Nate" Davis, o ex-xogador do OAR Ferrol entre outros equipos da Liga Española de Baloncesto. Supoño que sería unha mistura de varias cousas: moitos recordos da miña infancia onde se me veu a cabeza o moito que adoraba o basket; aquel superequipo con Anicet Lavodrama, Manolito Aller, Miguel Loureiro ou o protagonista do programa; e a propia historia en sí que ten connotacións tristes pero tamén alegres.

Nathaniel "Nate" Davis 1,94m e 85 kg, naceu en Columbia, Carolina do Sur, nos Estados Unidos de América, a gran maior parte da súa carreira baloncestística desenrolouna en España. Chegou en 1979 ó Askatuak Egin, a tempada seguinte ficha polo Miñón Valladolid onde estaría 3 tempadas. No ano 1982 chega a Galicia, sería para xogar no Obradoiro pero fixo unha discreta tempada e non convenceu. Na tempada 1983/1984, coincidindo co nacemento da Liga ACB chega a Ferrol para xogar no OAR. Serían 3 tempadas incribles ata que unha desgracia fixo que todo rematara...

Desaparecido durante moitos anos e apartado do mundanal ruido (polo menos a nivel de prensa e comunicación) Informe Robinson (por certo vaia pedazo de programa) foino buscar os Estados Unidos.

Se tedes 50 minutiños e non vistes este capítulo sobre o "eterno 12" recoméndovos que non volo perdades. Nate Davis estará ligado por sempre á cidade de Ferrol onde é un auténtico mito vivinte. Moitos rapaces que xamáis o viron xogar na súa vida saben quen foi Nate Davis.

MOI RECOMENDABLE!