Hola camaradas!!! Este sábado temos unha cita moi importante. Ante a próxima voda de Jacobo, o vindeiro sábado 13 toca facerlle unha despedida que promete.
O lugar elexido é Lugo, a data o sábado 6 de outubro e o horario de saida as 17:00 horas (a volta sabe Deus cando será) se non damos chegado para a misa que non se preocupen que para comer o día 13 chegamos.
Eleximos Lugo porque hoxe comeza o San Froilán e haberá un auténtico ambientazo, ademáis Jacobo estudiou alí na súa época Universitaria polo que terá bos recordos de esa cidade (o mellor non lle quedan tan bos da despedida, je je je je je...).
Estes son os datos técnicos da despedida coa lista de expedicionarios incluida:
DESPEDIDA DE JACOBO
Data: 06/10/2007
Horario de saida: 17:00 h dende a Cafetería Ramiro
Horario de chegada: pufff!!! eu que carallo sei...
Actividades a realizar: parar en todos os bares que haxa ata cear e despois...
Hora da cea: 22:30 h
Lugar da cea: O Portalón (Lugo), teléfono 982 201 302 (por se algún non chega)
Organizador: o irmán de Jacobo: Pazitos (para votarse a temblar!)
Empresa encargada do desplazamento: Ramos Seoane S.L. (cuidado coas litronas).
EXPEDICIONARIOS (confirmados):
Pazitos: Espada Man
Pirulo: agora chega a súa venganza
Pedino: non hai sidra aquí ou qué?
Petete: un chupito, - frío?, si un chupito
Esteban: para ser conductor de primera...
Lato: Jonnhy "Latoneiro" Walker, desde que la noche es noche
Li: levará o fillo segredo (Lisardito) a despedida?...
Álvaro: señor Director acuda al patio del colegio, otro niño se ha caido dentro del porche
José Luis: o formal do grupo
Alfonso: Lotina, vete para Meñaka!!!!!
Mingos: non compensa!
Xelo: a ver o tomádelle outros!
Javier Acea: Lato, hai sorteo hoxe?
e o gran protagonista:
JACOBO: NON CHE QUEDA NADA NENO!
Pois por variar levarei a cámara e poñerei algunhas fotos (as que se poidan ver a ver se val algunha) creo que a cervexa, o viño, o Barceló, Beefeter e Bacardi Limón van levar un repaso de moito carallo.
Sorte!
16 comentarios:
Polo que lin en entradas anteriores, Lisardito aínda é moi pequeno para ir a despedidas de solteiro non? Ídelo meter en malos vicios, no mundo da night e despois... bueno así tamén se vai afacendo jeje.
uhmmmmmm.....petete
Conchó,Víctor, que solicitado andas...! jejeje... Ollo ó piollo!
BUFFFFFFFFFFFFFFFFFFFF!!!!!É o primeiro que se me ocurre relacionado con este tema,o luns xa falaremos.
Suerte para todos os membros da expedición, vainos facer falta.
P.D.:eu xa aviso, paso de mantear a Jacovito!!
Agora que me acordo, onte á noite estiven nunha festa e o dos teclados da orquesta dixo que se iva casar dentro de pouco E TAMÉN SE CHAMA JACOBO!! A ver se vai ser o mesmo...jeje
Vero: a Lisardito o final non lle vimos o pelo pero coa de xente que queda por casar na pandilla non me extrañaría que en próximas despedidas aparecese.
Vanessa de Santiso: por que dis que estou solicitado? ando un pouco despistado, será porque é luns, je je je.
Alvaro: a Jacobito mantealo é difícil, eu ademáis o sábado estaba sen forzas, teño que deixar de beber auga as comidas!
Ao ritmo que ides de vodas e despedidas de solteiro, de seguir así xa logo o podedes levar si...jejeje
Descarado Vero, eu este ano 4 vodas e 2 despedidas! Agardo que para este ano no me caiga ningunha máis, je je je.
O sábado toca otra vez voda...fone (je je je) e xa verás ti a que imos volver a liar.
Xa se sabe: Pazitos el chocolatero e estas cancións típicas.
Jesús!! Daquela este verán vas ben servido de vodorrios oh!! Porque parecerá que non, que é ir de festa e punto, pero como te inviten a unha voda vas listo, que te gastas unha pasta tremenda. Descoñezo o teu estado civil, pero se cadra era plan que casaras para recuperar na lista de vodas os cartos investidos nos regalos, traxe, etc etc... jejeje.
Eu co voda...fone tamén me arruíno, case máis que cunha voda!! Como pode ser que chamar de movistar a vodafone coste tantísimo? A min non hai cartos que me cheguen pa teléfono!! Que desastriño...
En canto ao repertorio musical das vosas movidas de fin de semana, o de Pazitos el chocolatero debe ser un puntazo que no? jejeje na vida escoitara eso, donde andarei eu metida...? ;-)
- Vero: o meu estado civil é Solteiro con Liberdade Condicional!!! je je je.
Era o que me facía falta, non me chega a nada o tempo para organizar o que vou facer na voda dos outros para canto máis na miña!!!! je je je. Que vaian andando que xa os pillarei!!!!
Saudos
jajajaja está ben eso, solteiro con liberdade condicional, sona ben si... jeje.
O de condicional se te agobia moito pagas unha fianza ó carceleiro e que te deixe libre sin cargos ;-) (que mal anda a miña cabeciña dios...)
E o de deixalos andar tamén o digo eu, présa pa que???
Recordo unha vez que fumos de cea o Hotel Carlos 96 de Melide e nunha mesa que estaba preto da nosa toda chea de homes cuarentons unha frase soou con forza:
AYYYY!!! EU QUÉROME CEIBO!
je je je
jojojo ante semejante frase pouco se pode engadir. A ver quen é a que o intenta convencer do contrario!! A ese fijo que non lle van as formalidades jejeje. Nin liberdade condicional nin gaitas!!
A frase a verdade e que é das que te deixa sen contestación. Mira que nos reimos ese día, je je je
Non me extraña que vos rirades, non é pa menos. Esa frase é das típicas que pasan á historia jajaja
Publicar un comentario